24/12/16

Por no mencionar al perro

Novela de 1999 de Connie Willis, (Denver, Colorado, EEUU, 1945), gañadora dos premios Hugo e Locus.

Como xa fixera en El día del juicio final, os historiadores da Universidade de Oxford realizan viaxes no tempo. Nesta novela, o tempo actual sitúase en 2057, as viaxes ao pasado son, fundamentalmente a 1889 e a 1940, cunha breve incursión ao século XIV. A trama principal xira en relación á destrucción dunha catedral en Inglaterra polo bombardeo da aviación nazi en 1940 e os intentos de reconstrucciónda mesma na actualidade.  As contínuas viaxes dos historiadores ao pasado xeneran pequenos cambios que a autora denomina incongruencias (paradoxas do tempo) que teñen que ser reparadas para evitar o perigo de que a historia mude gravemente e, por exemplo, os alemáns gañen a Segunda Guerra Mundial. Unha das chaves desta incongruencia atópase na época victoriana. Por eso, os historiadores teñen que viaxar a 1889. Vemos unha descripción de dita época, da sociedade de entón, ríxida, clasista, excéntrica, chea de tabús e prohibicións, pero divertidísima cando se observa desde fora.

Escrita con moito sentido do humor, parece unha comedia de enredo con equívocos e situacións hilarantes e diálogos absurdamente xeniais.

A autora fai continuas alusións a clásicos da literatura, comezando polo título que fai referencia a un relato de Jerome K. Jerome, Tres hombres en una barca, de 1889 que levaba como subtítulo, precisamente, Por no mencionar al perro.

1/12/16

Las pseudociencias ¡vaya timo!

Obra de Mario Bunge (Buenos Aires, 1919), físico e fílosofo da ciencia nacido na Arxentina pero que desde a década de 1960 traballou na Alemaña, logo nos Estados Unidos de América e, finalmente, en Canadá. Premio Príncipe de Asturias de Humanidades en 1982. É membro da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia que promove e defende, entre outras cousaa, a educación cientíca. É un dos filósofos da ciencia máis coñecidos e recoñecidos do mundo.

Esta obra foi publicada por primeira vez dentro da colección ¡Vaya timo! en 2010 e, posteriormente, conxuntamente na dita colección e na Biblioteca Bunge en 2014.

O libro reune varios artigos publicados orixinalmente en outros medios como a revista estadounidense Skeptical Inquirer, do Comité para a Investigación Escéptica dos EEUU. Ademais inclúe un artigo novo.

Ao longo dos diversos artigos, Bunge defiende cales deben ser os rasgos que caracterizan as auténticas disciplinas científicas das que non o son. Establece os criterios de cientificidade. Cómpre dicir que outros filósofos da ciencia discrepan de Bunge.

Aquelas áreas de coñecemento que cumplen os criterios son ciencias. As que non os cumplen son disciplinas no científicas (por exemplo, a crítica literaria). Aquelas disciplinas que non sendo científicas pretender serlo, son pseudociencias ou falsas ciencias. Estas son as perigosas según Bunge pois adoitan incluir fraude ou engano. É o caso da homeopatía ou da astroloxía, pero tamén do psicoanálise.

Por encima de todo, Bunge anima ao lector a ter espíritu crítico e non deixarse enganar.

Disponible na biblioteca do IES de Teis

19/10/16

Marte azul

Última novela da triloxía marciana do autor Kim Stanley Robinson (EEUU, 1952). Publicada en 1996, gañou os premios Hugo e Locus de 1997.
É continuación de Marte verde. A terraformación de Marte progresa. Os seres humanos pronto conseguiran sobrevivir na superficie marciana sen traxes espaciais nin cascos. A atmosfera acada unha presión suficiente (arredor dos 500 hPa) cun contido de osíxeno axeitado e a temperatura media supera na meirande parte do planeta e na meirande parte do tempo os cero grados (273 K). Recordade de que partimos dunha presión inicial duns 10 hPa e unha temperatura media duns 225 K (-48 ºC). So os lugares de gran altitude (no alto dos grandes volcáns) quedan fora da terraformación.

Despois da revolución con que se pecha Marte verde, os marcianos elixen os seus propios órganos de goberno o que leva a novas crisis coa terra. A superpoboación desta supón unha persión migratoria que Marte non pode absorber. Na terra rematou o dominio das metanacionais, un novo sistema de poder, aínda confuso está a emerxer.

Aínda sobreviven varios dos primeiros cen grazas ao tratamento de lonxevidade. Acadan máis de douscentos anos de idade. Na época desenvóvlese a enerxía de pulsofusión, que permite reducir as viaxes no sistema solar a poucos días e, por tanto, colonizar moitos planetas e satélites rochosos. Esto conleva novas loitas polo poder e os recursos naturais de cada mundo. O de sempre...

7/9/16

Náufragos (Stranded)

Novela de ciencia ficción española publicada en 2001 polos autores Juan Miguel Aguilera e Eduardo Vaquerizo. Pódese considerar dentro do subxénero de ciencia ficción dura, pero non extremadamente dura.

