29/10/09

2001: Una odisea espacial


Esta é unha das novelas máis populares de ciencia ficción, e, ao tempo, unha das mellores e máis afamadas películas deste xénero, dirixida por Stanley Kubrick, o mesmo director de "Sendeiros de gloria", "Espartaco", "Lolita", "A naranxa mecánica", "A chaqueta metálica" e "Eyes wide shut", entre outras.
A novela foi escrita por Arthur Clarke en 1968, simultáneamente á elaboración do guión da película. Ambas están baseadas nun relato curto anterior do propio Clarke: "O Centinela".
A novela comeza en África hai dous millóns de anos donde os homínidos loitan por unha difícil superviviencia. Entón aparece un monolito (transparente na novela, negro na película) que parece inducir cambios no comportamento e, mesmo, na intelixencia dun grupo de homínidos.
A segunda parte narra o descubrimento dun segundo monolito (negro esta vez tanto na novela como na película) enterrado na lúa. Esta parte sitúase no futuro respecto a data de publicación da novela, pois sucede en 1999.
Nunha terceira parte, situada en 2001, unha nave é enviada a Saturno (Xúpiter na película) donde parece suceder algo extrano. A bordo da nave viaxa a tripulación e o extraordinario supercomputador HAL 9000. É o computador máis atormentado da historia da literatura de ciencia ficción. Ás súas contradiccións internas desatan a crise central da novela.
A película ten unha parte final moi "psicodélica" propia da época (finais dos anos sesenta) que, afortunadamente, non é así na novela.
A obra invita a reflexionar sobre a intelixencia humana e a intelixencia artificial, a orixe da superioridade da especie humana, o futuro da especie, a existencia dun ser ou ente superior (ou varios), o uso que a humanidade deulle á intelixencia,...
Como xa teño comentado, o estilo de Clarke é, por así dicir, tranquilo, as cousas suceden a modo. Aínda así, o lector queda atrapado pola historia e polas reflexións que producen. Por outra banda, o aspecto científico é moi cuidado. Lembrade que Clarke posuía unha sólida formación. Afortunadamente Kubrick decidíu respetar esto. A película é unha ilustración impagable dos tres principios da dinámica, xa sabedes: se non me tocan quédome como estou; se me tocan acelérome; quen o fai o paga.
Disponible na biblioteca do IES de Teis.
Aquí tedes o trailer da película

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...