O autor deste libro, Michio Kaku, é un físico teórico nacido nos Estados Unidos en 1947 de pais xaponeses. Actualmente é profesor e investigador na Universidade de Nova Iorque. Como científico, destaca no estudo das teorías de cordas, segundo as cales as partículas elementais serían estados de vibracións de cordas de máis de catro dimensións (as máis prometedoras, once dimensións), o que permitiría unificar a gravedade coas outras interaccións fundamentais. Tamén goza de gran prestixio como divulgador. Mantén unha moi interesante páxina web.
Nesta obra de 2008, Kaku discute as posibilidades de acadar algunha das tecnoloxías habituais nas novelas e filmes de ciencia ficción: máquinas do tempo, invisibilidade, teletransporte, telequinesia, viaxes a traves do hiperespacio.... Son contínuas as referencias a Star Trek, A guerra das Galaxias, as novelas de Wells, e Asimov, etc.
O Dr. Kaku, clasifica estas tecnoloxías, hoxe inesistentes, en tres categorías. As imposibilidades de clase I corresponden a aquelas que non violan as leis da física e poderían acadarse nun prazo non moi grande, poida que neste msmo século. Entre estas, sorprendentemente, inclúe a invisibilidade, a telepatía, o teletransporte, a chegada de ovnis, e outras, se ben é certo que en versións alonxadas das que amosan as obras de ciencia ficción.
As imposibilidades de clase II corresponden a aquelas tecnoloxías que están no límite mesmo das leis da física e, por tanto, da nosa comprensión do universo. Poderían ser consecuencia da ampliación de eses límites de comprensión nun prazo de tempo moi prolongado, de miles a millóns de anos. Exemplos son as viaxes no tempo e as viaxes a velocidade superior á da luz (coa axuda de buracos negros e de verme).
Por último, as imposibilidades de clase III violan as leis da ciencia e, por tanto, implicarían unha revolución científica. Segundo el mesmo, non hai moitas destas imposibilidades. As máquinas de movemento perpetuo e a adivinación do futuro son desta clase.
Kaku relativiza o concepto de imposible. Conta como algunhas imposibilidades establecidas derivaron en poucos anos en posibilidades cotiás. Por suposto, sen nada que ver con charlatanerías ou maxias. Sinxelamente, axudanos a entender o estado actual da comprensión científica do universo e os seus límites de xeito moi ameno.
Disponible na biblioteca do IES de Teis.
Aquí tes unha participación de Michio Kaku no 'I Congreso de Mentes Brillantes' en Málaga en 2010:
24/3/13
19/2/13
Segunda Fundación
Terceira parte da chamada Triloxía orixinal da Fundación ou Ciclo de Trántor (vid. Fundación) de Isaac Asimov. Como as anteriores, foi publicada primeiro por entregas na revista de CF Astounding Magazine entre os anos 1948 e 1950 e, posteriormente, como novela en 1953, en inglés.
Ao igual que acontece con Fundación e Imperio, esta novela consta de dúas partes: El mulo inica la búsqueda e La búsqueda de la fundación.
Na primeira parte, O mulo, personaxe mutante dotado de habilidades mentais extraordinarias, despois de derrotar á Fundación, inicia a busca da Segunda Fundación prevista no chamado Plan Seldon.
A segunda parte sitúase despois da morte de O mulo, a Fundación renace. O plan Seldon volve estar en marcha e os propios membros da primeira Fundación buscan a Segunda.
A novela presenta, novamente, viaxes espaciais a través do hiperespacio, tecnoloxía bélica de primeiro nivel, pero certo primitivismo en canto as comunicacións e o mundo audiovisual. Posúe elevadas doses de intriga e xiros inesperados na trama que cautivan a atención. O leitor non pode dar nada por suposto pois poucas cousas son o que semellan...
Disponible na biblioteca do IES de Teis e en internet aquí.

4/2/13
La conspiración lunar ¡vaya timo!
¡Vaya timo! é unha colección de libros publicados pola editorial Laetoli en colaboración con ARP-Sociedad para el Avance del Pensamiento Crítico dedicada a desmontar diferentes enganos pseudocientíficos, supercherías e falsos mitos, animando ao lector a ter unha actitude crítica fronte a charlatáns de distinta ralea. Ovnis, creacionismo, homeopatía, abducciones, tarot, meigas e outros son obxecto da súa análise.
Este, adicado á conspiración lunar, está escrito por Eugenio Fernández Aguilar, profesor de Física en Rota (Cádiz). A conspiración lunar é a hipótese segundo a cal as misións da NASA, Apolo 11, 12, 14, 15 16 e 17, (o 13 tivo un problema e deu a volta) nunca chegaron á lúa e todo foi un engano. As imaxes de homes na lúa serían obtidas en estudo na terra ou, sinxelamente, montaxes de copia e pega.
O autor presenta, brevemente, a historia das misións lunares. A continuación expón os argumentos ou hipóteses da conspiración. Finalmente dedícase a desmontar de xeito demoledor, un por un, eses argumentos ou hipóteses, baseándose na física elemental ou nas evidencias históricas. Os argumentos científicos son claros e contundentes, intelixibles por calquera estudante da ESO.
Neste programa da ETB (televisón pública vasca) podes ver algúns dos mesmos argumentos:
Respecto ao problema das sombras no programa da ETB non se da unha explicación consistente (min 19). A explicación correcta é a que se desenvolve no libro.
Aquí tes un documental realizado pola televisión francesa para a cadena europea ARTE, no que as persoas implicadas parecen confirmar a conspiración lunar. Cómpre agardar até o final para atopar a explicación. O documental foi emitido o día dos inocentes de 2004.
É curioso como este documental, privado do seu final que explica todo, circulou en youtube como proba da famosa conspiración.
Disponible na biblioteca do IES de Teis

27/1/13
Serendipia
Esta obra do profesor Royston M. Roberts (EEUU, 1918-1996) leva o subtítulo Descubrimientos accidentales en la ciencia, o que nos da a pista do contido do mesmo.
O termo serendipia provén do inglés serendipity. Neste idioma, esta palabra é, tamén, un neoloxismo. Parece ser que fai referencia a certo conto tradicional no que os Principes deSerendip resolvían os problemas do seu reino con grandes doses de casualidade, accidente ou fortuna.
Trasladado á ciencia, refírese a aqueles descubrimentos, invencións ou avances científicos nos que o accidente ou a casualidade (algo inesperado) tivo unha gran influencia.
O profesor Roberts distingue entre serendipia propiamente dita, e pseudoserendipia.
Esta última consiste nun golpe de fortuna que se produce no curso dunha investigación planificada co obxectivo de atopar algo,de tal xeito que o accidente acelera ou facilita ou permite conseguir o fin proposto. A serendipia propiamente dita dase en circunstancias alleas a unha investigación, ou ben cando se esta a investigar outra cousa.
En todo caso, sostén Roberts, so unha mente curiosa e desperta foi capaz de decatarse das posibilidades que abrían os feitos inesperados. Pasteur, el mesmo agraciado pola serendipia, dicía: "Nos campos da observación , a casualidade favorece so as mentes preparadas". Einstein declaraba ter sido favorecido a miudo pola boa fortuna. Newton tamén.
Entre os casos relatados por Roberts, atopamos os famosos de Arquímedes e o da mazá de Newton. As vacinas, o descubrimento da quinina e a penicilina. Tamén o propio descubrimento de América por Colón. O aproveitamento comercial do caucho natural e sintético. Numerosos plásticos, fibras textís e medicamentos. Descubrimentos astronómicos. Os raios X e a radiactividade. Elementos químicos e compostos químicos...
Roberts foi profesor e investigador no campo da Química Orgánica na Universidade de Texas en Austin. Moitos dos casos serendípicos son da sua especialidade: a síntesis orgánica. En todos eles podemos ver os camiños que segue a mente humana para aumentar o coñecemento da naturaleza.

17/12/12
Fuentes del paraíso
Novela de Arthur C. Clarke, publicada en 1979 e gañadora dos premios Hugo e Nébula.
O núcleo desta novela é a creación dun ascensor espacial desde o chan ata uns 40.000 km de altura aproveitando a órbita geoestacionaria, concepto que el mesmo axudou a popularizar nos anos cuarenta do século XX.
Vannevar Morgan é un enxeñeiro famoso por ter levado adiante varios proxectos moi ambiciosos con éxito, entre eles unha ponte sobre o estreito de Xibraltar. O seu seguinte intento é un ascensor espacial que permita transportar cargas e persoas a coste reducido ata unha altura na que fose máis doado enviar naves ao espacio. O problema é que o emplazamento ideal atópase nos terreos sagrados dun monasterio budista na isla de Sri Lanka. (Nesta isla pasou Clarke os últimos 50 anos da súa vida). Esto da lugar ao conflito entre relixión e ciencia, entre tradición e progreso, entre pasado, presente e futuro. Ademáis, nunha trama paralela, establécese contacto cunha civilización alieníxena intelixente que pon a proba o concepto dun ente superior e creador.
O obra está escrita co habitual interés de Clarke por cuidar os aspectos científicos e resultar verosímil. A descrición técnica do ascensor e os problemas que plantexa están moi ben desenvolvidos.

1/12/12
La búsqueda de los elementos
Segundo Isaac Asimov, esta pregunta foi plantexada por primeira vez polo grego Tales de Mileto hai máis de 2.600 anos. A resposta inicialmente construida polos filósofos gregos, especialmente Aristóteles, considera que a materia está formada por catro elementos: terra, auga, aire e lume, catro principios ou propiedades da materia: seco, húmido, quente e frío e, ademáis, o elemento de que están compostos os ceos: o éter ou quinto elemento ou quintaesencia.
Comeza, entón, unha extraordinaria aventura científica da busca dos elementos e de reformulación do propio concepto de elemento. Esta aventura é indisociable da evolución da ciencia en xeral e da química en particular. Asimov condúcemos polos tempos escuros medievais e da alquimia coa súa pretensión da transmutación do chumbo en ouro. Os tempos algo menos escuros dos alquimistas árabes, incluíndo algún español. O período do errado flogisto. A luminosa aportación de Lavoisier. A afortunada irrupción do espectroscopio. A xenial creación de Mendeleiev. Así ata o estabelecemento da táboa periódica moderna, a comprensión máis axeitada dos átomos e moléculas, e a creación, como se fosen modernos alquimistas, de novos átomos nos aceleradores de partículas mediante reaccións nucleares.
Asimov convirte unha descripción histórica e divulgativa, coma sempre, nun relato ameno, entretido e moi instructivo.
![]() |
| espectroscopio |
![]() |
| táboa periódica de Mendeleiev |
Esto quere dicir que o concepto de elemento está razoablemente fixado e que os elementos naturais son coñecidos.. Agora ben, a composición destes elementos en protóns, neutróns e elctróns, a dos primeiros en quarks, a existencia dunha familia de quarks e outra de leptóns (á que pertence o electrón), a existencia de bosóns transmisores das interaccións, o bosón de Higgs, a posibilidade de que as partículas elementais sexan estados das supercordas,... o traballo aínda non rematou.
Disponible aquí.
26/11/12
Historia de las ciencias. 5. La ciencia del siglo XX.
Quinta e última parte da Historia das Ciencias de Stephen F. Mason.
O século XX, en canto á bioloxía, é o do gran desenvolvemento da bioloxía molecular e a xenética. Supón a definitiva conprensión da herencia xenética co estudio dos cromosomas, os xenes e o ADN.
En física é o século das grandes revolucións da teoría da relatividade e a mecánica cuántica, Ambas supuxeron cambios nas formas de pensar dos científicos. En ambas destácase a figura de Albert Einstein.
A compresnsión do universo deu grandes avances ao tempo que plantexa novos e graves interrogantes. O mundo das partículas elementales tamén experimenta un gran desenvolvemento.
Pero este século tamén é o dos grandes enfrontamentos internacionais. A segunda guerra mundial, o nazismo, a guerra fría... Todos estos acontecementos afectan á ciencia. Mason axuda a comprender a situación. Por exemplo, na Alemaña nazi, os científicos tiñan que adoptar as posturas que se consideraban apropiadas polos dirixentes da época. Poida que eso fose o principio do seu declive científico-tecnolóxico que tivo certa trascendencia na inferioridade alemana fronte aos Estados Unidos ao final da guerra.
A fotografía da portada deste libro corresponde á V Conferencia Solvay de Bruselas, de 1927, con asistencia dos físicos máis importantes da época. Entre otros: Albert Einstein, Ernest Rutherford, Marie Curie, Max Planck, Max Born, Niels Bohr, Luis de Broglie, Erwin Schrödinger, Werner Heisenberg, etc.

3/11/12
La voz de los muertos
La voz de los muertos é a segunda novela escrita por Orson Scott Card da chamada saga de Ender, despois de El juego de Ender. Esta foi publicada en 1985 e La voz de los muertos en 1986. Posteriormente, Card publicou Ender en el exilio en 2008, situando a acción desta última entre as dúas primeiras. Por tanto, La voz de los muertos, sendo a segunda novela en ser publicada, queda como a terceira dentro da cronoloxía da saga. Non resulta imprescindible ler Ender en el exilio para comprender e disfrutar desta.
La voz de los muertos acadou como El Juego de Ender os premios Hugo e Nébula, sendo o primeiro autor que o consigue en dous anos consecutivos. Ademáis, gañou tamén o premio Locus de 1987.
A acción transcurre 3000 anos despois da victoria de Ender sobre os insectores. Grazas ás viaxes relativistas, Ender ten apenas trinta e cinco anos. Agora é un Falante no nome dos mortos e, como tal é chamado ao planeta Lusitania para falar de tres mortes que aconteceron nese mundo. A súa busca dun planeta axeitado para liberar á raíña colmena insectora, devolverlle á vida e liberarse el mesmo en parte do seu sentimento de culpa, poida que esté chegando ao seu fin. De paso, enfrontarase cos medos dos habitantes, conflictos relixiosos, os misterios do propio planeta e as difíciles relacións con todo tipo de especies, intelixentes ou non, alieníxenas.
Lusitania é un planeta colonizado por humanos procedentes de Portugal e Brasil. A presenza de termos e frases en portugués na novela é elevada.

22/10/12
Un químico ilustrado. Lavoisier
Atribúese a Lavoisier a introducción da balanza e o estabelecemento da Lei da conservación da masa, tamén chamada Lei de Lavoisier (nos países da Europa do leste coñécese como Lei de Lomonósov). Propiamente non foi o primeiro e utilizar a balanza, pero sí en darlle ao seu uso un papel fundamental. o traballo de laboratorio de Lavoisier era moi minucioso. En canto a lei de conservación da masa a daba por suposta.
Os traballos de Lavoisier abordan varias áreas da química. Introduce unha nova nomenclatura para as sustancias. Establece o concepto de elemento químico. Demostra que a auga non é un elemento (como se pensaba desde a época dos gregos) senón un composto. Perfecciona os instrumentos para o estudo dos gases producidos nas reaccións, etc. Pero sobre todo, introduce unha actitude racional e un método definitivamente científico: someter as hipótesis a comprobación experimental mediante experimentos cuidadosamente deseñados.
Lavoisier foi un personaxe de relevancia social, económica e política, non exento de ambiciones. esto o levou a ser detido na revolución francesa e, no ano 1794, á guillotina.
Esta biografía esta escrita por Inés Pellón González, química, profesora na Universidade do País Vasco e historiadora da Química especializada nos séculos XVIII e XIX.
Dispoñible na biblioteca do IES de Teis.
6/10/12
De la Tierra a la Luna / Da Terra á Lúa
Novela de Jules Verne (Francia, 1828-1905) publicada en 1865. Considerada, se cadra, como a novela máis claramente de ciencia ficción deste precursor do xénero.
Un grupo de artilleiros profesionais e aficionados tentan enviar un proxectil á lúa disparándoo cun gran cañón. Verne fai un extenso estudo dos problemas que supón tal empresa. Repasa a astronomía para ter en conta o movemento do satélite. A teoría e tecnoloxía dos telescopios para seguir a pista ao proxectil. Problemas de balística, tiro parabólico e navegación interplanetaria. Problemas de supervivencia de posibles astronautas... Todo segundo os coñecementos da época e as súas propias anticipacións.
É curioso como o emplazamento que Verne escolle para o lanzamento coincide casi completamente coa actual base de Cabo Cañaveral utilizada pola NASA para as súas misións.
Verne utiliza un estilo entre humorístico e irónico para describir aos personaxes e as situacións, satirizando os esterotipos nacionais dos Estados Unidos, Francia e outros países.
Disponible na biblioteca do IES de Teis tanto en galego como en castelán
Disponible en internet, aquí
Foi levada ao cine envarias ocasións. A máis coñecida é esta versión de 1958:
.

26/9/12
Amundsen - Scott: duelo en la Antártida
A finais do século XIX os únicos lugares terrestres aos que o ser humano non chegara eran os polos norte e sur. Respeto ao polo sur, era coñecida a existencia de terra (a Antártida) desde, alomenos, comezos do mesmo século XIX cando cazadores de baleas chegaban ás súas costas. Diversas expedicións viaxaron á Antártida co propósito de adentrarse no continente e, a ser posible, chegar ao polo. Antes das expedicións de Amundsen e Scott, a que chegou máis lonxe foi a dirixida polo irlandés Ernest Shackleton, que quedou a so uns 180 km do polo en xaneiro de 1909.
As expedicións polares fixeron unha gran aportación á ciencia en diversos campos, especialmente en meteoroloxía e climatoloxía, oceanografía (coñecemento de correntes mariñas), zooloxía e embrioloxía (descobrimento de novas especies, estudio de embrións de pingüino que aclararon certos aspectos da evolución), magnetismo terrestre (confirmación de que os polos magnéticos varían co tempo) e en xeoloxía (fósiles recollidos polo grupo de Scott axudaron a confirmar que en tempo remoto a Antártida estivo unida a Australia, apoiando a teoría da deriva continental e a tectónica de placas), e outras.
Robert Falcon Scott era un capitán da mariña de guerra británica que xa tiña experiencia como explorador: en decembro de 1902 chegou aos 88º17' cun grupo no que tamén estaba Shackleton.
Roald Amundsen, noruegués, participara entre 1897 e 1899 nunha expedición que foi a primeira en cruzar o círculo polar antártico. Tamén tratou de chegar ao polo Norte, descubrindo en 1903 o chamado paso do noroeste entre os océanos Atlántico e Pacífico.
Este libro de Javier Cacho Gómez, físico e divulgador científico español, relata a competición que se estableceu entre 1910 e 1912 entre ambos os dous exploradores por seren os primeiros en chegar aos 90º de latitude sur (o polo). Chegar ao polo naquela época supuxo unha loita contra as condicións naturais para a que non estaban moi preparados, por eso o feito de chegar é unha verdadeira fazaña. Se a eso engadimos a necesidade de chegar primeiro que o outro, convírtese nun labor titánico propio de seres humanos excepcionais.
Javier Cacho axúdanos a coñecer as distintas personalidades de Amundsen e Scott, sus virtudes e defectos, a entender as extraordinarias dificultades e sufrimentos que tiveron que enfrontar e a trascendencia que estas expedicións tiveron na sociedade da época e posterior. E todo cunha forma de relatar que convirte o libro no máis apaixoante relato de aventuras.

20/9/12
Marte rojo
A mediados do século XXI, a humanidade está en condicións de enfrontar a colonización do planeta Marte. Para esto envía unha expedición con cen homes e mulleres a bordo dunha nave. Estes primeiros cen son persoas de carácter emprendedor, auténticos pioneiros, e de gran capacidade científica ou tecnolóxica. En canto chegan a Marte, abordan a tarefa de construir hábitats adecuados para os humanos e investigar e explorar o planeta. Pronto aparecen diferenzas entre dúas posicións. Aqueles que desexan respetar as condicións do planeta e adaptárense eles a Marte (os vermellos, pola cor dominante en Marte), e os que prefiren cambiar o planeta para mellorar as condicións de habitabilidade do mesmo nun proceso que se denomina terraformación (os verdes, pola cor da vexetación terrestre). As tensións e disputas son inevitables.
Para complicar máis as cousas, na Terra sófrese un grave problema de sobrepoblación. Para alivialo en parte, comezan a enviar expedicións masivas de novos colonos. A población marciana pasa do millón de persoas en poucos anos. Por outra banda, Marte posúe extraordinarias riquezas minerais. Esto desperta a codicia das grandes corporacións multinacionais. Os estados terrestres tratan de manter a súa influencia política e económica sobre Marte e as súas xentes. A traxedia está servida.
Esta novela do escritor estadounidense Kim Stanley Robinson, publicada en 1992 e gañadora do premio Nébula, pon de manifesto o xenio da humanidade para desenvolverse e sobrevivir en entornos hostís, para adaptarse ou modificar o medio. Tamén, que se en algo a humanidade é aínda máis poderosa, é na súa capacidade de autodestrucción.
Desde o punto de vista científico destaca a precisión da descrición da xeografía e a xeoloxía de Marte (cumpriría dicir areografía e areoloxía, de Ares, Marte). Parece que Robinson estivo alí polos detalles que da. As estratexias de terraformación subindo as temperaturas e a presión da atmosfera, os intentos de creación de organismos que poidesen sobrevivir nas condicións marcianas, a arquitectura e enxeñería dos asentamentos, todo parece verosímil e, certamente, inxenioso.
Esta novela é a primeira dunha triloxía completada por Marte verde e Marte azul. Considéranse ciencia ficción dura, pero ademáis, teñen unha gran compoñente de socioloxía e ecoloxía.

4/9/12
Quarks, chiflados y el cosmos
Obra de divulgación científica publicada en 1994 e escrita por Jeremy Bernstein, físico e divulgador norteamericano nado en 1929. Actualmente é profesor emérito no Stevens Institute of Technology de New Jersey e forma parte da dirección da revista The New Yorker, na que publica artigos de divulgación.
Bernstein escribe o que el chama perfís biográficos, que son os aspectos relevantes desde o punto de vista da ciencia da biografía dos científicos, incluíndo o contexto social e a situación da ciencia na época. Non se precisa unha especial formación científica para disfrutar con estes perfís, sempre moi amenos.
Neste libro desenvolve trece miniperfís sobre aspectos concretos da vida ou a obra de certos personaxes. No primeiro, adicado a Einstein, pregúntase como os científicos da época poderían detectar se os famosos artigos de 1905 eran a obra dun xenio descoñecido ata entón (como agora sabemos) ou os delirios dun charlatán. As chaves que Bernstein propón son aplicables sempre, en particular, agora con certos asuntos científicos de repercusión popular e rodeados de polémica.
Todos os capítulos son de gran interese, pero moi especialmente os que adica ao papel da muller na ciencia, ao racismo e ao uso e abuso do CI (cociente de intelixencia).

22/7/12
Fundación e Imperio
Segunda entrega, publicada en 1952, do Ciclo de Trántor ou Triloxía das Fundacións (Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación) de Asimov. Esta triloxía foi galardonada co Premio Hugo a mellor serie de ciencia ficción de todos os tempos en 1966.
A novela ten dúas partes publicadas independentemente en 1945 na revista de ciencia ficción Astounding: O xeneral e O Mulo. Esta segunda parte recibiu en 1996 o premio Hugo correspondente a 1946 de xeito retrospectivo.
Na primeira parte (O xeneral), o Imperio tenta destruir á Fundación enviando ao seu mellor xeneral. As previsións da psicohistoria de Hari Seldom (véase Fundación) sofren unha forte proba. A Fundación debe empregarse a fondo para sobrevivir.
Na segunda parte, a ameaza para a Fundación ven dun mutante (O Mulo) contra o que as matemáticas da psicohistoria fallan porque so podían prever comportamentos de grandes masas de individuos, non de individuos concretos cando estes son excepcionais. Ademais, a propia Fundación está a caer en vicios propios do Imperio: o despotismo, a falta de iniciativa, decaimento da investigación científica, ... Ideas frecuentes nas obras de Asimov.
Nesta novela, a ciencia parece que pasa a un segundo plano en beneficio da trama. Temos viaxes espaciais polo hiperespazo, desintegradores atómicos, campos protectores e pouco máis. O fundamental é a tensión xenerada entre os diferentes personaxes.

10/7/12
Estrella doble
Estrella doble é unha novela escrita por Robert A. Heinlein en 1956, premio Hugo no mesmo ano.
O autor, estadounidense (1907-1988), é considerado un dos grandes mestres do xénero na idade de oro da ciencia ficción -anos 40 e 50 do pasado século- xunto con Isaac Asimov e Arthur C. Clarke. Coma eles, adoita ser o máis riguroso posible coa base científica das súas novelas, procurando o máximo de verosimilitude.
Estrella doble narra unha historia sinxela na que un actor en horas baixas vese implicado nunha trama de intriga política de gran altura. A intriga atrapa nada menos que ao Ministro Supremo do Imperio Galáctico. Dito Imperio está gobernado polos humanos estendidos por todo o sistema solar. Os marcianos e os venusianos nativos son colaboradores amistosos pero non exactamente súbditos. Existe un risco de enfrentamento cos marcianos e, ao tempo, unhas eleccións xerais se acercan. O actor é o único que pode salvar a situación.
A novela invita a reflexionar sobre a propia naturaleza da nosa personalidade, que somos e como somos. Ata que punto estamos representando un papel asignado por outros. Tamén é un alegato antiracista e antibelicista.
Existe unha versión libre en internet aquí.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)