La isla misteriosa é unha novela de Jules Verne (Francia, 1828-1905) publicada en 1875. Narra a historia de cinco náufragos que chegan en globo aerostático á unha illa descoñecida no Océano Pacífico, despois de fuxir dunha prisión nos EEUU nos que se desenvolvía a Guerra de Secesión.
A parte central da novela está formada polos intentos dos náufragos para sobrevivir, partindo dunha situación inicial de total carencia de medios materiais. O personaxe principal é Ciro (ou Cyrus) Smith, enxeñeiro. Este Ciro posee uns coñecementos científicos e prácticos inesgotables. A base de talento, imaxinación, esforzo e coa axuda incondicional dos seus compañeiros vai dotando á pequena colonia de todos os recursos imaxinables. O xoven Harbert aporta unha afición e coñecemento enciclopédico da zooloxía e a botánica e dos aproveitamentos culinarios de todo tipo de animais e plantas. O mariñeiro Pencroff é un devoto seguidor das instruccións do enxeñeiro, forte, valente e o sabe todo en asuntos de barcos e navegación. Spillet, xornalista, é un home culto, tranquilo, con coñecementos de mediciña e xeografía. Nab é o negro. Así o presenta Verne que, malia ser partidario do bando abolicionista na guerra de secesión norteamericán (abolicionista da escravitude, enténdese), non pode deixar de ser un home do seu tempo, machista, clasista, racista, a lo menos en maior grado do que é normal hoxe en día. A maior virtude de Nab é a súa fidelidade ao seu amo, Ciro.
Dirixidos por Ciro Smith, os colonos aplican a ciencia: física (mecánica, hidráulica, óptica, electromagnetismo, termodinámica, astronomía), química (análise de minerais, síntese de ácidos, sales, explosivos,...), e aplican todas as tecnoloxías imaxinables: alfarería, minería, siderurxia, construcción de muiños de vento e de auga, batáns, ascensores hidráulicos, vehículos terrestres, canoas e barcos, armas, camiños, diques, telégrafos, desviación dos cursos naturais de auga, agricultura, gandeiría...
Hai moitas novelas de náufragos que saen adiante aprendendo a aproveitar os recursos naturais, pero ningunha como esta de Verne en que a Ciencia sexa tanto e tan ben aplicada. Os límites veñen dados pola imaxinación de Verne, as veces excesiva e polo estado do coñecemento científico a mediados do século XIX. SE ben é certo que Verne non tiña unha formación científica propiamente dita, si tiña unha gran curiosidade e capacidade para informarse.
Por outra banda, esta novela tamén aproveita para pechar as tramas que quedaran abertas en dúas novelas anteriores do mesmo autor: Los hijos del capitán Grant e Vinte mil leguas baixo dos mares / Veinte mil leguas de viaje submarino. Especialmente esta última. Nesta novela nárrase o final do capitán Nemo e o Nautilus, aínda que con certos desaxustes internos nas datas.
Dispoñible na biblioteca do IES de Teis e, en internet, aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario