25/4/12

Ender en el exilio

Novela da saga de Ender escrita por Orson Scott Card en 2008, por tanto, é a última, até agora, da saga. Sin embargo, a acción sitúase entre a primeira (El juego de Ender, 1985, xa comentada) e a segunda (La voz de los muertos, 1986). Card explica nesta novela as obsesións de Ender despois de derrotar aos insectores na primeira e as chaves que se desenvolverán nas seguintes.

Tras a súa victoria, Ender marcha a un planeta colonizado por humanos para ser o gobernador. Alí axudará a consolidar e desenvolver a colonia e, sobre todo, atopará parte das respostas ás preguntas que se facía sobre o comportamento dos seus inimigos na guerra da primeira novela. Tamén axudará a cortar un intento de revolta noutro planeta.

Se na novela de 1985, Card anticipaba o uso das redes socias e as comunicacións por internet, nesta estas comunicacións teñen gran protagonismo. Para salvar o inconvinte da limitación da velocidade da luz cando se trata das comunicacións entre planetas distantes, Card crea (xa o creara en El juego de Ender) o ansible, milagroso invento, baseado nas características dos insectores (os derrotados na guerra) que permiten a comunicación instantánea.
Asimesmo, facendo gala da súa formación científica, Card ten en conta os efectos relativistas nas viaxes interestelares. Estas viaxes duran, por exemplo, dous anos para os que van a bordo da nave, e cuarenta para os que permanecen na terra ou no planeta de destino. A nave viaxa a velocidade cercana á da luz grazas a un motor de campo nuclear forte, derivado tamén de tecnoloxía insectora. Eso sí, Card atopa planetas verdadeiramente cercanos entre sí que permiten un desenvolvemento axeitado da trama.

En todo caso, novela escrita con impecable e ameno estilo. O lector vese atrapado pola trama e quedan gañas de continuar con toda a saga.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...