25/7/11

Tiempo de Marte

Novela do escritor estadounidense Philip K. Dick, (1928-1982), autor de moitas obras famosas como O home no castelo, premio Hugo en 1963 ou Soñan os androides con ovellas eléctricas?, de 1968 y que é o relato no que se basou a extraordinaria película de Ridley Scott, Blade Runner, de 1982, con Harrison Ford e Rutger Hauer como protagonistas.

Tempo de Marte sitúanos nun planeta árido, colonizado polos humanos. Existe unha raza de humanos nativos "os escuros", en decadencia, ao borde da extinción e explotada polos colonos terrícolas.  Diversas colonias compiten por sobrevivir, utilizando a corrupción, o tráfico de influencias, o contrabando, o asesinato, o soborno e outras armas políticas.

Certo corrupto personaxe tenta usar no seu beneficio o talento dun técnico e as dotes especiais dun neno autista e esquizofrénico. Deste xeito, o autor penetra nos misterios do tempo e o espacio, construindo unha trama redonda.

Disponible na biblioteca do IES de Teis.

11/7/11

Historia de las Ciencias 3. La Ciencia del siglo XVIII.

Terceiro volume da Historia da ciencia de Stephen F. Mason.
No século XVIII resólvese o problema de determinar a lonxitude na navegación mediante a invención e fabricación de cronómetros. Tamén se resolven certos problemas das minas coa máquina de vapor de Watt.
En astronomía, comeza a intuirse o tamaño e estrutura do universo co descubrimento de Urano e a constatación da existencia de galaxias, unha das cales é a Vía Láctea.

A química avanza enormemente, superando a pseudociencia da iatroquímica, popular no século XVII, grazas a notables científicos como Cavendish e, sobre todo, o grande Antoine de Lavoisier que establece as bases da química moderna.

Mais a ciencia que experimenta maior pulo neste século é a bioloxía (incluíndo a botánica, a zooloxía a anatomía e a fisioloxía).
Linneo, Cuvier e Lamarck poñen as bases da clasificación e taxonomía dos seres vivos.
Se desenvolve a embrioloxía. A comparación dos embrións permitiu unha mellor clasificación dos animais.
O propio Lamarck, Erasmus Darwin (avó de Charles Darwin), Hilaire e outros, comezan a discutir sobre a evolución das especies creando o ambiente científico que fructificou na teoría darwinista.
Neste século comeza tamén a teoría celular que se consolida no seguinte século.

Disponible na biblioteca do IES de Teis

18/6/11

El joven Einstein

Escrita por Lewis Pyenson, profesor da Universidade de Louisiana e famoso historiador da ciencia.

Trata dos anos mozos de Albert Einstein, os seus estudios en Munich (Alemania), primeiro, e logo en Aarau e Zurich (Suiza), a situación da súa familia, as dificultades do negocio familiar e como tiveron que marchar a Italia ante a quebra da súa empresa en Munich.

Tamén trata da situación dos xudeos na Alemaña de fines do século XIX, a educación, o estado das matemáticas e da física no ensino secundario e universitario, e como esto modelou ou condicionou a personalidade de Einstein.

Finalmente, conta a influencia dos científicos alemanes de principios do século XX na ciencia de todo o mundo, especialmente en matemáticas, física, astronomía, etc. e a posición destes científicos diante do conflicto bélico na Primeira Guerra Mundial

Disponible na biblioteca do IES de Teis

7/6/11

Exogamia 0.3

Exogamia 0.3 é unha colección de relatos breves de temática marcadamente social no que a ciencia (ficticia ou non) ten unha importancia supeditada á situación que o autor quere plantexar. Como dí a contraportada do libro:

 "... reúne media ducia de relatos, non estritamente literarios, suxestivos e non pechados, que permiten abrir un debate necesario sobre algúns dos temas candentes do noso tempo, cuestións nas que a ciencia é protagonista, problemas decisivos para a humanidade aos que ninguén pode quedar alleo."

Obra corta, de 89 páxinas, moi doadas de ler, pero cheas de motivos para a reflexión.

Consulta aquí para o significado do termo "exogamia".

O autor é Ramón Caride, galego, biólogo e profesor de instituto.

Disponible na biblioteca do IES de Teis.

28/5/11

Viaje a la luna / El otro mundo o Los estados e imperios de la luna

Publicado en España indistintamente co título "Viaje a la luna" ou "El otro mundo o Los estados e imperios de la luna", é esta unha obra publicada póstumamente de Cyrano de Bergerac.

Cyrano viviu en Francia de 1619 a 1655, rematou de escribir esta obra en 1650, pero non foi publicada ata 1657. Da edición encargouse un amigo seu, que recortou certos pasaxes pensando que non serían aceptados pola sociedade e autoridades civís e relixiosas de entón.

Aínda que se pode considerar un antecedente do xénero da ciencia ficción  (por iso a traemos aquí), Viaje a la luna é sobre todo unha obra que critica e satiriza as convencións da época. Cyrano ataca o xeocentrismo ptolemáico, así como o idealismo aristotélico, e, de paso, moitas das máis sagradas crencias "oficiais" da sociedade so século XVII, e as convencións morais:

"Desgraciado país aqul no que os distintivos da xeneración [da vida] son ignominiosos e os do exterminio honrosos" é unha frase clamorosa do protagonista.

Aparte desto, os métodos para a viaxe á lúa son calquera cousa menos "científicos". Eso sí, moi inxeniosos.

Cyrano é hoxe en día un persoaxe mítico debido a un drama de Edmond Rostand do século XIX, adaptado varias veces ao cine. Por el sabemos do seu gran nariz:

Disponible na biblioteca do IES de Teis có título "Viaje a la luna".

10/4/11

El hombre invisible (O home invisible)

Novela de Herbert George Wells, escritor inglés (1866-1946), autor tamén de "A guerra dos mundos" e "A máquina do tempo", xa comentadas.

Un científico medio loco ten descuberto un sistema para facer invisibles os tecidos vivos e decide probalo nel mesmo. Despois de certas dificultades, o home invisible trata de ocultar o seu descobrimento e beneficiarse del utilizando a invisibilidade para roubar. Pronto xenerase un gran temor nos alrededores e, o home invisible é perseguido.

A novela fainos reflexionar sobre os riscos da ciencia: risco para o propio científico e para a sociedade. Tamén fainos pensar sobre o rexeitamento que produce todo o que é diferente

Foi levada ao cine con adaptacións máis ben libres en diversas ocasións, por exemplo, a primeira en 1933 co título "O home invisible". A última, por agora, é do ano 2000, "O home sin sombra" con Kevin Bacon e garda pouca relación coa trama da novela:



Disponible na biblioteca do IES de Teis en galego e en castelán.

Hai unha versión completa en internet aquí.

25/1/11

Fahrenheit 451

Novela de Ray Bradbury do que xa comentamos Crónicas marcianas. Fahrenheit 451 é unha novela distópica (como 1984 ou Un mundo Feliz) publicada en 1953. Foi galardonada en 2004 co premio Hugo de 1954, de xeito retrospectivo.

451 grados Fahrenheit é a temperatura á que se inflama o papel (uns 233 ºC).
O protagonista, Montag, é un bombeiro. O seu traballo non é apagar lumes, senon queimar libros pois están prohibidos. Na sociedade que presenta esta obra suponse que os libros producen infelicidade. Os libros fan pensar e iso non é bo. A felicidade ven da televisión. Nunha vivenda media pode haber tres ou catro aparellos de televisión, cada un deles ocupa unha parede completa.
Montag comeza a ter dúvidas e facerse preguntas respecto ao seu traballo e os libros, e convértese nun proscrito, perseguido pola sociedade. Xa naquela época, Bradbury foi quen de ver os perigos da chamada "caixa tonta".

Foi levada ao cine en 1966 por François Truffaut:



Disponible na biblioteca do IES de Teis en galego e en castelán

28/12/10

Viaje al centro de la tierra / Viaxe o centro da terra


Novela de Jules Verne, publicada en 1864.
Non é en sentido estricto unha novela de ciencia ficción. Máis ben se pode considerar unha novela fantástica de aventuras.
Un científico xenial (xeólogo), o seu sobriño e axudante e un guía islandés penetran por un volcán no interior da terra, atopando un mundo sorprendente e totalmente inverosímil.
Algunhas partes do descenso e o posterior ascenso, poden ter certo interés científico, pero, en xeral, é unha novela para disfrutar das aventuras e os contínuos golpes de efecto que condicionan a trama.

Existen varias adaptaciones cinematográficas, como a de 1959 con James Mason no papel do profesor, ou esta outra de 2008, rodada en 3D:




Disponible na biblioteca do IES de Teis tanto en galego como en castelán. Tamén en internet aquí.

11/12/10

Historia de las Ciencias 2. La revolución científica de los siglos XVI y XVII



Segundo volume da Historia das Ciencias de Stephen E. Mason, do que xa comentamos o primeiro.

Durante os séculos XVI e XVII establécese o que se chama o método científico que, con diversas variacións, chegou ata os nosos días. Este método foi elaborado con distintas aportacións teóricas e prácticas, sobre todo por parte de Francis Bacon, Galileo, Descartes e Newton.

Tamén asistimos durante estes séculos ao traslado dos centros científicos importantes das áreas de influencia da Igrexa católica: Italia, península Ibérica, sur de Francia e, máis tarde, Alemaña ata as máis tolerantes áreas de influencia luterana e sobre todo calvinista: norte de Francia, Holanda e Inglaterra. A navegación e o comercio nestas áreas foron pulos para a ciencia.

Dase a contradicción de que os países máis navegantes e comerciantes da época (España e Portugal) non deron lugar a ningunha aportación científica de relevancia.

Son os séculos do triunfo ca concepción heliocéntrica do mundo, pese a persecución relixiosa sofrida por Galileo e outros, do establecemento das leis da dinámica e a lei da gravedade, do inicio do estudio da óptica, do uso do telescopio e o microscopio, do descubrimento da circulación menor do sangue e a comprensión da circulación completa, do inicio da mediciña como disciplina científica, así como o comezo do estudio da química con bases diferentes das da alquimia.

Máis importante aún, é cando por fin conflúen a tradición culta dos filósofos naturais (os teóricos) e a tradición artesanal dos comerciantes, barbeiros-ciruxans, fabricantes de máquinas e ferramentas... (os prácticos), dándose a necesidade de que as teorías propostas estén de acordo coas observacións e experiencias prácticas, é dicir, o método científico.

Disponible na biblioteca do IES de Teis

7/11/10

Solaris


Escrita por Stanislaw Lem, escritor polaco (1921-2006), un dos máis coñecidos, publicados e lidos entre os escritores de ciencia ficción que non escriben en inglés. Lem sempre trata de plantexar os problemas filosóficos que provocan os avances científico-tecnolóxicos. Avances supostos ou anticipacións, claro está.
Nesta novela, un pequeno grupo de científicos tratan de establecer contacto e de comprender o océano do planeta Solaris. Este océano parece ter vida e intelixencia. Os intentos dos seres humanos de establecer ese contacto veñen fracasando desde, alomenos, hai cen anos.
Parece, por outra banda, que o océano si foi quen de entrar na mente dos seres humanos, poñendo en evidencia esta capacidade de xeito inquedante. Os científicos dudan, mesmo, da súa propia cordura. O océano coñece os máis íntimos e profundos sentimentos dos humanos e dalles vida. En cuanto a condición humana, ¿é posible que un no humano teña conciencia de humano?
Lem gostaba de por en cuestión a posibilidade de entrar en contacto con unha civilización extraterrestre. De existir unha intelixencia nalgún planeta, esta sería tan diferente a nosa que faría imposible o contacto.
Solaris levouse dúas veces ao cine, a primeira en 1972, dirixida polo ruso Andrei Tarkovski que gañou o premio do Festival de Cannes. A segunda é de 2002, dirixida por Steven Soderberg e protagonizada por George Clooney.

Disponible no IES de Teis

30/10/10

Historia del telescopio


Escrita por Isaac Asimov e publicada en 1975. Relata a historia do telescopio desde a súa invención en 1608 polo fabricante de lentes holandés Hans Lippershey, e o seu primeiro uso para a observación astronómica por parte de Galileo Galilei, ata os primeiros anos da década de 1970.
Desde o principio da civilización humana, a comprensión do universo, a cosmoloxía e a cosmogonía, estiveron presentes como preocupacions fundamentais dos filósofos, científicos e, mesmo, da poboación en xeral. A invención do telescopio e o seu contínuo desenvolvemento deu lugar a sucesivas revolucións na ciencia e na concepción do propio lugar do ser humano no universo.
A historia do telescopio amosa como o desenvolvemento científico vai íntimamente unido ao desenvolvemento tecnolóxico. Descubrimentos feitos con certo telescopio crean a necesidade de observar o ceo con maior precisión e profundidade, o que leva ao perfeccionamento do telescopio ou á creación de telescopios radicalmetne distintos que permiten facer novos e sorprendentes descubrimentos, e volta a empezar. O desenvolvemento da astronomía e do telescopio aliméntanse entre si.
Mesmo a observación con telescopios influiu no desenvolvemento da óptica xeométrica, as técnicas de pulido de lentes e espellos, a fotografía, a espectroscopía e espectrografía, o estudo das ondas electromagnéticas, o descubrimento do máser e o láser, o perfeccionamento do radar, a astroquímica, a física cuántica e a física de partículas, a exploración da atmósfera terrestre e o espacio exterior, a construcción de naves espaciais e satélites artificiais, etc.
Esta historia é unha apaixoante aventura de exploración dos límites da sabiduría humana, relatada co estilo axil propio de Asimov e a súa habitual maestría. Lamentablemente, a historia detense nos anos 70 do século pasado, quedando pendentes todos os avances das últimas décadas, por exemplo, o teslescopio espacial Hubble:



Disponible na biblioteca do IES de Teis.

14/10/10

Perelandra. Un viaje a Venus


Segunda novela da Triloxía cósmica de C.S. Lewis do que xa comentamos a primeira: Máis alá do planeta silencioso.
Os mesmos protagonistas da primeira, Ransom, o filólogo, e Weston, o científico malvado, enfróntanse axudados respectivamente por Malendil, o espiritu benéfico, e Thulcandra, o malvado. En xogo o futuro de Venus e dos seus moradores: a Dama e o Rei.
O planeta Venus ideado por C.S. Lewis é un mundo luminoso e fértil, con illas que flotan sobre o océano coma se fosen balsas flexibles, que proporcionan todo o que necesitan aos seres que as habitan. Ese mundo está en risco de desaparición e Ransom é o único que o pode evitar.

Disponible en internet aquí.

Disponible na biblioteca do IES de Teis.

6/10/10

Cinco semanas en globo



Esta é a primeira novela de Jules Verne, escritor francés (1828-1905).

Jules Verne é un escritor de novelas de aventuras, consideradas literatura xuvenil. Algunhas das súas novelas son precursoras do xénero da ciencia ficción porque nelas hai anticipación científica ou tecnolóxica. É o caso de "20.000 leguas de viaxe submarina", "Robur o conquistador", "Viaxe ao centro da terra", "Da terra á lúa" ou esta que nos ocupa.

Cinco semanas en globo, propón unha viaxe en globo atravesando África do leste ao oeste, nunha época (1861) no que o globo aerostático era un invento relativamente recente e raro, e na que o continente africano estaba en gran parte inexplorado.

Un científico excéntrico e xenial emprende a aventura con dous compañeiros. Na súa viaxe describen o territorio, a fauna e a flora e afrontan grandes perigos.

Os aspectos técnicos e científicos relativos ao funcionamento do aerostato están moi ben tratados. O globo esta cheo de hidróxeno, o que a historia demostrou que non era unha boa idea.

Os pesos están en libras e as distancias en millas, pés e toesas. Esto é interesante como exercicio de conversión. Una libra é casi medio quilogramo, unha milla terrestre é algo máis de quilómetro e medio, un pé arredor de trinta centímetros e unha toesa casi dous metros.


Disponible na biblioteca do IES de Teis.
Hai unha versión completa en internet aquíaquí e aquí..

14/9/10

Historia de las ciencias 1: Ciencia Antigua, en Oriente y Medieval


Sabías que o filosofo alexandrino Xoan Filopón enunciou unha versión moi aproximada do principio de inercia casi mil douscentos anos antes de que o fixera Newton... e foi condeado como herexe pola Igrexa Católica?


Sabías que Eratóstenes, filósofo grego do século III a.C. determinou o radio da terra cun erro que vai entre o 1% e o 15 % segundo se tome a conversión da medida utilizada por el, o estadio?


Sabías que Aristarco de Samos, tamén no século III a. C. propuso un sistema heliocéntrico do Universo mil novecentos anos antes de que Galileo fora condeado pola Inquisición pola misma proposta?


Sabías que a pesares do coñecemento de que a terra é esférica, establecida polos filósofos gregos, os primeiros cristiáns retomaron a idea dunha terra plana, á imaxe do Tabernáculo?


Sabías que unha das primeiras alquimistas da historia, María a Xudía do século III, deixou como principal contribución... o baño maría?


Sabías que a tradición taoísta dos chineses na busca do Yin e o Yang (principios feminino e masculino, respectivamente), desenvolveron unhas elaboradas alquimia, medicina e farmacia?


Sabías que os mesmos chineses primitivos, consideraban que o ceo é redondo como a cabeza e a terra cuadrada como os pés?



Todo esto e moito máis, o atoparás nesta obra de Stephen F. Mason, a primeira dunha serie de cinco que recorre toda a historia das ciencias. É unha obra breve, só 160 páxinas moi entretidas.
Disponible na biblioteca do IES de Teis

1/9/10

La máquina del tiempo


Novela de Herbert George Wells do que xa comentamos outra obra. Esta é a súa primeira novela.

O protagonista (o Viaxeiro do tempo) constrúe unha máquina que lle permite viaxar a través do tempo. Wells non se para a describir demasiado a máquina, nin a base do seu funcionamento, so algúns detalles das palancas de bronce e marfil e a forma da máquina. De feito, esto non é o importante. O que realmente é o tema da novela é a situación da humanidade nun futuro que o autor sitúa no ano 802.701. A forma de vida, a crueldade, a decadencia que, presumiblemente, son as consecuencias da actuación dos seres humanos no presente ("o presente" é 1895, data de publicacción da obra). A inxustiza social actual, manifestada nas diferencias entre a clase obreira e as clase acomodada, derivaría en dúas variedades de seres humanos dexenerados, os Eloi e os Morlocks, condeados a enfrontarense entre eles.

No aspecto científico, o mais interesante é a descrición da evolución das órbitas do sol, a lúa e as estrelas vistas desde a máquina a "cámara superrrápida".

Existen varias adaptacións cinematográficas, das que destacan dúas: El tiempo en sus manos, dirixida por George Pal en 1960, protagonizada por Rod Taylor e La máquina del tiempo, dirixida polo bisneto de H. G. Wells, Simon Wells en 2002, protagonizada por Guy Pearce e Jeremy Irons. A parte das adaptacións máis ou menos libres, hai moitas películas que utilizan o tópico da viaxe no tempo. A máis coñecida pode ser Regreso ao futuro, de 1985, dirixida por Robert Zemeckis, producida por Steven Spielberg e protagonizada por Michael J. Fox e Cristopher Lloyd:


A novela está disponible na biblioteca do IES de Teis. Tamén en internet aquí.

Podes ver este interesante documental sobre as viaxes a través do tempo.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...