Novela do autor estadounidense Paolo Bacigalupi (Colorado, 1972) publicada en 2009 e gañadora dos premios Hugo, Nebula e Locus.
Está considerada como unha das máximas representantes do subxénero clima ficción. Trátase dunha variedade do xénero distópico. A trama sitúase nun futuro no que a humanidade sofre as consecuencias negativas do cambio climático: aumento das temperaturas e do nivel do mar, escasez de alimentos e esgotamento dos combustibeis fósiles. Somentes os militares e algunhas persoas ricas e poderosas dispoñen de "diesel de carbón". O mundo está dominado polos fabricantes de calorías e os fabricantes de Joules. Os primeiros deseñan mediante enxeñería xenética vexetais e animais resistentes as novas enfermidades e de alto rendemento para alimentar á poboación. Os segundos buscan sistemas industriais que permitan fabricar máquinas. As fontes de enerxía máis estendidas son a forza muscular das persoas e a dos animais. Temos ordenadores a pedales, ventiladores a manivela. O transporte urbano é en bicilceta. Volven os rickshaws En moitos procesos utilízase a forza dos megodontes, especie de elefantes xenéticamente modificados. O transporte por mar é en barcos de vela, e por aire en dirixibles. Un sistema que parece ter certo éxito é o resorte percutor. Este utilízase en pistolas e rifles, pero tamén en motocicletas e automóveis.
As grandes corporacións fabricantes de calorías ou de joules dominan o mundo. O reino de Tailandia consegue manter a súa independencia destas corporacións gracias, en gran medida, á piratería xenética que lles permite producir os seus propios alimentos resistentes ás plagas, sen depender do exterior. Ademáis,o reino manténse estable e unido grazas á fidelidade da poboación á raíña e ao sentimento budista de resistir nesta vida para mellorar na próxima.
Neste contexto, a chica mecánica, un neoser deseño xenético dos xaponeses, desencadena a grande crise que precipita toda a trama. As faccións políticas do reino e as corporacións extranxeiras tratan de sacar vantaxe da situación...
No hay comentarios:
Publicar un comentario