7/9/16

Náufragos (Stranded)

Novela de ciencia ficción española publicada en 2001 polos autores Juan Miguel Aguilera e Eduardo Vaquerizo. Pódese considerar dentro do subxénero de ciencia ficción dura, pero non extremadamente dura.

A trama narra a historia da primeira viaxe a Marte. Comeza presentando os astronautas que van ser seleccionados para esta viaxe, o que axuda a ter unha visión deles non como superhomes ou supermulleres senón como personaxes do mundo real coas súas virtudes e defectos. Particularmente, destaca o xenial enxeñeiro Luca Baggioni, tan brillante como inútil socialmente.
Todo vai ben ata o momento do amartizaxe. Un accidente coloca aos astronautas ante decisións límite se queren sobrevivir.
Desde o punto de vista científico está ben coidada. Por exemplo, para xenerar gravedade artificial na Ares e evitar os efectos nocivos da ingravidez, utilizan módulos xiratorios. Para a viaxe toman a órtbita de transferencia de Hohman, etc. Non obstante, permítense certas licenzas, algunhas moi fantasiosas, esixidas polo guión, sobre todo ao final.
Os autores contaron co astronauta español Pedro Duque como asesor científico e técnico.

Foi levada ao cine no mesmo ano 2001. De feito, a novela deriva do guión e non ao revés.
Aquí tes o trailer da película:

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...