Nun futuro remoto (ano 12000, aproximadamente) a humanidade está estendida por toda a Galaxia nun único imperio gobernado desde o planeta de Trántor, situado nas cercanías do centro da Galaxia. Dito imperio está en decadencia entre outras cousas, polo abandono da investigación científica e o conformismo coa prosperidade e o benestar xeral.
Hari Seldom é un psicohistoriador. Esta disciplina científica analisa a evolución histórica mediante modelos matemáticos baseados na teoría cinética e a termodinámica estadística. Atopa que o imperio cairá e, a continuación, haberá un período de caos e guerras que durará trinta mil anos. Segundo o seu análise, a creación dunha Fundación nun planeta afastado do centro, na periferia da Galaxia, podería reducir ese período de caos a só mil anos...
É salientable como Asimov (que gozaba dunha sólida formación científica) sortea en dúas palabras o engorroso inconvinte para as viaxes por toda a Galaxia das grandes distancias, a limitación da velocidade máxima (a da luz) e os efectos relativistas, atopando un auténtico atallo a través dun confuso hiperespacio no que se poden dar saltos que te sitúan en calquera punto da Galaxia de xeito instantáneo. En fin, esixencias do guión.
Aquí tes unha interesante entrevista feita a Asimov en 1988 na que conta as súas ideas sobre o futuro do ensino:
Dispoñible na biblioteca do IES de Teis