Novela de Arthur C.Clarke publicada en 1953 e modificada en 1990 para rectificar certos anacronismos.
Unha raza alieníxena superior técnica e intelectualmente, chamada polos humanos os superseñores, invade a terra. Grandes naves sitúanse sobre as principais cidades da terra. (Esto fai recordar algunhas películas modernas, non si?). A invasión é pacífica. Os superseñores non desexan derrotar nen exterminar a civilización nen a raza humana. O que pretenden é tutelar aos seres humanos para acadar o seu próximo nivel evolutivo. Inicialmente, os superseñores so se relacionan cun representante da humanidade e non se deixan ver. Esto seguirá asi ata que os humanos estean preparados. A partir de este momento, as cousas precipítanse.
Como noutras novelas de Clarke, pódese apreciar na novela o tema do enfrontamento entre as creenzas e supersticións (mesmo a relixión, en certo sentido) e a ciencia ou a racionalidade. Todo esto ao peculiar estilo deste autor con moito ser superior e moita capacidade psi.
Mostrando entradas con la etiqueta Clarke. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Clarke. Mostrar todas las entradas
22/6/15
17/12/12
Fuentes del paraíso
Novela de Arthur C. Clarke, publicada en 1979 e gañadora dos premios Hugo e Nébula.
O núcleo desta novela é a creación dun ascensor espacial desde o chan ata uns 40.000 km de altura aproveitando a órbita geoestacionaria, concepto que el mesmo axudou a popularizar nos anos cuarenta do século XX.
Vannevar Morgan é un enxeñeiro famoso por ter levado adiante varios proxectos moi ambiciosos con éxito, entre eles unha ponte sobre o estreito de Xibraltar. O seu seguinte intento é un ascensor espacial que permita transportar cargas e persoas a coste reducido ata unha altura na que fose máis doado enviar naves ao espacio. O problema é que o emplazamento ideal atópase nos terreos sagrados dun monasterio budista na isla de Sri Lanka. (Nesta isla pasou Clarke os últimos 50 anos da súa vida). Esto da lugar ao conflito entre relixión e ciencia, entre tradición e progreso, entre pasado, presente e futuro. Ademáis, nunha trama paralela, establécese contacto cunha civilización alieníxena intelixente que pon a proba o concepto dun ente superior e creador.
O obra está escrita co habitual interés de Clarke por cuidar os aspectos científicos e resultar verosímil. A descrición técnica do ascensor e os problemas que plantexa están moi ben desenvolvidos.

26/12/11
Cuentos de la taberna del Ciervo Blanco
Este volume inclúe narracións curtas escritas por Arthur C. Clarke entre 1953 e 1956, e publicadas en 1957.
As historias son narradas na tertulia de escritores e científicos que se reune nun pub londinense, case todas por Harry Purvis, enigmático e ocorrente científico, cheo de sorpresas. A maior parte delas son moi inverosímiles pero contadas de xeito convincente. Non están situadas no futuro, senon no presente, pero supoñen unha atevida extrapolación das posibilidades científicas e tecnolóxicas da época. Aínda que os detalles científicos non están moi desenvolvidos, sempre parten, como é habitual en Clarke, dun fondo real. Máquinas que fabrican silencio, barcos que aran o mar, termitas que fabrican instrumentos, plantas carnívoras miedosas, etc.

1/10/11
Cita con Rama
Escrita en 1972 por Arthur C. Clarke. Foi galardoada cos premios Nebula de 1973, Hugo de 1974 -ámbolos dous son os máis prestixiosos da Literatura de Ciencia Ficción- e Locus de 1974.
No século XXII descúbrese un presunto asteroide cunha traxectoria que o aproximará moito á terra e ao sol. bautízase como Rama. Unha nave achégase a Rama e descubre que non é un asteroide senon un inmenso vehículo interestelar de forma cilíndrica e vertixinosa rotación. Trátase, por tanto, do primeiro contacto cunha civilización alieníxena.
Rama resulta ser unha caixa de sorpresas. Moitos dos enigmas de Rama non son desvelados nesta novela e compre esperar ás continuacións para resolvelas: Rama II (1989), El jardín de Rama (1991), Rama revelada (1993). Non obstante, as condicións dinámicas de Rama e o seu interior, a gravidade artificial, o comportamento dos fluídos, etc, están moi ben tratadas como é habitual en Clarke. De feito, esta novela considérase o paradigma da chamada Ciencia ficción dura, aquela na que os aspectos científicos están especialmente ben cuidados.
Hai un antiguo proxecto de adaptar ao cine esta novela, pero aínda non fructificou.
Dispoñible na biblioteca do IES de Teis

5/6/10
Claro de Tierra

Está ambientada no século XXII. Os seres humanos colonizaron a Lúa, Mercurio, Venus, Marte e algúns satélites de Xupiter e Saturno. Estas colonias, excepto a Lúa, declaráronse repúblicas independentes e agrupáronse nunha Federación. A Lúa todavía pertence á Terra.
Intereses económicos, especialmente de obtención de metais nas minas da Lúa, levan a unha crise entre a Terra e a Federación, a piques de declarárense a guerra. Polo medio temos unha historia de espías. É clara a influencia da experiencia do autor na Segunda Guerra Mundial (1939-1945).
Como sempre en Clarke, os aspectos científicos están moi ben tratados. Os efectos visuais e sonoros (ou a falta de efectos sonoros) na Lúa e no espacio, a influencia da diferente gravedade no organismo, a observación astronómica en ausencia de atmósfera, os problemas para a supervivencia humana na Lúa, etc., están explicados ou anticipados con rigor.
Pero, ademáis, está o problema da lealdade. Debe un ser humano ser leal á súa patria ou á súa especie? Esta é a cuestión.
Disponible na biblioteca do IES de Teis.
29/10/09
2001: Una odisea espacial

Esta é unha das novelas máis populares de ciencia ficción, e, ao tempo, unha das mellores e máis afamadas películas deste xénero, dirixida por Stanley Kubrick, o mesmo director de "Sendeiros de gloria", "Espartaco", "Lolita", "A naranxa mecánica", "A chaqueta metálica" e "Eyes wide shut", entre outras.
A novela foi escrita por Arthur Clarke en 1968, simultáneamente á elaboración do guión da película. Ambas están baseadas nun relato curto anterior do propio Clarke: "O Centinela".
A novela comeza en África hai dous millóns de anos donde os homínidos loitan por unha difícil superviviencia. Entón aparece un monolito (transparente na novela, negro na película) que parece inducir cambios no comportamento e, mesmo, na intelixencia dun grupo de homínidos.
A segunda parte narra o descubrimento dun segundo monolito (negro esta vez tanto na novela como na película) enterrado na lúa. Esta parte sitúase no futuro respecto a data de publicación da novela, pois sucede en 1999.
Nunha terceira parte, situada en 2001, unha nave é enviada a Saturno (Xúpiter na película) donde parece suceder algo extrano. A bordo da nave viaxa a tripulación e o extraordinario supercomputador HAL 9000. É o computador máis atormentado da historia da literatura de ciencia ficción. Ás súas contradiccións internas desatan a crise central da novela.
A película ten unha parte final moi "psicodélica" propia da época (finais dos anos sesenta) que, afortunadamente, non é así na novela.
A obra invita a reflexionar sobre a intelixencia humana e a intelixencia artificial, a orixe da superioridade da especie humana, o futuro da especie, a existencia dun ser ou ente superior (ou varios), o uso que a humanidade deulle á intelixencia,...
Como xa teño comentado, o estilo de Clarke é, por así dicir, tranquilo, as cousas suceden a modo. Aínda así, o lector queda atrapado pola historia e polas reflexións que producen. Por outra banda, o aspecto científico é moi cuidado. Lembrade que Clarke posuía unha sólida formación. Afortunadamente Kubrick decidíu respetar esto. A película é unha ilustración impagable dos tres principios da dinámica, xa sabedes: se non me tocan quédome como estou; se me tocan acelérome; quen o fai o paga.
Disponible na biblioteca do IES de Teis.
Aquí tedes o trailer da película
30/8/09
El viento del sol

O vento do sol é un conxunto de relatos breves escritos por Arthur C. Clarke entre 1961 e 1971.
Arthur Charles Clarke naceu en 1917 en Inglaterra. En 1956 trasladouse á illa de Sri Lanka (Ceilán) onde faleceu en 2008.
Tivo unha sólida formación científica: estudou matemáticas e física en Londres, especializándose en astronáutica. Unha publicación científica súa, dos anos 40, senta as bases para a colocación de satélites artificiais en órbita xeoestacionaria. Dita órbita chámase Órbita Clarke. Como novelista de ciencia ficción, a súa novela máis célebre é 2001: Unha odisea espacial. Tamén é coñecida a afirmación chamada "Terceira lei de Clarke": Toda tecnoloxía suficientemente avanzada é indistinguible da maxia".
A década dos anos sesenta do século XX foi moi fructífera en avances científicos, sobre todo en física e química básicas e aplicadas. É a década das viaxes espaciais. Arthur Clarke ás veces inspirase en recentes descubrimentos e ás veces os anticipa.
Algúns destes relatos son os seguintes:
"O alimento dos deuses", o problema da alimentación no futuro, serve para prantexar os límites éticos á innovación científica, con un certo tono de humor británico.
"O vento do sol", que da título a todo o libro, narra unha regata (ao mesmo tempo frenética e maxestuosa) de naves que aproveitan este "vento" descrito na década anterior a partir da observación das colas dos cometas.
"O Segredo" narra como os científicos tratan de manter en segredo certo descubrimento crucial.
"A última orde" propón o final da guerra fría entre os Estados Unidos de América e a Unión Soviética, que entón estaba nunha fase máis ben "quente" coa carreira espacial entre ámbalas dúas potencias. Neste relato declarouse unha guerra nuclear...
O estilo narrativo de Clarke é "tranquilo" por así dicir. Se un imaxina os relatos en imaxes, temos unha película na que pasan moitas cousas pero non hai os típicos golpes de efecto acompañados de ruídos (¡tachán!), senón que a narración evoluciona seguindo unha secuencia de acontecementos.
Clarke, como outros autores de ciencia ficción, foi moi agudo predecindo posibilidades científicas e desenvolvemento tecnolóxico, pero non tanto en outras cuestións máis "sociais":
No primeiro relato, o protagonista fala diante do Congreso de algún estado no futuro. Todos os congresistas son ... homes. Non hai nin rastro de nada parecido a Internet, salvo en certo sentido limitado en "Marque F de Frankenstein". Pero, de tódolos xeitos, son relatos moi entretidos.
¡Ollo!, na edición que teño eu, cométense algúns erros de traducción: cada vez que di "billón", quere dicir "mil millóns". Xa sabedes que o termo "billion" en inglés non equivale ao noso billón.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)