Novela de ciencia ficción escrita por William Gibson e publicada en 1984. Gañou os premios Nébula, Hugo e Philip K. Dick.
O termo neuromante significa algo semellante a mago mental (unión de neuro e mancia).
Pertence ao subxénero denominado ciberpunk, sendo unha das novelas máis coñecidas e importantes e das primeiras do mesmo. Neste subxénero a ciencia presente é sobre todo a cibernética e a informática. Adoita presentar un futuro no que estas disciplinas están moi avanzadas. Non obstante, nesta novela tamén temos viaxes ao espacio e unha gran inxeniería biomecánica, así como un gran desenvolvemento da farmacoloxía. Ademáis, normalmente é un futuro distópico con baixo nivel de vida en xeral e o poder en mans dunhas poucas corporacións e/ou estados e megalópolis invivibles. Este é tamén o caso nesta obra. O último rasgo común do subxénero e a presencia dun antiheroe.
O trama da novela presenta unha situación na que a información é moi valorada. O mundo está dominado por Intelixencias Artificiais (IA), microprocesadores e as empresas que os construiron. O protagonista é un antiguo hacker (pirata informático) que traiciona aos seus xefes, é descuberto e obrigado a participar nunha serie de negocios turbios.
Como queda dito, a novela é de 1984 e, nela, utilízanse os termos ciberespacio e matriz, co significado que despois se popularizaría. En particular, no caso de ciberespacio, Gibson foi un dos primeiros (senón o primeiro) en usalo. De feito, xa o usara nunha obra anterior de 1981. Cómpre lembrar que a world wide web, (a popular www), desenvolveuse entre 1989 e 1990, e, con ela, comezou o acceso xeneralizado a internet. Así que falar de ciberespacio en 1981, supón un gran acerto de anticipación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario