2/6/10
Opúsculos sobre el movimiento de la Tierra
Esta obra é, digamos, divulgación científica orixinal, feita polos propios científicos que estaban a crear unha nova ciencia. Estamos na época en que a postura oficial (da Igrexa) era partidaria do Xeocentrismo e condenaba o heliocentrismo como herexía, o que derivaría no proceso da Inquisición contra Galileo de 1633.
Trátase dunha recompilación de tres textos breves (unhas 20 páxinas cada un).
O primeiro, chamado abreviadamente Commentariolus (~1514), é un texto de Nicolás Copérnico para distribuir entre os seus amigos no que expón por primeira vez as ideas heliocéntricas da nova cosmoloxía que, posteriormente, revolucionaría o pensamento científico dos século XVI e XVII.
O segundo é un texto de divulgación e defensa das ideas copernicanas escrito por Thomas Digges en 1576. Digges foi, probablemente o primeiro defensor e divulgador do copernicanismo, e, seguro, o primeiro que escribiu sobre isto en inglés.
O terceiro e un texto de Galileo de 1615, non publicado na época, titulado Consideraciones sobre la opinión copernicana. Galileo fai unha defensa das teorías de Copérnico, aportando o que, na súa opinión, son novas evidencias e novos argumentos a favor do sistema heliocéntrico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario