Novela publicada en 1974. A autora é a escritora norteamericana Ursula K. Le Guin (1929-2018). A obra gañou os premios Nebula, Hugo e Locus. Considérase ciencia ficción social ou política e, nela, maniféstanse as ideas feministas e taoístas da autora.
Urras é un planeta superpoblado e con diversos países que frecuentemente guerrean entre sí. O sistema maioritario é o capitalista, con graves desigualdades sociais entre pobres e ricos. 170 anos antes dos feitos que se narran, un grupo de revolucionarios abandona o planeta para establecerense no seu satélite, Anarres, fundando unha sociedade igualitaria, sen normas nin leis nin diñeiro. Cada membro da comunidade aporta á sociedade o seu talento e o seu traballo e toma dela o que necesita para sobrevivir: roupa, alimentos, aloxamento. Ninguén posúe nada. Mesmo as relacións familiares son abertas. Pero incluso nesta sociedade igualitaria e xusta, aparecen elementos corruptos, envexas e exceso de burocracia.
O protagonista é un físico brillante que ve como as súas teorías non son comprendidas nin aceptadas en Anarres. Tampouco dispón de medios adecuados para desenvolvelas. Por iso emigra a Urras para dar a coñecer a súa ciencia. Alí choca coa sociedade consumista e propietaria (o propietariado). O interés dos urrasti nas súas teorías é económico e militar.
Mostrando entradas con la etiqueta Le Guin. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Le Guin. Mostrar todas las entradas
18/5/18
23/9/13
La mano izquierda de la oscuridad
Novela publicada en 1969 pola escritora norteamericana Ursula K. Le Guin (California, 1929), primeira muller que obtivo o título de Gran Maestra, otorgado pola asociación de escritores de ciencia ficción dos Estados Unidos de América.
Nun futuro indeterminado, a humanidade está repartida por moitos planetas de diferentes estrelas. Varios de estes mundos forman unha especie de confederación ou comunidade de mundos. Un enviado de esta confederación ou alianza, de orixe terrestre, chega ao planeta chamado Inverno ou Gueden para convencer aos nativos de unírense á confederación. Os habitantes de Inverno teñen experimentado unha evolución separada dos demais humanos e, actualmente, son hermafroditas asexuados que adquiren identidade sexual unha vez ao mes nun ciclo de catro semanas. O mesmo individuo pode ser home nun ciclo e muller noutro. Pode ser pai dalgún neno e nai dalgún outro.
Na sociedade de Inverno non existe tensión sexual nos conflictos sociais ou políticos o que provoca notables dificultades de comprensión do enviado.
A autora explora o comportamento humano desprovisto dun dos elementos chaves do seu desenvolvemento. Non obstante, este comportamento non está exento de intrigas, crueldades e enfrontamentos.
A novela gañou os premios Nébula de 1969 e Hugo de 1970

Suscribirse a:
Entradas (Atom)