Novela de Ray Bradbury do que xa comentamos Crónicas marcianas. Fahrenheit 451 é unha novela distópica (como 1984 ou Un mundo Feliz) publicada en 1953. Foi galardonada en 2004 co premio Hugo de 1954, de xeito retrospectivo.
451 grados Fahrenheit é a temperatura á que se inflama o papel (uns 233 ºC).
O protagonista, Montag, é un bombeiro. O seu traballo non é apagar lumes, senon queimar libros pois están prohibidos. Na sociedade que presenta esta obra suponse que os libros producen infelicidade. Os libros fan pensar e iso non é bo. A felicidade ven da televisión. Nunha vivenda media pode haber tres ou catro aparellos de televisión, cada un deles ocupa unha parede completa.
Montag comeza a ter dúvidas e facerse preguntas respecto ao seu traballo e os libros, e convértese nun proscrito, perseguido pola sociedade. Xa naquela época, Bradbury foi quen de ver os perigos da chamada "caixa tonta".
Foi levada ao cine en 1966 por François Truffaut:
Disponible na biblioteca do IES de Teis en galego e en castelán