17/12/12

Fuentes del paraíso

Novela de Arthur C. Clarke, publicada en 1979 e gañadora dos premios Hugo e Nébula.

O núcleo desta novela é a creación dun ascensor espacial desde o chan ata uns 40.000 km de altura aproveitando a órbita geoestacionaria, concepto que el mesmo axudou a popularizar nos anos cuarenta do século XX.

Vannevar Morgan é un enxeñeiro famoso por ter levado adiante varios proxectos moi ambiciosos con éxito, entre eles unha ponte sobre o estreito de Xibraltar. O seu seguinte intento é un ascensor espacial que permita transportar cargas e persoas a coste reducido ata     unha altura na que fose máis doado enviar naves ao espacio. O problema é que o emplazamento ideal atópase nos terreos sagrados dun monasterio budista na isla de Sri Lanka. (Nesta isla pasou Clarke os últimos 50 anos da súa vida). Esto da lugar ao conflito entre relixión e ciencia, entre tradición e progreso, entre pasado, presente e futuro. Ademáis, nunha trama paralela, establécese contacto cunha civilización alieníxena intelixente que pon a proba o concepto dun ente superior e creador.

O obra está escrita co habitual interés de Clarke por cuidar os aspectos científicos e resultar verosímil. A descrición técnica do ascensor e os problemas que plantexa están moi ben desenvolvidos.

1/12/12

La búsqueda de los elementos

De que está feito o Universo? É a mesma a materia da terra e a das estrelas?

Segundo Isaac Asimov, esta pregunta foi plantexada por primeira vez polo grego Tales de Mileto hai máis de 2.600 anos. A resposta inicialmente construida polos filósofos gregos, especialmente Aristóteles, considera que a materia está formada por catro elementos: terra, auga, aire e lume, catro principios ou propiedades da materia: seco, húmido, quente e frío e, ademáis, o elemento de que están compostos os ceos: o éter ou quinto elemento ou quintaesencia.

Comeza, entón, unha extraordinaria aventura científica da busca dos elementos e de reformulación do propio concepto de elemento. Esta aventura é indisociable da evolución da ciencia en xeral e da química en particular. Asimov condúcemos polos tempos escuros medievais e da alquimia coa súa pretensión da transmutación do chumbo en ouro. Os tempos algo menos escuros dos alquimistas árabes, incluíndo algún español. O período do errado flogisto. A luminosa aportación de Lavoisier. A afortunada irrupción do espectroscopio. A xenial creación de Mendeleiev. Así ata o estabelecemento da táboa periódica moderna, a comprensión máis axeitada dos átomos e moléculas, e a creación, como se fosen modernos alquimistas, de novos átomos nos aceleradores de partículas mediante reaccións nucleares.
Asimov convirte unha descripción histórica e divulgativa, coma sempre, nun relato ameno, entretido e moi instructivo.

espectroscopio

táboa periódica de Mendeleiev
 Aínda que o libro é de 1962, prácticamente toda a historia relevante está xa incluída.
Esto quere dicir que o concepto de elemento está razoablemente fixado e que os elementos naturais son coñecidos.. Agora ben, a composición destes elementos en protóns, neutróns e elctróns, a dos primeiros en quarks, a existencia dunha familia de quarks e outra de leptóns (á que pertence o electrón), a existencia de bosóns transmisores das interaccións, o bosón de Higgs, a posibilidade de que as partículas elementais sexan estados das supercordas,... o traballo aínda non rematou.

Disponible aquí.

26/11/12

Historia de las ciencias. 5. La ciencia del siglo XX.

Quinta e última parte da Historia das Ciencias de Stephen F. Mason.
O século XX, en canto á bioloxía, é o do gran desenvolvemento da bioloxía molecular e a xenética. Supón a definitiva conprensión da herencia xenética co estudio dos cromosomas, os xenes e o ADN.
En física é o século das grandes revolucións da teoría da relatividade e a mecánica cuántica, Ambas supuxeron cambios nas formas de pensar dos científicos. En ambas destácase a figura de Albert Einstein.
A compresnsión do universo deu grandes avances ao tempo que plantexa novos e graves interrogantes. O mundo das partículas elementales tamén experimenta un gran desenvolvemento.

Pero este século tamén é o dos grandes enfrontamentos internacionais. A segunda guerra mundial, o nazismo, a guerra fría... Todos estos acontecementos afectan á ciencia. Mason axuda a comprender a situación. Por exemplo, na Alemaña nazi, os científicos tiñan que adoptar as posturas que se consideraban apropiadas polos dirixentes da época. Poida que eso fose o principio do seu declive científico-tecnolóxico que tivo certa trascendencia na inferioridade alemana fronte aos Estados Unidos ao final da guerra.

A fotografía da portada deste libro corresponde á V Conferencia Solvay de Bruselas, de 1927, con  asistencia dos físicos máis importantes da época. Entre otros: Albert Einstein, Ernest Rutherford, Marie Curie, Max Planck, Max Born, Niels Bohr, Luis de Broglie, Erwin Schrödinger, Werner Heisenberg, etc.

Disponible na biblioteca do IES de Teis

3/11/12

La voz de los muertos

La voz de los muertos é a segunda novela escrita por Orson Scott Card  da chamada saga de Ender, despois de El juego de Ender.  Esta foi publicada en 1985 e La voz de los muertos en 1986. Posteriormente, Card publicou Ender en el exilio en 2008, situando a acción desta última entre as dúas primeiras. Por tanto, La voz de los muertos, sendo a segunda novela en ser publicada, queda como a terceira dentro da cronoloxía da saga. Non resulta imprescindible ler Ender en el exilio para comprender e disfrutar desta.
La voz de los muertos acadou como El Juego de Ender os premios Hugo e Nébula, sendo o primeiro autor que o consigue en dous anos consecutivos. Ademáis, gañou tamén o premio Locus de 1987.

A acción transcurre 3000 anos despois da victoria de Ender sobre os insectores. Grazas ás viaxes relativistas, Ender ten apenas trinta e cinco anos. Agora é un Falante no nome dos mortos e, como tal é chamado ao planeta Lusitania para falar de tres mortes que aconteceron nese mundo. A súa busca dun planeta axeitado para liberar á raíña colmena insectora, devolverlle á vida e liberarse el mesmo en parte do seu sentimento de culpa, poida que esté chegando ao seu fin. De paso, enfrontarase cos medos dos habitantes, conflictos relixiosos, os misterios do propio planeta e as difíciles relacións con todo tipo de especies, intelixentes ou non, alieníxenas.

Lusitania é un planeta colonizado por humanos procedentes de Portugal e Brasil. A presenza de termos e frases en portugués na novela é elevada.

22/10/12

Un químico ilustrado. Lavoisier

Antoine-Laurent de Lavoisier (París, 1743-1794) é, en opinión de moitos historiadores da ciencia, o fundador da química moderna. Esto quere dicir que foi o que definitivamente fai superar actitudes propias da alquimia. Adicou boa parte da súa vida a combatir a teoría do flogisto, extraño principio de peso probablemente negativo implicado no proceso de combustión. A explicación proposta por Lavoisier para a oxidación (combustión e respiración, entre outros) sentan as bases da explicación moderna das reaccións químicas.
Atribúese a Lavoisier a introducción da balanza e o estabelecemento da Lei da conservación da masa, tamén chamada Lei de Lavoisier (nos países da Europa do leste coñécese como Lei de Lomonósov). Propiamente non foi o primeiro e utilizar a balanza, pero sí en darlle ao seu uso un papel fundamental. o traballo de laboratorio de Lavoisier era moi minucioso. En canto a lei de conservación da masa a daba por suposta.

Os traballos de Lavoisier abordan varias áreas da química. Introduce unha nova nomenclatura para as sustancias. Establece o concepto de elemento químico. Demostra que a auga non é un elemento (como se pensaba desde a época dos gregos) senón un composto. Perfecciona os instrumentos para o estudo dos gases producidos nas reaccións, etc. Pero sobre todo, introduce unha actitude racional e un método definitivamente científico: someter as hipótesis a comprobación experimental mediante experimentos cuidadosamente deseñados.
Lavoisier foi un personaxe de relevancia social, económica e política, non exento de ambiciones. esto o levou a ser detido na revolución francesa e, no ano 1794, á guillotina.

