Novela de Robert Heinlein (EEUU, 1907-1988), considerado un dos mestres da ciencia ficción, a mellor parte da súa producción coresponde aos anos 50 e 60 do século XX. Esta novela foi publicada en 1961 e gañou do premio Hugo de 1962.
Nun futuro indeterminado, envíase unha primeira expedición a Marte coa que se perde contacto. Anos despois, unha segunda expedición rescata a un mozo fillo de dous dos primeiros expedicionarios e que foi educado polos marcianos. Este mozo, Valentine Michael Smith é devolto á Terra. En trono a este xoven desenvólvese unha trama con aspectos políticos, económicos, sociais e relixiosos.
Por unha banda, Michael Smith é herdeiro dunha grande fortuna por parte dos seus pais. Por outra banda, ten gran importancia política como primeiro habitante humano de Marte. Michael é axudado por un personaxe curioso: Jubal Harshaw, un vello hedonista, cínico, astuto e dotado dunha gran intelixencia e capacidade de análise, que vive rodeado de secretarias e outros axudantes.
Michael ten estrañas habilidades físicas e mentales. É incapaz de mentir. Non deixa de darle voltas ás cousas ata que as comprende perfectamente (as asimila). Queda intrigado polo fenómeno das crenzas relixiosas e funda a súa propia igrexa.
Entre os elementos futuristas, destaca e automóbil voador, con ou sen condutor e a ¡cama de auga!
Considerouse no seu tempo como unha novela de culto por parte dos, así chamados, hippies, debido a vida comunal e de liberdade sexual presente na igrexa de Michael. Esto a convertiu nunha novela polémica. Ademais, o primeiro editor norteamericán, esixiu que fose recortada pois a atopou excesivamente longa. As primeiras edicións en inglés e, tamén, en castelán, tiñan unha terceira parte menos de extensión que a actual.
A Heinlein pásalle o mesmo que xa temos comentado no caso de Asimov, pero levado ao extremo: pode anticipar avances científicos pero non é capaz de darlle á muller un papel que non sexa o máis rancio dentro do máis tradicional. Nesta novela, os comentarios machistas e tamén, homófobos son verdadeiramente increibles nunha persona intelixente. Pode que sexan opinións dos personaxes e non do autor. Ogallá fose así, pero non o parece.
Disponible en internet aquí.
Mostrando entradas con la etiqueta Heinlein. Mostrar todas las entradas

8/6/17
9/7/14
La luna es una cruel amante
Novela de Robert A. Heinlein (EUA, 1907-1988), considerado un dos grandes do período dourado da ciencia ficción. Foi publicada en 1966 e gañadora do premio Hugo de 1967.
No século XXI hai case cen anos que a lúa foi colonizada. Ao comezo, foi utilizada como prisión onde enviaban os reclusos mais perigosos da terra. Os descendentes deses presos e poboadores novos (reclusos ou non) viven agora na lúa baixo o goberno dictatorial dun Alcaide nomeado pola Autoridade Lunar (da terra). Os colonos son obrigados a cultivar cereais e a fabricar certos produtos que son enviados á terra sen que eles poidan influir nos acordos comerciais. Esto da lugar a un malestar que desemboca nunha revolución. A novela é a historia desta revolución narrada por un dos seus protagonistas, Manuel, Mannie, García O'Kelly Davis, un técnico informático que nunca pensou ser un ideólogo nen un revolucionario. Peza fundamental é Mike, un supercomputador que espertóu, tomóu conciencia de si mesmo. Mike é capaz de adoptar persoalidades e ter sentimentos. Mesmo está moi interesado no humor humano.
Os revolucionarios da lúa perseguen un sistema político e económico baseado no liberalismo mais esaxerado. Fuxen de todo tipo de impostos. Polo camiño da revolución van abandonando certos valores éticos para favorecer a poboación. (Todo para o pobo, pero que o pobo non moleste, non opine, porque non sabe).
Os poderes de Mike son, certamente, futuristas. As comunicacións son áxiles, aínda que limitadas pola necesidade de ter un teléfono fixo a man. É interesante como plantexa os efectos da vida na baixa gravidade da lúa sobre os organismos das persoas. Un terráqueo non pode pasar moito tempo na lúa se quere estar en condición de poder voltar á terra.
Pero no que Heinlein fracasa (como tamén o fai nas súas novelas outro dos grandes: Asimov) é no papel da muller. Aínda que a sociedade é matriarcal e hai mulleres que son dirixentes da revolución, todas sorrín agradecidas diante dun piropo ou, mesmo, diante dunha palmada nas nádegas. Cousas dos anos sesenta do século pasado (espero). Porén, é interesante a variedade de familias que Heinlein propón.

10/7/12
Estrella doble
Estrella doble é unha novela escrita por Robert A. Heinlein en 1956, premio Hugo no mesmo ano.
O autor, estadounidense (1907-1988), é considerado un dos grandes mestres do xénero na idade de oro da ciencia ficción -anos 40 e 50 do pasado século- xunto con Isaac Asimov e Arthur C. Clarke. Coma eles, adoita ser o máis riguroso posible coa base científica das súas novelas, procurando o máximo de verosimilitude.
Estrella doble narra unha historia sinxela na que un actor en horas baixas vese implicado nunha trama de intriga política de gran altura. A intriga atrapa nada menos que ao Ministro Supremo do Imperio Galáctico. Dito Imperio está gobernado polos humanos estendidos por todo o sistema solar. Os marcianos e os venusianos nativos son colaboradores amistosos pero non exactamente súbditos. Existe un risco de enfrentamento cos marcianos e, ao tempo, unhas eleccións xerais se acercan. O actor é o único que pode salvar a situación.
A novela invita a reflexionar sobre a propia naturaleza da nosa personalidade, que somos e como somos. Ata que punto estamos representando un papel asignado por outros. Tamén é un alegato antiracista e antibelicista.
Existe unha versión libre en internet aquí.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)