7/11/10

Solaris


Escrita por Stanislaw Lem, escritor polaco (1921-2006), un dos máis coñecidos, publicados e lidos entre os escritores de ciencia ficción que non escriben en inglés. Lem sempre trata de plantexar os problemas filosóficos que provocan os avances científico-tecnolóxicos. Avances supostos ou anticipacións, claro está.
Nesta novela, un pequeno grupo de científicos tratan de establecer contacto e de comprender o océano do planeta Solaris. Este océano parece ter vida e intelixencia. Os intentos dos seres humanos de establecer ese contacto veñen fracasando desde, alomenos, hai cen anos.
Parece, por outra banda, que o océano si foi quen de entrar na mente dos seres humanos, poñendo en evidencia esta capacidade de xeito inquedante. Os científicos dudan, mesmo, da súa propia cordura. O océano coñece os máis íntimos e profundos sentimentos dos humanos e dalles vida. En cuanto a condición humana, ¿é posible que un no humano teña conciencia de humano?
Lem gostaba de por en cuestión a posibilidade de entrar en contacto con unha civilización extraterrestre. De existir unha intelixencia nalgún planeta, esta sería tan diferente a nosa que faría imposible o contacto.
Solaris levouse dúas veces ao cine, a primeira en 1972, dirixida polo ruso Andrei Tarkovski que gañou o premio do Festival de Cannes. A segunda é de 2002, dirixida por Steven Soderberg e protagonizada por George Clooney.

Disponible no IES de Teis

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...