Esta biografía esta escrita por Inés Pellón González, química, profesora na Universidade do País Vasco e historiadora da Química especializada nos séculos XVIII e XIX.

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis.

6/10/12

De la Tierra a la Luna / Da Terra á Lúa

Novela de Jules Verne (Francia, 1828-1905) publicada en 1865. Considerada, se cadra, como a novela máis claramente de ciencia ficción deste precursor do xénero.

Un grupo de artilleiros profesionais e aficionados tentan enviar un proxectil á lúa disparándoo cun gran cañón. Verne fai un extenso estudo dos problemas que supón tal empresa. Repasa a astronomía para ter en conta o movemento do satélite. A teoría e tecnoloxía dos telescopios para seguir a pista ao proxectil. Problemas de balística, tiro parabólico e navegación interplanetaria. Problemas de supervivencia de posibles astronautas... Todo segundo os coñecementos da época e as súas propias anticipacións.

É curioso como o emplazamento que Verne escolle para o lanzamento coincide casi completamente coa actual base de Cabo Cañaveral utilizada pola NASA para as súas misións.

Verne utiliza un estilo entre humorístico e irónico para describir aos personaxes e as situacións, satirizando os esterotipos nacionais dos Estados Unidos, Francia e outros países.

Disponible na biblioteca do IES de Teis tanto en galego como en castelán

Disponible en internet, aquí

Foi levada ao cine envarias ocasións. A máis coñecida é esta versión de 1958:
.

26/9/12

Amundsen - Scott: duelo en la Antártida

A finais do século XIX os únicos lugares terrestres aos que o ser humano non chegara eran os polos norte e sur. Respeto ao polo sur, era coñecida a existencia de terra (a Antártida) desde, alomenos, comezos do mesmo século XIX cando cazadores de baleas chegaban ás súas costas. Diversas expedicións viaxaron á Antártida co propósito de adentrarse no continente e, a ser posible, chegar ao polo. Antes das expedicións de Amundsen e Scott, a que chegou máis lonxe foi a dirixida polo irlandés Ernest Shackleton, que quedou a so uns 180 km do polo en xaneiro de 1909.

As expedicións polares fixeron unha gran aportación á ciencia en diversos campos, especialmente en meteoroloxía e climatoloxía, oceanografía (coñecemento de correntes mariñas), zooloxía e embrioloxía (descobrimento de novas especies, estudio de embrións de pingüino que aclararon certos aspectos da evolución), magnetismo terrestre (confirmación de que os polos magnéticos varían co tempo) e en xeoloxía (fósiles recollidos polo grupo de Scott axudaron a confirmar que en tempo remoto a Antártida estivo unida a Australia, apoiando a teoría da deriva continental e a tectónica de placas), e outras.

Robert Falcon Scott era un capitán da mariña de guerra británica que xa tiña experiencia como explorador: en decembro de 1902 chegou aos 88º17' cun grupo no que tamén estaba Shackleton.
Roald Amundsen, noruegués, participara entre 1897 e 1899 nunha expedición que foi a primeira en cruzar o círculo polar antártico. Tamén tratou de chegar ao polo Norte, descubrindo en 1903 o chamado paso do noroeste entre os océanos Atlántico e Pacífico.
Este libro de Javier Cacho Gómez, físico e divulgador científico español, relata a competición que se estableceu entre 1910 e 1912 entre ambos os dous exploradores por seren os primeiros en chegar aos 90º de latitude sur (o polo). Chegar ao polo naquela época supuxo unha loita contra as condicións naturais para a que non estaban moi preparados, por eso o feito de chegar é unha verdadeira fazaña. Se a eso engadimos a necesidade de chegar primeiro que o outro, convírtese nun labor titánico propio de seres humanos excepcionais.
Javier Cacho axúdanos a coñecer as distintas personalidades de Amundsen e Scott, sus virtudes e defectos, a entender as extraordinarias dificultades e sufrimentos que tiveron que enfrontar e a trascendencia que estas expedicións tiveron na sociedade da época e posterior. E todo cunha forma de relatar que convirte o libro no máis apaixoante relato de aventuras.

20/9/12

Marte rojo

A mediados do século XXI, a humanidade está en condicións de enfrontar a colonización do planeta Marte. Para esto envía unha expedición con cen homes e mulleres a bordo dunha nave. Estes primeiros cen son persoas de carácter emprendedor, auténticos pioneiros, e de gran capacidade científica ou tecnolóxica. En canto chegan a Marte, abordan a tarefa de construir hábitats adecuados para os humanos e investigar e explorar o planeta. Pronto aparecen diferenzas entre dúas posicións. Aqueles que desexan respetar as condicións do planeta e adaptárense eles a Marte (os vermellos, pola cor dominante en Marte), e os que prefiren cambiar o planeta para mellorar as condicións de habitabilidade do mesmo nun proceso que se denomina terraformación (os verdes, pola cor da vexetación terrestre). As tensións e disputas son inevitables.

Para complicar máis as cousas, na Terra sófrese un grave problema de sobrepoblación. Para alivialo en parte, comezan a enviar expedicións masivas de novos colonos. A población marciana pasa do millón de persoas en poucos anos. Por outra banda, Marte posúe extraordinarias riquezas minerais. Esto desperta a codicia das grandes corporacións multinacionais. Os estados terrestres tratan de manter a súa influencia política e económica sobre Marte e as súas xentes. A traxedia está servida.

Esta novela do escritor estadounidense Kim Stanley Robinson, publicada en 1992 e gañadora do premio Nébula, pon de manifesto o xenio da humanidade para desenvolverse e sobrevivir en entornos hostís, para adaptarse ou modificar o medio. Tamén, que se en algo a humanidade é aínda máis poderosa, é na súa capacidade de autodestrucción.

Desde o punto de vista científico destaca a precisión da descrición da xeografía e a xeoloxía de Marte (cumpriría dicir areografía e areoloxía, de Ares, Marte). Parece que Robinson estivo alí polos detalles que da. As estratexias de terraformación subindo as temperaturas e a presión da atmosfera, os intentos de creación de organismos que poidesen sobrevivir nas condicións marcianas, a arquitectura e enxeñería dos asentamentos, todo  parece verosímil e, certamente, inxenioso.

Esta novela é a primeira dunha triloxía completada por Marte verde e Marte azul. Considéranse ciencia ficción dura, pero ademáis, teñen unha gran compoñente de socioloxía e ecoloxía.

Disponible na biblioteca do IES de Teis.

4/9/12

Quarks, chiflados y el cosmos

Obra de divulgación científica publicada en 1994 e escrita por Jeremy Bernstein, físico e divulgador norteamericano nado en 1929. Actualmente é profesor emérito no  Stevens Institute of Technology de New Jersey e forma parte da dirección da revista The New Yorker, na que publica artigos de divulgación.

Bernstein escribe o que el chama perfís biográficos, que son os aspectos relevantes desde o punto de vista da ciencia da biografía dos científicos, incluíndo o contexto social e a situación da ciencia na época. Non se precisa unha especial formación científica para disfrutar con estes perfís, sempre moi amenos.

Neste libro desenvolve trece miniperfís sobre aspectos concretos da vida ou a obra de certos personaxes. No primeiro, adicado a Einstein, pregúntase como os científicos da época poderían detectar se os famosos artigos de 1905 eran a obra dun xenio descoñecido ata entón (como agora sabemos) ou os delirios dun charlatán. As chaves que Bernstein propón son aplicables sempre, en particular, agora con certos asuntos científicos de repercusión popular e rodeados de polémica.

Todos os capítulos son de gran interese, pero moi especialmente os que adica ao papel da muller na ciencia, ao racismo e ao uso e abuso do CI (cociente de intelixencia).

22/7/12

Fundación e Imperio

Segunda entrega, publicada en 1952, do Ciclo de Trántor ou Triloxía das Fundacións (Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación) de Asimov. Esta triloxía foi galardonada co Premio Hugo a mellor serie de ciencia ficción de todos os tempos en 1966. 
A novela ten dúas partes publicadas independentemente en 1945 na revista de ciencia ficción Astounding: O xeneral e O Mulo. Esta segunda parte recibiu en 1996 o premio Hugo correspondente a 1946 de xeito retrospectivo.

Na primeira parte (O xeneral), o Imperio tenta destruir á Fundación enviando ao seu mellor xeneral. As previsións da psicohistoria de Hari Seldom (véase Fundación)  sofren unha forte proba. A Fundación debe empregarse a fondo para sobrevivir.

Na segunda parte, a ameaza para a Fundación ven dun mutante (O Mulo) contra o que as matemáticas da psicohistoria fallan porque so podían prever comportamentos de grandes masas de individuos, non de individuos concretos cando estes son excepcionais. Ademais, a propia Fundación está a caer en vicios propios do Imperio: o despotismo, a falta de iniciativa, decaimento da investigación científica, ... Ideas frecuentes nas obras de Asimov.

Nesta novela, a ciencia parece que pasa a un segundo plano en beneficio da trama. Temos viaxes espaciais polo hiperespazo, desintegradores atómicos, campos protectores e pouco máis. O fundamental é a tensión xenerada entre os diferentes personaxes.

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis.

10/7/12

Estrella doble

Estrella doble é unha novela escrita por Robert A. Heinlein en 1956, premio Hugo no mesmo ano.

O autor, estadounidense (1907-1988), é considerado un dos grandes mestres do xénero na idade de oro da ciencia ficción -anos 40 e 50 do pasado século- xunto con Isaac Asimov e Arthur C. Clarke. Coma eles, adoita ser o máis riguroso posible coa base científica das súas novelas, procurando o máximo de verosimilitude.

Estrella doble narra unha historia sinxela na que un actor en horas baixas vese implicado nunha trama de intriga política de gran altura. A intriga atrapa nada menos que ao Ministro Supremo do Imperio Galáctico. Dito Imperio está gobernado polos humanos estendidos por todo o sistema solar. Os marcianos e os venusianos nativos son colaboradores amistosos pero non exactamente súbditos. Existe un risco de enfrentamento cos marcianos e, ao tempo, unhas eleccións xerais se acercan. O actor é o único que pode salvar a situación.

A novela invita a reflexionar sobre a propia naturaleza da nosa personalidade, que somos e como somos. Ata que punto estamos representando un papel asignado por outros. Tamén é un alegato antiracista e antibelicista.

Existe unha versión libre en internet aquí.

16/6/12

El libro del día del juicio final

Novela escrita en 1992 por Connie Willis, escritora norteamericana nada en 1945. Gañou os premios Nebula en 1992, Hugo e Locus en 1993.

A mediados do século XXI, as viaxes no tempo, non exentas de perigos e dificultades, con case rutinarias. Os historiadores as usan para estudiar o pasado "en directo". A protagonista, Kivrin, é unha historiadora que é enviada ao século XIV, o século da peste, entre outras cousas. Como é de esperar, algo non vai como estaba previsto. Os científicos actuais de Oxford en 2054 tratan de rescatala, mentres no século XXI a situación complícase. O propio Oxford en 2054 é azotado por unha grave epidemia provocada por certo virus descoñecido.

Kivrin, nun século oscuro, cheo de medos e supersticións e donde a enfermidade é un castigo divino, ten que atopar o mellor de si mesma para superar as dificultades. Entre tanto, no século XXI tamén teñen que loitar con situacións inesperadas. Os seres humanos, en situacións límite desenvolven capacidades que descoñecían ter. A vontade, esforzo e capacidade de sufrimento pode con todas as barreiras.

Novela un tanto longa, pero cun estilo ameno e áxil e unha trama moi ben levada, con doses de intriga que engancha desde a primeira páxina.

