Esta novela está composta por sete capítulos que, en realidade, son sete relatos curtos que se poden ler independentemente, aínda que presentan continuidade argumental. De feito, algúns deles, foron publicados inicialmente como relatos separados nunha revista americana de ciencia ficción. Posteriormente (en 1986) o autor completou os relatos para darlle unicidade aos mesmos e os publicou como novela con este título.
O autor e George R. R. Martin (New Jersey, EEUU, 1948), de gran fama internacional pola súa serie de novelas chamada A song of ice and fire (Canción de xeo e fogo) que é a base da moi exitosa serie de TV Game of thrones (Xogo de tronos).
Haviland Tuf, o protagonista (dous metros e medio de altura, groso, calvo, vexetariano, aficionado á cerveixa, amante dos gatos, poseedor dunha gran capacidade lóxica pero carente totalmente de sentido do humor), é un mercader que despois de certas peripecias narradas no primeiro capítulo, faise coa Arca, unha extraordinaria nave espacial de 30 (¡trinta!) km de lonxitude e capaz de variar o equilibrio ecolóxico de calquera planeta. Tuf convértese así nun enxeñeiro ecolóxico e recorre distintos sistemas planetarios para prestar a súa axuda e solucionar problemas máis ou menos relacionados coa ecoloxía. Segundo vai adquirindo máis experiencia, adquire tamén máis poder de transformación do sistema de cada planeta. Esta é a pregunta da novela: Pódese exercer o poder para beneficiar a poboación contra a opinión da propia poboación?
No hay comentarios:
Publicar un comentario