Escrita por Isaac Asimov e publicada en 1975. Relata a historia do telescopio desde a súa invención en 1608 polo fabricante de lentes holandés Hans Lippershey, e o seu primeiro uso para a observación astronómica por parte de Galileo Galilei, ata os primeiros anos da década de 1970.
Desde o principio da civilización humana, a comprensión do universo, a cosmoloxía e a cosmogonía, estiveron presentes como preocupacions fundamentais dos filósofos, científicos e, mesmo, da poboación en xeral. A invención do telescopio e o seu contínuo desenvolvemento deu lugar a sucesivas revolucións na ciencia e na concepción do propio lugar do ser humano no universo.
A historia do telescopio amosa como o desenvolvemento científico vai íntimamente unido ao desenvolvemento tecnolóxico. Descubrimentos feitos con certo telescopio crean a necesidade de observar o ceo con maior precisión e profundidade, o que leva ao perfeccionamento do telescopio ou á creación de telescopios radicalmetne distintos que permiten facer novos e sorprendentes descubrimentos, e volta a empezar. O desenvolvemento da astronomía e do telescopio aliméntanse entre si.
Mesmo a observación con telescopios influiu no desenvolvemento da óptica xeométrica, as técnicas de pulido de lentes e espellos, a fotografía, a espectroscopía e espectrografía, o estudo das ondas electromagnéticas, o descubrimento do máser e o láser, o perfeccionamento do radar, a astroquímica, a física cuántica e a física de partículas, a exploración da atmósfera terrestre e o espacio exterior, a construcción de naves espaciais e satélites artificiais, etc.
Esta historia é unha apaixoante aventura de exploración dos límites da sabiduría humana, relatada co estilo axil propio de Asimov e a súa habitual maestría. Lamentablemente, a historia detense nos anos 70 do século pasado, quedando pendentes todos os avances das últimas décadas, por exemplo, o teslescopio espacial Hubble:
Disponible na biblioteca do IES de Teis.