23/5/12

La guerra de dos mundos

O autor deste libro é Sergio L. Palacios, doutor en Física e profesor e investigador na universidade de Oviedo. A partir da idea de acercar a física a estudantes universitarios de distintas áreas, deseñou unha materia de libre configuración, Física na ciencia ficción. Unha parte dos materiais reunidos para as súas clases deron lugar a este libro.
Sergio Palacios mantén un magnífico blogue titulado Física en la Ciencia Ficción Plus.

Por se o título non fose suficientemente indicativo, o autor engade un subtítlo: Superhéroes y ciencia ficción contra las leyes de la física, que aclara por donde vai. Tomando como base o núcleo dunha película, serie de TV o cómic de ciencia ficción ou partindo dunha escea ou viñeta con contido científico, pseudocientífico, paracientífico ou patacientífico... aproveita para explicar de forma absolutamente amena e divertida algúns conceptos ou aspectos da física.
Polas súas páxinas aparece superman, spiderman, os catro fantásticos, Silver Surfer, Hulk, a marabillosa espada láser da Guerra das Galaxias, Eraser, Predator...  A invisibilidade tratada nas películas baseadas na novela de Wells e noutras películas e cómics non escapa a o seu agudo análise. A goma voadora (flubber) do doutor chiflado que deu dous filmes e que gaña enerxía en cada rebote aparece noutro capítulo. A teletransportación de Star Trek ou de La Mosca, as viaxes no tempo, a manía de usar armas atómicas para resolver problemas (Armageddon, El núcleo, Crisis Solar...) tamén son obxeto dos seus dardos.

Neste libro apréndese moita física case sen decatarse, pero tamén temos un repaso ao mellor do cine e do cómic do xénero fantástico e de ficción científica. Apréciase moi claramente a afición do autor por estes xéneros e, que, ademáis, ten bo criterio cando sinala a súa preferencia por 2001. Una odisea espacial ou Alien, el octavo pasajero. Nesto coincidimos.

Disponible na biblioteca do IES de Teis.

3/5/12

Pórtico

Novela do escritor estadounidense Frederik Pohl, nado en 1919 e falecido en 2013. Escrita en 1976 e gañadora dos premios Nébula(1977), Hugo(1978), Locus(1978) e John W. Campbel Memorial(1978), e dícir, todos os importantes, sendo a única novela, até agora, en acadalo.
É a primeira da Saga dos Heeches, misteriosos seres intelixentes xa desaparecidos, probablemente establecidos en Venus.

Pórtico é un asteroide, atopado polos humanos de casualidade, utilizado polos Heeches como base das súas naves de exploración da galaxia. Os humanos poden usar as naves e outros achádegos tecnolóxicos pero descoñecen os seus principios de funcionamento. Os prospectores viaxan nas naves para atopar en outros planetas vestixios dos Heeches qeu lles permitan comprender a súa tecnoloxía e descubrir a súa historia. O protagonista é un prospector atormentado polos seus desequilibrios mentais e a súa cobardía. Ao longo da novela vamos descubrindo máis sobre as razóns do seu tormento.

É salientable como as naves viaxan a velocidades superiores a da luz, grazas a esa tecnoloxía non comprendida, e sen ter en conta os molestos efectos relativistas. Ou sexa, o tempo transcurre igual para os astronautas e para os que quedan en terra, o que lles permite voltar despois dunha viaxe de, por exemplo, cen días, sen que para os de Pórtico non pasaran varios anos. Por non mencionar que, tamén, se obvian as tremendas aceleracións que sufrirían. Parece que, sinxelamente, atoparon algún atallo.

25/4/12

Ender en el exilio

Novela da saga de Ender escrita por Orson Scott Card en 2008, por tanto, é a última, até agora, da saga. Sin embargo, a acción sitúase entre a primeira (El juego de Ender, 1985, xa comentada) e a segunda (La voz de los muertos, 1986). Card explica nesta novela as obsesións de Ender despois de derrotar aos insectores na primeira e as chaves que se desenvolverán nas seguintes.

Tras a súa victoria, Ender marcha a un planeta colonizado por humanos para ser o gobernador. Alí axudará a consolidar e desenvolver a colonia e, sobre todo, atopará parte das respostas ás preguntas que se facía sobre o comportamento dos seus inimigos na guerra da primeira novela. Tamén axudará a cortar un intento de revolta noutro planeta.

Se na novela de 1985, Card anticipaba o uso das redes socias e as comunicacións por internet, nesta estas comunicacións teñen gran protagonismo. Para salvar o inconvinte da limitación da velocidade da luz cando se trata das comunicacións entre planetas distantes, Card crea (xa o creara en El juego de Ender) o ansible, milagroso invento, baseado nas características dos insectores (os derrotados na guerra) que permiten a comunicación instantánea.
Asimesmo, facendo gala da súa formación científica, Card ten en conta os efectos relativistas nas viaxes interestelares. Estas viaxes duran, por exemplo, dous anos para os que van a bordo da nave, e cuarenta para os que permanecen na terra ou no planeta de destino. A nave viaxa a velocidade cercana á da luz grazas a un motor de campo nuclear forte, derivado tamén de tecnoloxía insectora. Eso sí, Card atopa planetas verdadeiramente cercanos entre sí que permiten un desenvolvemento axeitado da trama.

En todo caso, novela escrita con impecable e ameno estilo. O lector vese atrapado pola trama e quedan gañas de continuar con toda a saga.

2/4/12

El gran diseño

Obra de divulgación científica escrita por Stephen Hawking e Leonard Mlodinov.
Ambos científicos actualizan cuestións analisadas polos dous en Brevísima historia do  tempo e, por Hawking en Historia do tempo, xa comentada, á luz dos avances da Física, especialmente na Física de partículas.
Os autores repasan a historia do coñecemento científico da evolución do universo, desde a antigüedade ata os nosos días. Os principais enigmas que sobreviven son o propio inicio do tempo, a física no Big bang, a evolución futura do universo...
Para solucionar estes enigmas, os autores e outros científicos creen na posibilidade de atopar unha teoría "do todo", teoría unificada que daría conta de todos os problesmas da física, incluíndo o propio Big bang, A candidata mellor situada para ser "teoría do todo" sería a chamada Teoría M, de gran nivel de sofisticación e complexidade conceptual e matemática e alonxada do chamado "sentido común".

Segundo explican Hawking e Mlodinov, a historia do coñecemento científico foi facendo posible que explicacións mitolóxicas, baseadas en concepcións sobrenaturais fosen sendo substituidas, progresivamente, polas explicacións racionais derivadas das teorías físicas. De atoparse finalmente a teoría do todo, a existencia do Universo (do multiverso, como din) sería unha consecuencia necesaria das propias leis científicas. Esta afirmación, no seu extemo, leva a non necesidade dun ser superior, intelixente, que tivese creado o Universo.
Por esta razón, este libro levantou unha forte polémica no seu momento de publicación (2010) entre sectores da sociedade defensores da creación intelixente. (Por exemplo: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2010/09/02/actualidad/1283378406_850215.html)

En todo caso, o libro está escrito nun estilo accesible a tódos os públicos aínda quen non teñan unha gran formación científica. Sinxelo, moi claro e ameno.

Disponible na biblioteca do IES de Teis.
En internet aquí.

Neste video, Hawking "fala" sobre o universo:


8/3/12

Fundación

Esta novela de Isaac Asimov  de 1951 é a primeira entrega do chamado Ciclo de Trántor ou Ciclo da Fundación constituído ademáis por Fundación e Imperio (1952) e Segunda Fundación (1953). Posteriormente, Asimov engadíu dúas secuelas, Los límites de la Fundación (1982) e Fundación y Tierra (1983) e dúas "precuelas", Preludio de la Fundación (1988) e Hacia la Fundación (1993).

Nun futuro remoto (ano 12000, aproximadamente) a humanidade está estendida por toda a Galaxia nun único imperio gobernado desde o planeta de Trántor, situado nas cercanías do centro da Galaxia. Dito imperio está en decadencia entre outras cousas, polo abandono da investigación científica e o conformismo coa prosperidade e o benestar xeral.
Hari Seldom é un psicohistoriador. Esta disciplina científica analisa a evolución histórica mediante modelos matemáticos baseados na teoría cinética e a termodinámica estadística. Atopa que o imperio cairá e, a continuación, haberá un período de caos e guerras que durará trinta mil anos. Segundo o seu análise, a creación dunha Fundación nun planeta afastado do centro, na periferia da Galaxia, podería reducir ese período de caos a mil anos...

É salientable como Asimov (que gozaba dunha sólida formación científica) sortea en dúas palabras o engorroso inconvinte para as viaxes por toda a Galaxia das grandes distancias, a limitación da velocidade máxima (a da luz) e os efectos relativistas, atopando un auténtico atallo a través dun confuso hiperespacio no que se poden dar saltos que te sitúan en calquera punto da Galaxia de xeito instantáneo. En fin, esixencias do guión.

Aquí  tes unha interesante entrevista  feita a Asimov en 1988 na que conta as súas ideas sobre o futuro do ensino:

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis

18/2/12

Historia de las Ciencias 4. La Ciencia del siglo XIX

Cuarta parte da Historia de las Ciencias de Stephen F. Mason.
No século XIX case todas as ciencias experimentan un gran pulo e desenvolvemento.
Por exemplo, a Xeoloxía consolídase como área científica. Comeza o estudo das fósiles, dos estratos e, como consecuencia, das teorías de constitución e evolución do planeta.
Do estudio dos fósiles derivaron as primeiras teorías de evolución das especies. O propio Darwin comezou a súa carreira científica máis interesado pola xeoloxía que pola bioloxía.
Estas teorías evolucionistas deron lugar a un dos debates e enfrontamentos entre científicos máis intensos, apaixoantes e fructíferos de toda a historia da Ciencia; aínda que non estivo exento de acritude e malos modos.
O resultado dese debate é coñecido e, curiosamente, no século XXI volve estar de actualidade.
No campo da química desenvólvese especialmente a química orgánica, a clasificación dos elementos químicos (con Mendeleiev), a teoría corpuscular da materia e a comprensión dos mecanismos de reacción (Lavoisier, Avogadro, ...) e os métodos de obtención de diversas sustancias inorgánicas. Na física é o século do estudo da natureza da luz e da electricidade e o magnetismo, sobre todo grazas ao gran James Clerk Maxwell.
Tamén aparece a microbioloxía e o estudio dos xermes patóxenos que inciden na mellora da mediciña e a ciruxía.
Por fin, é tamén o século do desenvolvemento da termodinámica e a enxeñería das máquinas térmicas.

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis

6/1/12

Veinte mil leguas de viaje submarino / Vinte mil leguas baixo dos mares

Novela de Jules Verne publicada por primeira vez en 1869.

A historia comeza coas estranas aparicións dun fabuloso animal, poida que fose un narval ou unha lura xigante. Unha expedición da mariña de guerra estadounidense trata de atopar e cazar ao animal. O resultado é o afundimento do buque americán e a captura de tres persoas por parte do narval que resulta ser en realidade un fantástico submarino - o Nautilus- dirixido polo capitán Nemo. A parte das diversas peripecias da trama, son de interese o propio submarino, a descripción dos fondos marinos e os diversos inventos que describe o protagonista.

En canto o submarino, pódese ver aquí a historia deste tipo de naves. O Nautilus está case un século adiantado ao seu tempo.

A descripción dos fondos é moi minuciosa, como adoita ser neste autor. Aínda así, Verne "descubre" a Atlántida e chega ao polo Sur ¡polo mar!.

Entre os inventos, está a escafandra de buceo e as balas eléctricas, imaxinadas antes da súa existencia real.
Dispoñible no IES de Teis tanto en galego como en castelán.
Versión libre en internet aquí, aquí e aquí.

Foi levada ao cine moitas veces. A máis famosa é esta versión de 1954 con Kirk Douglas e James Mason, dirixida por Richard Fleischer:



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...