5/6/10

Claro de Tierra

Novela escrita en 1955 por Arthur C. Clarke, do que xa falamos. Clarke é considerado, xunto con Asimov e Robert Heinlein, un dos tres grandes maestros da ciencia ficción. En 1994 foi candidato ao Premio Nobel de literatura.

Está ambientada no século XXII. Os seres humanos colonizaron a Lúa, Mercurio, Venus, Marte e algúns satélites de Xupiter e Saturno. