9/11/09

Los tres primeros minutos del universo

¿Cuándo fue el Gran Estallido?
¿Dónde estamos antes de nacer?
¿Dónde está el eslabón perdido?
¿Dónde vamos después de morir?
¿Qué son los agujeros negros?
¿Se expande el universo?
¿Es cóncavo o convexo?
(Siniestro Total, 1981)
Esta obra de Steven Weinberg de 1977 (publicada en España por Alianza Editorial en 1978), da resposta a algunhas das preguntas da canción de Siniestro Total.
Weinberg, científico estadounidense nado en 1933, gañou o Premio Nobel de Física en 1979 polas súas contribucións á elaboración do chamado Modelo estándar da física de partículas.
Neste libro explica , de forma rigurosa pero sinxela, a evolución do universo desde a Gran Explosión (Big Bang). Tamén examina as opcións futuras: contínua e eterna expansión ou ben a expansión termina dando lugar a unha fase de contracción (Big Crunch).
Os descubrimentos científicos recentes (na época): a radiación de fondo de microondas, o efecto Doppler na luz procedente de estrelas e galaxias afastadas, o mellor coñecemento das partículas elementais, viñan confirmando o que se sospeitaba desde a década de 1920 e que foi formalmente proposto por George Gamow en 1948: a idea dun universo orixinado nunha singularidade espacio temporal en violenta expansión. Curiosamente, o nome Big Bang, foi utilizado por primeira vez por Fred Hoyle, un astrofísico que se opoñía a esta teoría, para burlarse da mesma.
A obra é considerada divulgación científica de calidade, dirixida a un público sen coñecementos previos de física ou matemáticas, pero curioso e interesado pola cosmoloxía ou, a lo menos, que se faga preguntas similares as que se fai o extrardinario grupo vigués Siniestro Total.
Disponible na biblioteca do IES de Teis.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...