3/11/12

La voz de los muertos

La voz de los muertos é a segunda novela escrita por Orson Scott Card  da chamada saga de Ender, despois de El juego de Ender.  Esta foi publicada en 1985 e La voz de los muertos en 1986. Posteriormente, Card publicou Ender en el exilio en 2008, situando a acción desta última entre as dúas primeiras. Por tanto, La voz de los muertos, sendo a segunda novela en ser publicada, queda como a terceira dentro da cronoloxía da saga. Non resulta imprescindible ler Ender en el exilio para comprender e disfrutar desta.
La voz de los muertos acadou como El Juego de Ender os premios Hugo e Nébula, sendo o primeiro autor que o consigue en dous anos consecutivos. Ademáis, gañou tamén o premio Locus de 1987.

A acción transcurre 3000 anos despois da victoria de Ender sobre os insectores. Grazas ás viaxes relativistas, Ender ten apenas trinta e cinco anos. Agora é un Falante no nome dos mortos e, como tal é chamado ao planeta Lusitania para falar de tres mortes que aconteceron nese mundo. A súa busca dun planeta axeitado para liberar á raíña colmena insectora, devolverlle á vida e liberarse el mesmo en parte do seu sentimento de culpa, poida que esté chegando ao seu fin. De paso, enfrontarase cos medos dos habitantes, conflictos relixiosos, os misterios do propio planeta e as difíciles relacións con todo tipo de especies, intelixentes ou non, alieníxenas.

Lusitania é un planeta colonizado por humanos procedentes de Portugal e Brasil. A presenza de termos e frases en portugués na novela é elevada.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...