Cuarta parte da Historia de las Ciencias de Stephen F. Mason.
No século XIX case todas as ciencias experimentan un gran pulo e desenvolvemento.
Por exemplo, a Xeoloxía consolídase como área científica. Comeza o estudo das fósiles, dos estratos e, como consecuencia, das teorías de constitución e evolución do planeta.
Do estudio dos fósiles derivaron as primeiras teorías de evolución das especies. O propio Darwin comezou a súa carreira científica máis interesado pola xeoloxía que pola bioloxía.
Estas teorías evolucionistas deron lugar a un dos debates e enfrontamentos entre científicos máis intensos, apaixoantes e fructíferos de toda a historia da Ciencia; aínda que non estivo exento de acritude e malos modos.
O resultado dese debate é coñecido e, curiosamente, no século XXI volve estar de actualidade.
No campo da química desenvólvese especialmente a química orgánica, a clasificación dos elementos químicos (con Mendeleiev), a teoría corpuscular da materia e a comprensión dos mecanismos de reacción (Lavoisier, Avogadro, ...) e os métodos de obtención de diversas sustancias inorgánicas. Na física é o século do estudo da natureza da luz e da electricidade e o magnetismo, sobre todo grazas ao gran James Clerk Maxwell.
Tamén aparece a microbioloxía e o estudio dos xermes patóxenos que inciden na mellora da mediciña e a ciruxía.
Por fin, é tamén o século do desenvolvemento da termodinámica e a enxeñería das máquinas térmicas.
Dispoñible na biblioteca do IES de Teis
No hay comentarios:
Publicar un comentario