Esta novela é un recente éxito editorial e, a película baseada nela, tamén, un éxito de público. Foi publicada polo seu autor Andy Weir (California, EEUU, 1972) inicialmente no seu blogue personal en 2011, despois en Amazon e, en 2014, publicada en papel nos EEUU e, tamén, en España.
A trama conta o esforzo por sobrevivir dun astronauta abandonado por accidente en Marte polos seus compañeiros. Para conseguilo debe poñer en práctica todos os seus coñecementos e habilidades nos campos científicos da botánica (no que é especialista), da física e da química, ademais das virtudes propias do enxeñeiro (que tamén é). Enfrontado a unha situación límite, nun entorno caseque imposible para a vida, a única axuda posible ven da ciencia. Todo esto con grandes doses de humor (as veces, humor negro) e espiritu positivo.
Trátase dunha obra do subxénero da ciencia ficción dura. Os aspectos científicos están tratados con moita corrección. O autor ten moito interés en respectar, ata donde é posible, a verosimilitude do que conta, aínda que as veces todo parece moi extremo. E, ademais, a ciencia non está de adorno, senón que é moi relevante para o desenvolvemento dos feitos relatados. Por outra banda, a acción está moi ben levada, a narración ten un excelente ritmo e déixase ler con gusto e facilidade. O autor capta a atención e o leitor vese atrapado pola intriga do que vai pasar. Neste aspecto recorda a Jules Verne, Isaac Asimov e Arthur C. Clarke e, por tanto ten todas as papeletas para converterse nun clásico.
Foi levada ao cine en 2015 por Ridley Scott, o director de, entre outras, dúas películas de referencia do xénero: Alien, o oitavo pasaxeiro (1979) e Blade Runner (1982).
Aquí tes o trailer oficial:
Dispoñible na biblioteca do IES de Teis