22/7/12

Fundación e Imperio

Segunda entrega, publicada en 1952, do Ciclo de Trántor ou Triloxía das Fundacións (Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación) de Asimov. Esta triloxía foi galardonada co Premio Hugo a mellor serie de ciencia ficción de todos os tempos en 1966. 
A novela ten dúas partes publicadas independentemente en 1945 na revista de ciencia ficción Astounding: O xeneral e O Mulo. Esta segunda parte recibiu en 1996 o premio Hugo correspondente a 1946 de xeito retrospectivo.

Na primeira parte (O xeneral), o Imperio tenta destruir á Fundación enviando ao seu mellor xeneral. As previsións da psicohistoria de Hari Seldom (véase Fundación)  sofren unha forte proba. A Fundación debe empregarse a fondo para sobrevivir.

Na segunda parte, a ameaza para a Fundación ven dun mutante (O Mulo) contra o que as matemáticas da psicohistoria fallan porque so podían prever comportamentos de grandes masas de individuos, non de individuos concretos cando estes son excepcionais. Ademais, a propia Fundación está a caer en vicios propios do Imperio: o despotismo, a falta de iniciativa, decaimento da investigación científica, ... Ideas frecuentes nas obras de Asimov.

Nesta novela, a ciencia parece que pasa a un segundo plano en beneficio da trama. Temos viaxes espaciais polo hiperespazo, desintegradores atómicos, campos protectores e pouco máis. O fundamental é a tensión xenerada entre os diferentes personaxes.

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis.

10/7/12

Estrella doble

Estrella doble é unha novela escrita por Robert A. Heinlein en 1956, premio Hugo no mesmo ano.

O autor, estadounidense (1907-1988), é considerado un dos grandes mestres do xénero na idade de oro da ciencia ficción -anos 40 e 50 do pasado século- xunto con Isaac Asimov e Arthur C. Clarke. Coma eles, adoita ser o máis riguroso posible coa base científica das súas novelas, procurando o máximo de verosimilitude.

Estrella doble narra unha historia sinxela na que un actor en horas baixas vese implicado nunha trama de intriga política de gran altura. A intriga atrapa nada menos que ao Ministro Supremo do Imperio Galáctico. Dito Imperio está gobernado polos humanos estendidos por todo o sistema solar. Os marcianos e os venusianos nativos son colaboradores amistosos pero non exactamente súbditos. Existe un risco de enfrentamento cos marcianos e, ao tempo, unhas eleccións xerais se acercan. O actor é o único que pode salvar a situación.

A novela invita a reflexionar sobre a propia naturaleza da nosa personalidade, que somos e como somos. Ata que punto estamos representando un papel asignado por outros. Tamén é un alegato antiracista e antibelicista.

Existe unha versión libre en internet aquí.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...