Novela escrita en 1992 por Connie Willis, escritora norteamericana nada en 1945. Gañou os premios Nebula en 1992, Hugo e Locus en 1993.
A mediados do século XXI, as viaxes no tempo, non exentas de perigos e dificultades, con case rutinarias. Os historiadores as usan para estudiar o pasado "en directo". A protagonista, Kivrin, é unha historiadora que é enviada ao século XIV, o século da peste, entre outras cousas. Como é de esperar, algo non vai como estaba previsto. Os científicos actuais de Oxford en 2054 tratan de rescatala, mentres no século XXI a situación complícase. O propio Oxford en 2054 é azotado por unha grave epidemia provocada por certo virus descoñecido.
Kivrin, nun século oscuro, cheo de medos e supersticións e donde a enfermidade é un castigo divino, ten que atopar o mellor de si mesma para superar as dificultades. Entre tanto, no século XXI tamén teñen que loitar con situacións inesperadas. Os seres humanos, en situacións límite desenvolven capacidades que descoñecían ter. A vontade, esforzo e capacidade de sufrimento pode con todas as barreiras.
Novela un tanto longa, pero cun estilo ameno e áxil e unha trama moi ben levada, con doses de intriga que engancha desde a primeira páxina.
16/6/12
23/5/12
La guerra de dos mundos
O autor deste libro é Sergio L. Palacios, doutor en Física e profesor e investigador na universidade de Oviedo. A partir da idea de acercar a física a estudantes universitarios de distintas áreas, deseñou unha materia de libre configuración, Física na ciencia ficción. Unha parte dos materiais reunidos para as súas clases deron lugar a este libro.
Sergio Palacios mantén un magnífico blogue titulado Física en la Ciencia Ficción Plus.
Por se o título non fose suficientemente indicativo, o autor engade un subtítlo: Superhéroes y ciencia ficción contra las leyes de la física, que aclara por donde vai. Tomando como base o núcleo dunha película, serie de TV o cómic de ciencia ficción ou partindo dunha escea ou viñeta con contido científico, pseudocientífico, paracientífico ou patacientífico... aproveita para explicar de forma absolutamente amena e divertida algúns conceptos ou aspectos da física.
Polas súas páxinas aparece superman, spiderman, os catro fantásticos, Silver Surfer, Hulk, a marabillosa espada láser da Guerra das Galaxias, Eraser, Predator... A invisibilidade tratada nas películas baseadas na novela de Wells e noutras películas e cómics non escapa a o seu agudo análise. A goma voadora (flubber) do doutor chiflado que deu dous filmes e que gaña enerxía en cada rebote aparece noutro capítulo. A teletransportación de Star Trek ou de La Mosca, as viaxes no tempo, a manía de usar armas atómicas para resolver problemas (Armageddon, El núcleo, Crisis Solar...) tamén son obxeto dos seus dardos.
Neste libro apréndese moita física case sen decatarse, pero tamén temos un repaso ao mellor do cine e do cómic do xénero fantástico e de ficción científica. Apréciase moi claramente a afición do autor por estes xéneros e, que, ademáis, ten bo criterio cando sinala a súa preferencia por 2001. Una odisea espacial ou Alien, el octavo pasajero. Nesto coincidimos.
Disponible na biblioteca do IES de Teis.

3/5/12
Pórtico
Novela do escritor estadounidense Frederik Pohl, nado en 1919 e falecido en 2013. Escrita en 1976 e gañadora dos premios Nébula(1977), Hugo(1978), Locus(1978) e John W. Campbel Memorial(1978), e dícir, todos os importantes, sendo a única novela, até agora, en acadalo.
É a primeira da Saga dos Heeches, misteriosos seres intelixentes xa desaparecidos, probablemente establecidos en Venus.
Pórtico é un asteroide, atopado polos humanos de casualidade, utilizado polos Heeches como base das súas naves de exploración da galaxia. Os humanos poden usar as naves e outros achádegos tecnolóxicos pero descoñecen os seus principios de funcionamento. Os prospectores viaxan nas naves para atopar en outros planetas vestixios dos Heeches qeu lles permitan comprender a súa tecnoloxía e descubrir a súa historia. O protagonista é un prospector atormentado polos seus desequilibrios mentais e a súa cobardía. Ao longo da novela vamos descubrindo máis sobre as razóns do seu tormento.
É salientable como as naves viaxan a velocidades superiores a da luz, grazas a esa tecnoloxía non comprendida, e sen ter en conta os molestos efectos relativistas. Ou sexa, o tempo transcurre igual para os astronautas e para os que quedan en terra, o que lles permite voltar despois dunha viaxe de, por exemplo, cen días, sen que para os de Pórtico non pasaran varios anos. Por non mencionar que, tamén, se obvian as tremendas aceleracións que sufrirían. Parece que, sinxelamente, atoparon algún atallo.

25/4/12
Ender en el exilio
Novela da saga de Ender escrita por Orson Scott Card en 2008, por tanto, é a última, até agora, da saga. Sin embargo, a acción sitúase entre a primeira (El juego de Ender, 1985, xa comentada) e a segunda (La voz de los muertos, 1986). Card explica nesta novela as obsesións de Ender despois de derrotar aos insectores na primeira e as chaves que se desenvolverán nas seguintes.
Tras a súa victoria, Ender marcha a un planeta colonizado por humanos para ser o gobernador. Alí axudará a consolidar e desenvolver a colonia e, sobre todo, atopará parte das respostas ás preguntas que se facía sobre o comportamento dos seus inimigos na guerra da primeira novela. Tamén axudará a cortar un intento de revolta noutro planeta.
Se na novela de 1985, Card anticipaba o uso das redes socias e as comunicacións por internet, nesta estas comunicacións teñen gran protagonismo. Para salvar o inconvinte da limitación da velocidade da luz cando se trata das comunicacións entre planetas distantes, Card crea (xa o creara en El juego de Ender) o ansible, milagroso invento, baseado nas características dos insectores (os derrotados na guerra) que permiten a comunicación instantánea.
Asimesmo, facendo gala da súa formación científica, Card ten en conta os efectos relativistas nas viaxes interestelares. Estas viaxes duran, por exemplo, dous anos para os que van a bordo da nave, e cuarenta para os que permanecen na terra ou no planeta de destino. A nave viaxa a velocidade cercana á da luz grazas a un motor de campo nuclear forte, derivado tamén de tecnoloxía insectora. Eso sí, Card atopa planetas verdadeiramente cercanos entre sí que permiten un desenvolvemento axeitado da trama.
En todo caso, novela escrita con impecable e ameno estilo. O lector vese atrapado pola trama e quedan gañas de continuar con toda a saga.

2/4/12
El gran diseño
Obra de divulgación científica escrita por Stephen Hawking e Leonard Mlodinov.
Ambos científicos actualizan cuestións analisadas polos dous en Brevísima historia do tempo e, por Hawking en Historia do tempo, xa comentada, á luz dos avances da Física, especialmente na Física de partículas.
Os autores repasan a historia do coñecemento científico da evolución do universo, desde a antigüedade ata os nosos días. Os principais enigmas que sobreviven son o propio inicio do tempo, a física no Big bang, a evolución futura do universo...
Para solucionar estes enigmas, os autores e outros científicos creen na posibilidade de atopar unha teoría "do todo", teoría unificada que daría conta de todos os problesmas da física, incluíndo o propio Big bang, A candidata mellor situada para ser "teoría do todo" sería a chamada Teoría M, de gran nivel de sofisticación e complexidade conceptual e matemática e alonxada do chamado "sentido común".
Segundo explican Hawking e Mlodinov, a historia do coñecemento científico foi facendo posible que explicacións mitolóxicas, baseadas en concepcións sobrenaturais fosen sendo substituidas, progresivamente, polas explicacións racionais derivadas das teorías físicas. De atoparse finalmente a teoría do todo, a existencia do Universo (do multiverso, como din) sería unha consecuencia necesaria das propias leis científicas. Esta afirmación, no seu extemo, leva a non necesidade dun ser superior, intelixente, que tivese creado o Universo.
Por esta razón, este libro levantou unha forte polémica no seu momento de publicación (2010) entre sectores da sociedade defensores da creación intelixente. (Por exemplo: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2010/09/02/actualidad/1283378406_850215.html)
En todo caso, o libro está escrito nun estilo accesible a tódos os públicos aínda quen non teñan unha gran formación científica. Sinxelo, moi claro e ameno.
Disponible na biblioteca do IES de Teis.
En internet aquí.
Neste video, Hawking "fala" sobre o universo:

8/3/12
Fundación
Esta novela de Isaac Asimov de 1951 é a primeira entrega do chamado Ciclo de Trántor ou Ciclo da Fundación constituído ademáis por Fundación e Imperio (1952) e Segunda Fundación (1953). Posteriormente, Asimov engadíu dúas secuelas, Los límites de la Fundación (1982) e Fundación y Tierra (1983) e dúas "precuelas", Preludio de la Fundación (1988) e Hacia la Fundación (1993).
Nun futuro remoto (ano 12000, aproximadamente) a humanidade está estendida por toda a Galaxia nun único imperio gobernado desde o planeta de Trántor, situado nas cercanías do centro da Galaxia. Dito imperio está en decadencia entre outras cousas, polo abandono da investigación científica e o conformismo coa prosperidade e o benestar xeral.
Hari Seldom é un psicohistoriador. Esta disciplina científica analisa a evolución histórica mediante modelos matemáticos baseados na teoría cinética e a termodinámica estadística. Atopa que o imperio cairá e, a continuación, haberá un período de caos e guerras que durará trinta mil anos. Segundo o seu análise, a creación dunha Fundación nun planeta afastado do centro, na periferia da Galaxia, podería reducir ese período de caos a só mil anos...
É salientable como Asimov (que gozaba dunha sólida formación científica) sortea en dúas palabras o engorroso inconvinte para as viaxes por toda a Galaxia das grandes distancias, a limitación da velocidade máxima (a da luz) e os efectos relativistas, atopando un auténtico atallo a través dun confuso hiperespacio no que se poden dar saltos que te sitúan en calquera punto da Galaxia de xeito instantáneo. En fin, esixencias do guión.
Aquí tes unha interesante entrevista feita a Asimov en 1988 na que conta as súas ideas sobre o futuro do ensino:
Dispoñible na biblioteca do IES de Teis

18/2/12
Historia de las Ciencias 4. La Ciencia del siglo XIX
Cuarta parte da Historia de las Ciencias de Stephen F. Mason.
No século XIX case todas as ciencias experimentan un gran pulo e desenvolvemento.
Por exemplo, a Xeoloxía consolídase como área científica. Comeza o estudo das fósiles, dos estratos e, como consecuencia, das teorías de constitución e evolución do planeta.
Do estudio dos fósiles derivaron as primeiras teorías de evolución das especies. O propio Darwin comezou a súa carreira científica máis interesado pola xeoloxía que pola bioloxía.
Estas teorías evolucionistas deron lugar a un dos debates e enfrontamentos entre científicos máis intensos, apaixoantes e fructíferos de toda a historia da Ciencia; aínda que non estivo exento de acritude e malos modos.
O resultado dese debate é coñecido e, curiosamente, no século XXI volve estar de actualidade.
No campo da química desenvólvese especialmente a química orgánica, a clasificación dos elementos químicos (con Mendeleiev), a teoría corpuscular da materia e a comprensión dos mecanismos de reacción (Lavoisier, Avogadro, ...) e os métodos de obtención de diversas sustancias inorgánicas. Na física é o século do estudo da natureza da luz e da electricidade e o magnetismo, sobre todo grazas ao gran James Clerk Maxwell.
Tamén aparece a microbioloxía e o estudio dos xermes patóxenos que inciden na mellora da mediciña e a ciruxía.
Por fin, é tamén o século do desenvolvemento da termodinámica e a enxeñería das máquinas térmicas.

6/1/12
Veinte mil leguas de viaje submarino / Vinte mil leguas baixo dos mares
Novela de Jules Verne publicada por primeira vez en 1869.
A historia comeza coas estranas aparicións dun fabuloso animal, poida que fose un narval ou unha lura xigante. Unha expedición da mariña de guerra estadounidense trata de atopar e cazar ao animal. O resultado é o afundimento do buque americán e a captura de tres persoas por parte do narval que resulta ser en realidade un fantástico submarino - o Nautilus- dirixido polo capitán Nemo. A parte das diversas peripecias da trama, son de interese o propio submarino, a descripción dos fondos marinos e os diversos inventos que describe o protagonista.
En canto o submarino, pódese ver aquí a historia deste tipo de naves. O Nautilus está case un século adiantado ao seu tempo.
A descripción dos fondos é moi minuciosa, como adoita ser neste autor. Aínda así, Verne "descubre" a Atlántida e chega ao polo Sur ¡polo mar!.
Entre os inventos, está a escafandra de buceo e as balas eléctricas, imaxinadas antes da súa existencia real.
Dispoñible no IES de Teis tanto en galego como en castelán.
Versión libre en internet aquí, aquí e aquí.
Foi levada ao cine moitas veces. A máis famosa é esta versión de 1954 con Kirk Douglas e James Mason, dirixida por Richard Fleischer:

26/12/11
Cuentos de la taberna del Ciervo Blanco
Este volume inclúe narracións curtas escritas por Arthur C. Clarke entre 1953 e 1956, e publicadas en 1957.
As historias son narradas na tertulia de escritores e científicos que se reune nun pub londinense, case todas por Harry Purvis, enigmático e ocorrente científico, cheo de sorpresas. A maior parte delas son moi inverosímiles pero contadas de xeito convincente. Non están situadas no futuro, senon no presente, pero supoñen unha atevida extrapolación das posibilidades científicas e tecnolóxicas da época. Aínda que os detalles científicos non están moi desenvolvidos, sempre parten, como é habitual en Clarke, dun fondo real. Máquinas que fabrican silencio, barcos que aran o mar, termitas que fabrican instrumentos, plantas carnívoras miedosas, etc.

13/11/11
Einstein 1905. Un año milagroso. Cinco artículos que cambiaron la física.
Albert Einstein era un descoñecido empregado da Oficina de Patentes de Berna (Suiza), aínda que non estaba desconectado de todo da actividade científica. De feito xa tiña publicado algúns artigos científicos en revistas de prestixio despois de terse graduado en 1900. En 1905 publica na revista Annalen der Physik cinco artigos sobre tamaño molecular e movemento browniano, relatividade especial e equivalencia masa-enerxía e efecto fotoeléctrico que supuxeron unha completa revolución nos campos da mecánica cuántica e a mecánica relativista.
En 1921, Einstein recibiu o premio Nobel de Física polo seu artigo "Un punto de vista heurístico sobre a producción e transformación da luz", un dos cinco dese ano, o adicado ao efecto fotoeléctrico.
A IUPAP (Unión Internacional de Física Pura e Aplicada) e a UNESCO, declararon o ano 2005, centenario de 1905, como Ano Mundial da Física.
Este libro recolle eses cinco artigos, introducidos e comentados por John Stachel, profesor da Universidade de Boston, especialista en relatividade e historiador científico. Ademais ten un prólogo de Roger Penrose, profesor en Oxford e divulgador e filósofo das matemáticas e da física.
Os artigos propiamente ditos non sempre son de lectura doada, pois non deixan de ser artigos científicos de alto nivel, pero as introduccións de Stachel son moi ilustrativas, interesantes e dan unha idea moi axeitada da importancia de eses cinco artigos na historia da ciencia. Están ao alcance de todo tipo de lector curioso, independentemente do seu nivel de coñecemento científico.

31/10/11
¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?
Novela de Philip K. Dick escrita en 1968.
Unha guerra nuclear deixou o planeta cuberto de polvo radiactivo, de xeito que a maior parte da poboación emigrou ás colonias como Marte e outros planetas. Para axudar na colonización, os humanos fabrican androides, seres artificiais pero indistinguibles a simple vista dos humanos. Grupos de androides regresan á terra fuxindo da escravitude á que están sometidos.
O protagonista é Rick Deckard, policía cazador de recompensas, encargado de detectar e retirar (matar) aos androides.
Como se ve, a novela presenta aspectos distópicos. Tamén trata o tema relixioso. Todos os humanos seguen o mercerismo, movemento filosófico fundado por Wilbur Mercer que supón unha comunión das persoas para acadar a renovación.
Pero, se cadra, o máis importante é a frontera difusa entre realidade e irrealidade. En particular: se logramos fabricar tecidos orgánicos indistinguibles dos naturais e se a intelixencia artificial permite fabricar cerebros que incorporen cada vez máis funcións propias do cerebro humano, onde reside, entón, a humanidade?
Para detectar a un androide (ou andrillo), os cazadores de recompensas aplican un test que recoñece a súa única incapacidade: a posibilidade de poñerse no lugar dos outros ou empatía.
Pero cada vez é mais difícil a detección, e a interpretación dos test é máis sutil. Os propios humanos dudan da súa propia condición natural. Algúns androides descoñecen a súa condición de sintéticos.
A novela foi adaptada ao cine por Ridley Scott en 1982 co título de Blade Runner. Protagonizada por Harrison Ford (un blade runner ou cazador de recompensas) e Rutger Hauer (un replicante ou androide). Os termos blade runner e replicante non aparecen na novela.
Aquí tes os minutos finais da película:
Disponible na biblioteca do IES de Teis

1/10/11
Cita con Rama
Escrita en 1972 por Arthur C. Clarke. Foi galardoada cos premios Nebula de 1973, Hugo de 1974 -ámbolos dous son os máis prestixiosos da Literatura de Ciencia Ficción- e Locus de 1974.
No século XXII descúbrese un presunto asteroide cunha traxectoria que o aproximará moito á terra e ao sol. bautízase como Rama. Unha nave achégase a Rama e descubre que non é un asteroide senon un inmenso vehículo interestelar de forma cilíndrica e vertixinosa rotación. Trátase, por tanto, do primeiro contacto cunha civilización alieníxena.
Rama resulta ser unha caixa de sorpresas. Moitos dos enigmas de Rama non son desvelados nesta novela e compre esperar ás continuacións para resolvelas: Rama II (1989), El jardín de Rama (1991), Rama revelada (1993). Non obstante, as condicións dinámicas de Rama e o seu interior, a gravidade artificial, o comportamento dos fluídos, etc, están moi ben tratadas como é habitual en Clarke. De feito, esta novela considérase o paradigma da chamada Ciencia ficción dura, aquela na que os aspectos científicos están especialmente ben cuidados.
Hai un antiguo proxecto de adaptar ao cine esta novela, pero aínda non fructificou.

11/9/11
El mundo y sus demonios
Obra de Carl Sagan publicada en 1995.
Carl Sagan naceu en Nova Iork en 1934 e morreu en Seattle en 1996. Foi un dos divulgadores científicos máis respetados e populares. A súa fama ven, sobre todo, da serie de TV "Cosmos". Científico que se adicou a astronomía e, en particular, a exobioloxía ou astrobioloxía, disciplina que estudia as posibilidades de vida fora da terra.
Nesta obra, Sagan tenta explicar ao público xeral os fundamentos do método científico e o que el chama o "pensamento crítico" ou "pensamento escéptico". Como podemos diferenciar a auténtica ciencia da "palabrería" os pseudociencia. Por que debemos confiar na ciencia ou nos científicos e non nos magos, "mentalistas", "psíquicos" e outros polo estilo.
Sagan advírtenos contra as falsas argumentación ou falacias. Propón un kit do escéptico, e anímanos a pensar por nós mesmos.
Esta é a obra inprescindible que toda persoa que aspire a formarse un criterio propio debería ler.
Desafortunadamente, coma sempre, non está libre dos erros habituais nas traduccións do inglés. Por exemplo, na páxina 199, fala de "civilizacións a billóns de anos-luz" e de certa cantidade expresada con "dez ou máis figuras significativas". Que sería o correcto?

4/9/11
El juego de Ender
Primeira novela da "Saga de Ender", formada por El juego de Ender (1985), La voz de los muertos (1986), Ender el xenocida (1991), Hijos de la mente (1996) e Ender en el exilio (2008), do autor norteamericano Orson Scott Card.
Gañadora dos principais premios da literatura de ciencia ficción, entre eles o Premio Hugo e o Premio Nébula.
A Terra está ameazada pola posibilidade de invasión dunha civilización extraterrestre superior. Ender e un neno posuidor dun xenio militar incomparable e chamado a liderar e salvar á humanidade. O precio que Ender paga é a súa infancia, a súa liberdade e, mesmo, o seu equilibrio mental.
A novela lese con moito interés. A trama, con moito xogo de ordenador e a evolucion física e psíquica de Ender é apaixoante. Publicada en 1986, acerta no anticipo da comunicación e relación entre persoas a través da rede no que hoxe en día son os blogues e os foros. Aínda que en 1986 xa existía a rede e os foros, estos eran totalmente descoñecidos para o gran público e reducíanse ao ámbito científico. Só se estenderon e popularizaron a partir da creación da World Wide Web en 1989 e as ferramentas de usuario para crear foros e blogues do século XXI.
Disponible na biblioteca do IES de Teis.
No ano 2013 levouse ao cine nunha película dirixida por Gavin Hood e con Harrison Ford no papel do coronel Graff. Este é o trailer:

3/8/11
O ceo dos afogados
Obra de Francisco Castro, profesor de filosofía e escritor natural de Vigo. Esta novela xuvenil resultou finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2007.
Non creo que o autor pensase que estaba a escribir unha novela de ciencia ficción, pero a temática científica da mesma faime traela a este blogue.
A novela recorda a realismo máxico galego e latinoamericano. A situación plantexada e verdadeiramente sorprendente: todos os golfiños do mundo reúnense en doce lugares e sofren simultáneamente un repentino afogamento. Para entender e solucionar a situación, entran en xogo os científicos do mundo e un rapaz especial.
A temática científica parece que é un enfrontamento entre a química (ciencia do mal) e a zooloxía (ciencia do ben). En todo caso é unha oportunidade para a reflexión sobre que é o que estamos a facer co planeta.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)