Última novela da triloxía marciana do autor Kim Stanley Robinson (EEUU, 1952). Publicada en 1996, gañou os premios Hugo e Locus de 1997.
É continuación de Marte verde. A terraformación de Marte progresa. Os seres humanos pronto conseguiran sobrevivir na superficie marciana sen traxes espaciais nin cascos. A atmosfera acada unha presión suficiente (arredor dos 500 hPa) cun contido de osíxeno axeitado e a temperatura media supera na meirande parte do planeta e na meirande parte do tempo os cero grados (273 K). Recordade de que partimos dunha presión inicial duns 10 hPa e unha temperatura media duns 225 K (-48 ºC). So os lugares de gran altitude (no alto dos grandes volcáns) quedan fora da terraformación.
Despois da revolución con que se pecha Marte verde, os marcianos elixen os seus propios órganos de goberno o que leva a novas crisis coa terra. A superpoboación desta supón unha persión migratoria que Marte non pode absorber. Na terra rematou o dominio das metanacionais, un novo sistema de poder, aínda confuso está a emerxer.
Aínda sobreviven varios dos primeiros cen grazas ao tratamento de lonxevidade. Acadan máis de douscentos anos de idade. Na época desenvóvlese a enerxía de pulsofusión, que permite reducir as viaxes no sistema solar a poucos días e, por tanto, colonizar moitos planetas e satélites rochosos. Esto conleva novas loitas polo poder e os recursos naturais de cada mundo. O de sempre...
Mostrando entradas con la etiqueta Robinson. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Robinson. Mostrar todas las entradas
19/10/16
4/2/14
Marte verde
Segunda entrega da triloxía marciana de Kim Stanley Robinson, publicada en 1994 e gañadora dos premios Hugo e Locus dese ano. Despois do fracaso da revolución de 2061, os supervivintes dos primeiros cen poboadores de Marte están na clandestinidade esperando tempos mellores. O planeta ten xa moitas cidades e gran poboación. As tarefas de terraformación avanzan: a atmosfera é cada día máis densa e a temperatura media ambiente sube e está próxima aos cero graos celsius. Liques modificados xenéticamente liberados no chan sobreviven na superficie. Nalgunhas zonas mesmo resisten outros vexetais (musgos, cereais e algunhas arbores). Hai proxectos de inundar grandes cráteres para formar mares e océanos. Os seres humanos aínda necesitan vivir baixo cúpulas, pero o tempo en que sexan capaces de resistir no exterior está proximo.
Na Terra, as grandes compañías transnacionais convertense en metanacionais: poucas e moi poderosas. Son propietarias dos países. Estes son, ao tempo, os seus clientes e os seus vasallos. Estas compañías pretenden repetir a situación en Marte: desexan ser as propietarias do planeta e, por tanto, dos seus recursos mineiros. A autoridade das Nacións Unidas é so nominal. A ONU é un títere nas mans das metanacionais.
Fronte a esta situación, os primeiros cen, moitos poboadores chegados con posterioridade e as novas xeneración de nados en Marte forman a resistencia. Non teñen as mesmas opinións, sobre todo no que se refire á terraformación. So lles une a oposición ao dominio comercial, político e militar de Marte por parte das metanacionais. O xerme da revolución está plantado...
Nesta segunda parte, reconstrúese o ascensor espacial derribado na anterior. Os rebeldes, que na primeira parte fixeron desaparecer o satélite Fobos, agora fan o mesmo con Deimos mediante un inxenioso mecanismo. A enxeñería de cúpulas, edificios, pontes, vías de trens, vehículos terrestres e voadores, non coñeze límites. A xeoloxía de Marte (areoloxía), moi cambiada polos seres humanos, volve ter gran presenza. Ademais temos unha incipiente flora no planeta. As persoas viven 150 anos ou máis grazas a o tratamento xerontolóxico. Os primeiros seres humanos nados en Marte son moito máis altos e esbeltos debido a menor gravidade. É dicir, moita ciencia.
20/9/12
Marte rojo
A mediados do século XXI, a humanidade está en condicións de enfrontar a colonización do planeta Marte. Para esto envía unha expedición con cen homes e mulleres a bordo dunha nave. Estes primeiros cen son persoas de carácter emprendedor, auténticos pioneiros, e de gran capacidade científica ou tecnolóxica. En canto chegan a Marte, abordan a tarefa de construir hábitats adecuados para os humanos e investigar e explorar o planeta. Pronto aparecen diferenzas entre dúas posicións. Aqueles que desexan respetar as condicións do planeta e adaptárense eles a Marte (os vermellos, pola cor dominante en Marte), e os que prefiren cambiar o planeta para mellorar as condicións de habitabilidade do mesmo nun proceso que se denomina terraformación (os verdes, pola cor da vexetación terrestre). As tensións e disputas son inevitables.
Para complicar máis as cousas, na Terra sófrese un grave problema de sobrepoblación. Para alivialo en parte, comezan a enviar expedicións masivas de novos colonos. A población marciana pasa do millón de persoas en poucos anos. Por outra banda, Marte posúe extraordinarias riquezas minerais. Esto desperta a codicia das grandes corporacións multinacionais. Os estados terrestres tratan de manter a súa influencia política e económica sobre Marte e as súas xentes. A traxedia está servida.
Esta novela do escritor estadounidense Kim Stanley Robinson, publicada en 1992 e gañadora do premio Nébula, pon de manifesto o xenio da humanidade para desenvolverse e sobrevivir en entornos hostís, para adaptarse ou modificar o medio. Tamén, que se en algo a humanidade é aínda máis poderosa, é na súa capacidade de autodestrucción.
Desde o punto de vista científico destaca a precisión da descrición da xeografía e a xeoloxía de Marte (cumpriría dicir areografía e areoloxía, de Ares, Marte). Parece que Robinson estivo alí polos detalles que da. As estratexias de terraformación subindo as temperaturas e a presión da atmosfera, os intentos de creación de organismos que poidesen sobrevivir nas condicións marcianas, a arquitectura e enxeñería dos asentamentos, todo parece verosímil e, certamente, inxenioso.
Esta novela é a primeira dunha triloxía completada por Marte verde e Marte azul. Considéranse ciencia ficción dura, pero ademáis, teñen unha gran compoñente de socioloxía e ecoloxía.
Disponible na biblioteca do IES de Teis.

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)