18/9/17

La acupuntura ¡vaya timo!

O autor deste libro é o mesmo que o de La homeopatía ¡vaya timo!, Victor-Javier Sanz, médico cardiólogo que foi vicepresidente de SAPC (Sociedade para o Avance do Pensamento Crítico), sociedade que edita esta colección (¡Vaya timo!) en colaboración coa editorial Laetoli. 

O autor trata de demostrar que a acupuntura é unha falsa ciencia ou pseudociencia pura e dura ao mesmo nivel que o tarot, a astroloxía ou a homeopatía. Explícanos como a acupuntura forma parte inseparable da chamada Medicina Tradicional Chinesa (MTC) coas súas vaguedades, metáforas, influencias máxicas, o yin e o yang, os meridianos, a enerxía positiva, órganos que fan funcións diferentes das comprobadas e mesmo inexistentes como o triple calentador... É absolutamente incompatible coa ciencia e, por tanto, coa medicina científica. 

A propósito deste libro, dí Mario Bunge:

"Felicitaciones por tener el valor de proponer la prohibición de la acupuntura. Lo acusarán de intolerancia, como si no se tuviese el deber de ser intolerante con la estafa, la agresión, y demás males.
...
Gracias por intentar abrir los ojos de algunos encandilados por la pseudociencia."

Unha das cousas que ao Dr. Sanz lle parecen máis graves é que haxa médicos que propaguen e practiquen estas barbaridades: A acupuntura pasou de ser un conto chinés a unha mentira occidental. E, resume: a acupuntura é falsa, ineficaz e perigosa.

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...