Novela do escritor estadounidense Frederik Pohl, nado en 1919 e falecido en 2013. Escrita en 1976 e gañadora dos premios Nébula(1977), Hugo(1978), Locus(1978) e John W. Campbel Memorial(1978), e dícir, todos os importantes, sendo a única novela, até agora, en acadalo.
É a primeira da Saga dos Heeches, misteriosos seres intelixentes xa desaparecidos, probablemente establecidos en Venus.
Pórtico é un asteroide, atopado polos humanos de casualidade, utilizado polos Heeches como base das súas naves de exploración da galaxia. Os humanos poden usar as naves e outros achádegos tecnolóxicos pero descoñecen os seus principios de funcionamento. Os prospectores viaxan nas naves para atopar en outros planetas vestixios dos Heeches qeu lles permitan comprender a súa tecnoloxía e descubrir a súa historia. O protagonista é un prospector atormentado polos seus desequilibrios mentais e a súa cobardía. Ao longo da novela vamos descubrindo máis sobre as razóns do seu tormento.
É salientable como as naves viaxan a velocidades superiores a da luz, grazas a esa tecnoloxía non comprendida, e sen ter en conta os molestos efectos relativistas. Ou sexa, o tempo transcurre igual para os astronautas e para os que quedan en terra, o que lles permite voltar despois dunha viaxe de, por exemplo, cen días, sen que para os de Pórtico non pasaran varios anos. Por non mencionar que, tamén, se obvian as tremendas aceleracións que sufrirían. Parece que, sinxelamente, atoparon algún atallo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario