Novela de Alfred Bester (EEUU, 1913-1987), publicada por primeira vez en 1955. Está considerada como unha das precursoras do subxénero cyberpunk. Trátase dunha variedade de novelas ce ciencia ficción caracterizada por un futuro dominado por grandes corporacións económicas e comerciais, gran nivel de tecnificación e nas que o protagonista adoita ser un antiheroe.
Estamos no século XXV. Hai cen anos que a humanidade descubriu o teletransporte, a posibilidade de transportarse dun lugar a outro a un mesmo polo poder da mente. Este fenómeno denomínase jaunteo, polo apelido da primeira persoa que o puido facer. O jaunteo revolucionou as comunicacións e as relacións sociais. O ser humano habita tres planetas e seis satélites do sistema solar. Unha crise económica provoca un enfrontamento entre os planetas interiores e os satélites exteriores. Neste enfrontamento vese atrapado Gulliver Foyle, un astronauta de terceira de naves de comercio, primitivo, cruel e ávido de vinganza que desenvolve unha gran intelixencia cando se atopa en situacións límite.
Foyle foi abandonado no espacio nunha nave averiada que levaba a bordo un material de poder explosivo varias veces superior ás bombas nucleares. A vinganza de Foyle mistúrase co interese de distintas forzas por recuperar aquel material: compañías da terra, compañías dos satélites, axencias de intelixencia, grandes abogados... Estas son as forzas que dominan o mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario