15/2/10
Momentos estelares de la ciencia
Unha das obras de divulgación científica máis populares e lidas.
Escrita por Isaac Asimov, fai un rápido e breve recorrido polas contribucións de 26 dos máis importantes científicos e inventores da historia nos campos da física, química, bioloxía, mediciña e tecnoloxía, desde Arquímedes a Einstein, pasando por Gutenberg, Galileo, Newton, Faraday, Edison, Marie e Pierre Curie, Lavoisier, Mendel, Pasteur, Darwin, etc.
Este libro foi publicado por primeira vez en 1959, nos EEUU e, polo tanto, non inclúe a última metade do século XX e esta década que xa levamos no XXI, aínda así, os científicos escollidos seguen a ser dos máis grandes da historia.
O espacio adicado a cada un é breve, de catro a sete páxinas. Esto fai que as veces a descripción sexa apresurada e pouco matizada. Poderianse discutir algunhas afirmacións de Asimov, pero, en xeral, o que dí é correcto. Ademáis, como sempre, no estilo ameno, áxil e moi claro e didáctico característico deste autor, o que facilita a lectura.
Dispoñible na bliblioteca de Teis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)