19/2/13

Segunda Fundación

Terceira parte da chamada Triloxía orixinal da Fundación ou Ciclo de Trántor (vid. Fundación) de Isaac Asimov. Como as anteriores, foi publicada primeiro por entregas na revista de CF Astounding Magazine entre os anos 1948 e 1950 e, posteriormente, como novela en 1953, en inglés.

Ao igual que acontece con Fundación e Imperio, esta novela consta de dúas partes: El mulo inica la búsqueda e La búsqueda de la fundación.

Na primeira parte, O mulo, personaxe mutante dotado de habilidades mentais extraordinarias, despois de derrotar á Fundación, inicia a busca da Segunda Fundación prevista no chamado Plan Seldon.
A segunda parte sitúase despois da morte de O mulo, a Fundación renace. O plan Seldon volve estar en marcha e os propios membros da primeira Fundación buscan a Segunda.
A novela presenta, novamente, viaxes espaciais a través do hiperespacio, tecnoloxía bélica de primeiro nivel, pero certo primitivismo en canto as comunicacións e o mundo audiovisual. Posúe elevadas doses de intriga e xiros inesperados na trama que cautivan a atención. O leitor non pode dar nada por suposto pois poucas cousas son o que semellan...

Disponible na biblioteca do IES de Teis e en internet aquí.

4/2/13

La conspiración lunar ¡vaya timo!

¡Vaya timo! é unha colección de libros publicados pola editorial Laetoli en colaboración con ARP-Sociedad para el Avance del Pensamiento Crítico dedicada a desmontar diferentes enganos pseudocientíficos, supercherías e falsos mitos, animando ao lector a ter unha actitude crítica fronte a charlatáns de distinta ralea. Ovnis, creacionismo, homeopatía, abducciones, tarot, meigas e outros son obxecto da súa análise.

Este, adicado á conspiración lunar, está escrito por Eugenio Fernández Aguilar, profesor de Física en Rota (Cádiz). A conspiración lunar é a hipótese segundo a cal as misións da NASA, Apolo 11, 12, 14, 15 16 e 17, (o 13 tivo un problema e deu a volta) nunca chegaron á lúa e todo foi un engano. As imaxes de homes na lúa serían obtidas en estudo na terra ou, sinxelamente, montaxes de copia e pega.

O autor presenta, brevemente, a historia das misións lunares. A continuación expón os argumentos ou  hipóteses da conspiración. Finalmente dedícase a desmontar de xeito demoledor, un por un, eses argumentos ou hipóteses, baseándose na física elemental ou nas evidencias históricas. Os argumentos científicos son claros e contundentes, intelixibles por calquera estudante da ESO.

Neste programa da ETB (televisón pública vasca) podes ver algúns dos mesmos argumentos:


Respecto ao problema das sombras no programa da ETB non se da unha explicación consistente (min 19). A explicación correcta é a que se desenvolve no libro.

Aquí tes un documental realizado pola televisión francesa para a cadena europea ARTE, no que as persoas implicadas parecen confirmar a conspiración lunar. Cómpre agardar até o final para atopar a explicación. O documental foi emitido o día dos inocentes de 2004.



É curioso como este documental, privado do seu final que explica todo, circulou en youtube como proba da famosa conspiración.

Disponible na biblioteca do IES de Teis



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...