A trama narra a historia da primeira viaxe a Marte. Comeza presentando os astronautas que van ser seleccionados para esta viaxe, o que axuda a ter unha visión deles non como superhomes ou supermulleres senón como personaxes do mundo real coas súas virtudes e defectos. Particularmente, destaca o xenial enxeñeiro Luca Baggioni, tan brillante como inútil socialmente.
Todo vai ben ata o momento do amartizaxe. Un accidente coloca aos astronautas ante decisións límite se queren sobrevivir.
Desde o punto de vista científico está ben coidada. Por exemplo, para xenerar gravedade artificial na Ares e evitar os efectos nocivos da ingravidez, utilizan módulos xiratorios. Para a viaxe toman a órtbita de transferencia de Hohman, etc. Non obstante, permítense certas licenzas, algunhas moi fantasiosas, esixidas polo guión, sobre todo ao final.
Os autores contaron co astronauta español Pedro Duque como asesor científico e técnico.

Foi levada ao cine no mesmo ano 2001. De feito, a novela deriva do guión e non ao revés.
Aquí tes o trailer da película:

22/7/16

El restaurante del fin del mundo

Segunda novela da serie da Guia do autoestopista galáctico, triloxía en cinco volumes de Douglas Adams, basada nunha serie humorística de radio.

Segue a catarata de situacións inverosímiles e, pretendidamente, hilarantes. Os protagonistas enfrontan unha teteira automática. Mentras o ordenador central da nave atende a teteira, non pode atender á súa defensa e son capturados.
Un planeta é condeado porque os seus habitantes teñen mais zapaterías da conta.
Outra nave espacial que leva novecientos años esperando a arrincar, etc.
En canto ao restaurante que da título á novela está situado no fin DO TEMPO DO UNIVERSO. Os seus clientes son transportados ata o preciso instante en que termina o universo para observar ese, suponse, grandioso espectáculo.

Outro planeta elabora un plan para desfacerse dos seus habitantes mais inuteis: peluqueiros e executivos de grao medio, enviandoos ao espacio exterior. Estes resultan ser ao final os primeiros poboadores do planeta Terra.
Enerxía de improbabilidade infinita, campo do problema de outro, etc.

Humor inglés e situacións disparatadas, de novo.

23/6/16

Contacto

Contacto é a única novela publicada polo astrofísico e divulgador científico Carl Sagan (Estados Unidos, 1934-1996). A gran popularidade de Carl Sagan débese, sobre todo, á serie de divulgación para televisión dos anos oitenta do século XX, Cosmos: unha viaxe persoal. Pero, ademais, Sagan acadou un gran prestixio como astrónomo e astrofísico e foi asesor da NASA nos programas Apolo, Mariner, Pioneer e Voyager. Tamén foi coñecido como un defensor e practicante do pensamento escéptico e como científico agnóstico. Seguindo a Einstein, pensaba que o único dios posible é a suma das leis físicas que conforman e gobernan o universo. É difícil rezarlle á lei da gravidade, dicía.

Un dos campos científicos nos que destacou foi o chamado exobioloxía, ou procura de vida intelixente extraterrestre. Impulsou o proxecto SETI, (Search for ExtraTerrestrial Intelligence).

A novela, precisamente, plantexa que os radiotelescopios do proxecto SETI detectan finalmente un sinal procendente dun mundo exterior, claramente producido por unha intelixencia extraterrestre. A evidencia de que se trata dunha mensaxe alieníxena é a presencia dos números primos na sinal. So un ser intelixente, e non un mero fenómeno natural pode producir esto. A mensaxe está escrita na única lingüaxe común a toda intelixencia concebible: as matemáticas. Unha vez descifrada a mensaxe, esta permite a construcción dun vehículo no que se pode viaxar para efectuar o contacto cos estraterrestres.

A recepción da mensaxe e a construcción da máquina afectan, por unha banda ás relación entre as potencias económicas e militares todavía no final da chamada guerra fría (EEUU, a URSS, Xapón, Europa occidental,...). Por outra banda, desenvólvese un conflicto relixioso presente en todo o libro e no que Sagan aproveita para enfrontar o escepticismo científico á credulidade da fe.

En 1997, despois da morte de Sagan,  foi adaptada ao cine, dirixida por Robert Zemeckis (Regreso ao futuro, Forrest Gump,...) e protagonizada por Jodie Foster (Taxi Driver, O silencio dos cordeiros,...), con lixeiras variacións sobre a novela




22/4/16

El secreto de Prometeo y otras historias sobre la tabla periódica de los elementos

Nesta obra de divulgación científica de Alejandro Navarro Yáñez, (Madrid, 1961), preséntanse os elementos da táboa periódica agrupados por familias, case sempre coincidentes cos grupos, e as historias que deron lugar a o seu descubrimento, caracterización e utilización.

Non se trata dunha mera exposición dos feitos senón que o autor é quen de narrar historias amenas e fascinantes sobre os elementos e sobre os científicos que os descubriron ou  que traballaron con eles. Intrigas, traizóns, enganos, graves erros que afectaron á saúde...
O descubrimento das gases nobles, os usos imprudentes do mercurio. A antiga pretensión de convertir chumbo en ouro, as aprlicacións do fósforo...

Ademais non é necesario ter unha formación científica importante para disfrutar da lectura do libro.

Consulta aquí o significado do mito de Prometeo.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...