Mostrando entradas con la etiqueta Wells. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Wells. Mostrar todas las entradas

25/2/18

La isla del doctor Moreau

Novela de ciencia ficción escrita en 1896 por H. G. Wells (Herbert George Wells, Inglaterra, 1866-1946.
Dentro das novelas de temática máis ou menos relacionada coa ciencia de H.G. Wells, esta é a segunda cronolóxicamente, despois de A máquina do tempo de 1895 e anterior a O home invisible e A guerra dos mundos. Nesta, Wells, explora os límites éticos da ciencia.

Na época na que se escribe esta novela, está en discusión na sociedade británica e mundial, a vivisección, técnica consistente na disección dun animal vivo para observar o funcionamento dos seus órganos. Wells amosa a extrema crueldade á que pode chegar esta práctica. Ao mesmo tempo, Wells plantexa so límites da condición humana en relación coa condición animal.

O protagonista, Prendick, acaba por accidente nunha misteriosa isla donde o doutor Moreau, leva adiante experimentos biolóxicos extremos. O tal doutor xa tivera que fuxir de Inglaterra debido á polémica levantada polas suas prácticas. Nesta isla, con técnicas quirúrxicas e de transfusión de sangue, crea monstros semihumanos. Obviamente, a técnica desenvolvida non está descrita máis que de forma borrosa. Non hai ningunha posibilidade de facer algo así. Esta foi a causa de que a novela fose recibida no seu tempo como sensacionalista e alonxadada da verdade. Naturalmente, a verosimilitude da creación do monstro non é o tema; do mesmo xeito que non o era na novela de Mary W.Shelley, Frankenstein ou o moderno Prometeo, coa que garda certa relación.

Foi levada ao cine en diversas ocasións. A última en 1996, protagonizada polo gran Marlon Brando, e Val Kilmer, que foi un sonoro fracaso.
Aquí tes o trailer da versión de 1977, con Burt Lancaster e Michel York e dirixida por Don Taylor.

10/4/11

El hombre invisible (O home invisible)

Novela de Herbert George Wells, escritor inglés (1866-1946), autor tamén de "A guerra dos mundos" e "A máquina do tempo", xa comentadas.

Un científico medio loco ten descuberto un sistema para facer invisibles os tecidos vivos e decide probalo nel mesmo. Despois de certas dificultades, o home invisible trata de ocultar o seu descobrimento e beneficiarse del utilizando a invisibilidade para roubar. Pronto xenerase un gran temor nos alrededores e, o home invisible é perseguido.

A novela fainos reflexionar sobre os riscos da ciencia: risco para o propio científico e para a sociedade. Tamén fainos pensar sobre o rexeitamento que produce todo o que é diferente

Foi levada ao cine con adaptacións máis ben libres en diversas ocasións, por exemplo, a primeira en 1933 co título "O home invisible". A última, por agora, é do ano 2000, "O home sin sombra" con Kevin Bacon e garda pouca relación coa trama da novela:



Disponible na biblioteca do IES de Teis en galego e en castelán.

Hai unha versión completa en internet aquí.

1/9/10

La máquina del tiempo


Novela de Herbert George Wells do que xa comentamos outra obra. Esta é a súa primeira novela.

O protagonista (o Viaxeiro do tempo) constrúe unha máquina que lle permite viaxar a través do tempo. Wells non se para a describir demasiado a máquina, nin a base do seu funcionamento, so algúns detalles das palancas de bronce e marfil e a forma da máquina. De feito, esto non é o importante. O que realmente é o tema da novela é a situación da humanidade nun futuro que o autor sitúa no ano 802.701. A forma de vida, a crueldade, a decadencia que, presumiblemente, son as consecuencias da actuación dos seres humanos no presente ("o presente" é 1895, data de publicacción da obra). A inxustiza social actual, manifestada nas diferencias entre a clase obreira e as clase acomodada, derivaría en dúas variedades de seres humanos dexenerados, os Eloi e os Morlocks, condeados a enfrontarense entre eles.

No aspecto científico, o mais interesante é a descrición da evolución das órbitas do sol, a lúa e as estrelas vistas desde a máquina a "cámara superrrápida".

Existen varias adaptacións cinematográficas, das que destacan dúas: El tiempo en sus manos, dirixida por George Pal en 1960, protagonizada por Rod Taylor e La máquina del tiempo, dirixida polo bisneto de H. G. Wells, Simon Wells en 2002, protagonizada por Guy Pearce e Jeremy Irons. A parte das adaptacións máis ou menos libres, hai moitas películas que utilizan o tópico da viaxe no tempo. A máis coñecida pode ser Regreso ao futuro, de 1985, dirixida por Robert Zemeckis, producida por Steven Spielberg e protagonizada por Michael J. Fox e Cristopher Lloyd:


A novela está disponible na biblioteca do IES de Teis. Tamén en internet aquí.

Podes ver este interesante documental sobre as viaxes a través do tempo.

21/7/09

La guerra de los mundos / A guerra dos mundos

Esta novela de Herbert George Wells ( escritor inglés nado en 1866 e falecido en 1946) foi publicada en 1898 e constitue o primeiro relato de ficción no que os extraterrestres (neste caso os marcianos) invaden a terra.

H. G. Wells, xunto con Jules Verne, é considerado un dos precursores do xenero de ciencia-ficción. Ademáis de esta novela, destacan outros dous títulos: A máquina do tempo (1895) e O home invisible (1897).

O autor sitúa a acción nas proximidades de Londres a principios do século XX. Chegan os marcianos a bordo de enormes naves cilíndricas nas que transportan unhas implacables máquinas de guerra en forma de grandes trípodes articulados e armadas co Raio Ardente e mailo Fume Negro. Con estas armas de tecnoloxía moi superior á terrestre, non tardan en superar a débil resistencia dos humanos.
O narrador (un filósofo do que non coñecemos o nome) asiste á destrucción, salvándose a miudo por pouco. Xunto co artilleiro e o vicario, representan tres típicas actitudes diante da invasión.

Naturalmente, dada a data de publicación, a tecnoloxía descrita é tan primitiva que hoxe pode resultar cómica. Pero eso non é o que importa. Se considera esta novela como certa crítica á invasión que o imperio británico e outras potencias europeas (como España) fixo en Africa, América e Asia, xustificándose por unha pretendida superioridade moral ou intelectual respecto aos pobos indíxenas, levando a destrucción co seu armamento e tecnoloxía.

A obra foi levada ao cine en versións bastante afastadas do orixinal varias veces. A máis famosa a de 1953, e a máis recente de 2005 de Stephen Spielberg e con Tom Cruise.

É moi célebre a adaptación radiofónica de Orson Welles en 1938 que provocou que a meirande parte da poboación que a escoitaba a entendera como unha noticia real, producíndose un gran pánico

Tes a novela completa aquí. En inglés aquí.

Está disponible na biblioteca do IES de Teis tanto en galego como en castelán.

Fragmento da película de 1953, en inglés subtitulada

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...