Mostrando entradas con la etiqueta Willis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Willis. Mostrar todas las entradas

9/10/17

El apagón / Cese de alerta

Aínda que foi publicada en dúas entregas, El apagón e Cese de alerta, son en realidade unha soa novela que se debe ler seguida. En total son 1200 páxinas, por eso foi publicada en dous tomos.
A autora é Connie Willis, (Denver, EEUU, 1945), da que temos outras obras neste blogue. As dúas partes, consideradas como unha única novela gañaron os premios Nebula, Hugo e Locus. Foron publicadas en 2010.

Igual que en El día del juicio final e en Por no mencionar al perro, A trama desta novela desenvólvese en torno as viaxes no tempo que fan os historiadores da Universidade de Oxford, comandados polo señor Dunworthy. Nesta ocasión, tres historiadores viaxan desde o seu presente (ano 2060), a distintos momentos e lugares da II Guerra Mundial entre 1940 e 1945. En seguida xurden os problemas e os historiadores quedan abandonados á súa sorte, imposibilitados de regresaren á súa época. Cada vez que teñen unha ocasión para seren recatados, o destino parece confabularse para evitalo. Mentres, eses
historiadores asisten a momentos e feitos de gran relevancia no desenvolvemento da Guerra Mundial.

Á gran preocupación e desconcerto que sofren os historiadores polo feito de non poder volver a súa época, engádese o risco de que a súa presenza cambie o pasado, poñendo en perigo a victoria final dos aliados (británicos, estadounidenses, franceses,...) na guerra.

Inicialmente, a novela presenta historias que parecen estar desconectadas. So pouco a pouco esas historias acabarán converxendo e dando sentido global a toda a historia. Cada peza encaixa no seu sitio segundo nos aproximamos ao final. Mentres, tanto os protagonistas como o lector, chegan a desperarse ante tantos infortunios.

Verdadeiramente é unha novela que ten moi pouca ciencia, ficticia ou non, aparte das viaxes no tempo; é mais ben unha novela de aventuras e intriga que, como tal, funciona moi ben. Preguntámonos continuamente a influencia que o máis tivial dos nosos actos pode ter no devenir dos nosos contemporáneos. Unha acción, en principio boa, pode ter consecuencias desfavorables para os demais. Pola contra, unha acción, en principio, incorrecta ou reprochable, pode ter, mais adiante, efectos beneficiosos.

Por outro lado, no que se refire propiamente á II Guerra Mundial, ponse de manifiesto a cantidade de pequenas aportaciones e feitos de seu irrelevantes que tiveron incidencia na resolución final do conflicto; e como moitos deles foron particularmente afortunados. As veces parece que derrotar a Hitler foi cousa de pura sorte.

Disponibles na biblioteca do IES de Teis.

24/12/16

Por no mencionar al perro

Novela de 1999 de Connie Willis, (Denver, Colorado, EEUU, 1945), gañadora dos premios Hugo e Locus.

Como xa fixera en El día del juicio final, os historiadores da Universidade de Oxford realizan viaxes no tempo. Nesta novela, o tempo actual sitúase en 2057, as viaxes ao pasado son, fundamentalmente a 1889 e a 1940, cunha breve incursión ao século XIV. A trama principal xira en relación á destrucción dunha catedral en Inglaterra polo bombardeo da aviación nazi en 1940 e os intentos de reconstrucciónda mesma na actualidade.  As contínuas viaxes dos historiadores ao pasado xeneran pequenos cambios que a autora denomina incongruencias (paradoxas do tempo) que teñen que ser reparadas para evitar o perigo de que a historia mude gravemente e, por exemplo, os alemáns gañen a Segunda Guerra Mundial. Unha das chaves desta incongruencia atópase na época victoriana. Por eso, os historiadores teñen que viaxar a 1889. Vemos unha descripción de dita época, da sociedade de entón, ríxida, clasista, excéntrica, chea de tabús e prohibicións, pero divertidísima cando se observa desde fora.

Escrita con moito sentido do humor, parece unha comedia de enredo con equívocos e situacións hilarantes e diálogos absurdamente xeniais.

A autora fai continuas alusións a clásicos da literatura, comezando polo título que fai referencia a un relato de Jerome K. Jerome, Tres hombres en una barca, de 1889 que levaba como subtítulo, precisamente, Por no mencionar al perro.

16/6/12

El libro del día del juicio final

Novela escrita en 1992 por Connie Willis, escritora norteamericana nada en 1945. Gañou os premios Nebula en 1992, Hugo e Locus en 1993.

A mediados do século XXI, as viaxes no tempo, non exentas de perigos e dificultades, con case rutinarias. Os historiadores as usan para estudiar o pasado "en directo". A protagonista, Kivrin, é unha historiadora que é enviada ao século XIV, o século da peste, entre outras cousas. Como é de esperar, algo non vai como estaba previsto. Os científicos actuais de Oxford en 2054 tratan de rescatala, mentres no século XXI a situación complícase. O propio Oxford en 2054 é azotado por unha grave epidemia provocada por certo virus descoñecido.

Kivrin, nun século oscuro, cheo de medos e supersticións e donde a enfermidade é un castigo divino, ten que atopar o mellor de si mesma para superar as dificultades. Entre tanto, no século XXI tamén teñen que loitar con situacións inesperadas. Os seres humanos, en situacións límite desenvolven capacidades que descoñecían ter. A vontade, esforzo e capacidade de sufrimento pode con todas as barreiras.

Novela un tanto longa, pero cun estilo ameno e áxil e unha trama moi ben levada, con doses de intriga que engancha desde a primeira páxina.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...