Escrita por Lewis Pyenson, profesor da Universidade de Louisiana e famoso historiador da ciencia.
Trata dos anos mozos de Albert Einstein, os seus estudios en Munich (Alemania), primeiro, e logo en Aarau e Zurich (Suiza), a situación da súa familia, as dificultades do negocio familiar e como tiveron que marchar a Italia ante a quebra da súa empresa en Munich.
Tamén trata da situación dos xudeos na Alemaña de fines do século XIX, a educación, o estado das matemáticas e da física no ensino secundario e universitario, e como esto modelou ou condicionou a personalidade de Einstein.
Finalmente, conta a influencia dos científicos alemanes de principios do século XX na ciencia de todo o mundo, especialmente en matemáticas, física, astronomía, etc. e a posición destes científicos diante do conflicto bélico na Primeira Guerra Mundial
Disponible na biblioteca do IES de Teis
18/6/11
7/6/11
Exogamia 0.3
Exogamia 0.3 é unha colección de relatos breves de temática marcadamente social no que a ciencia (ficticia ou non) ten unha importancia supeditada á situación que o autor quere plantexar. Como dí a contraportada do libro:
"... reúne media ducia de relatos, non estritamente literarios, suxestivos e non pechados, que permiten abrir un debate necesario sobre algúns dos temas candentes do noso tempo, cuestións nas que a ciencia é protagonista, problemas decisivos para a humanidade aos que ninguén pode quedar alleo."
Obra corta, de 89 páxinas, moi doadas de ler, pero cheas de motivos para a reflexión.
Consulta aquí para o significado do termo "exogamia".
O autor é Ramón Caride, galego, biólogo e profesor de instituto.
Disponible na biblioteca do IES de Teis.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)