14/1/18

El problema de los tres cuerpos

Novela publicada primeiro por entregas nunha revista en 2006 e, posteriormente en 2008, como libro. O autor é o escritor chinés Liu Cixin, nacido en 1963.
A novela é a primeira dunha triloxía que ten como tema común o contacto con civilizacións alieníxenas. El problema de los tres cuerpos gañou o premio Hugo correspondente a 2015. Tamén foi galardonada co premio Ignotus á mellor novela estranxeira de 2017. Este premio está concedido pola Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror.

A historia relatada na novela, comeza na época da Revolución Cultural chinesa, período dos anos 60 e 70 do século XX, caracterizado por unha gran represión e persecución de intelectuais e poboación xeral, acusados de ir contra os principios da revolución maoísta (do nome do presidente Mao Zedong).
Grupos de estudiantes patriotas (gardas vermellos) denunciaban a todo aquel que parecese pouco revolucionario. O afectado enfrontabase como mínimo á tortura e como máximo á execución.

A protagonista da novela, astrofísica, ve como o seu pai, renomeado científico é acusado de contrarrevolucionario e condeado á morte despois dun simulacro de xuizo. Ela mesma sofre persecución e, con certa sorte, acaba nun proxecto secreto para tentar contactar con civilizacións extraterrestres. O contacto establécese por fin cun planeta con tres soles e, de aí, o título. En efecto, de acordo coa dinámica gravitatoria, o comportamento de tres corpos é imposible de calcular e predecir, trátase dun sistema caótico. Na predicción dese comportamento fracasaron as mellores mentes do noso mundo e do alieníxena.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...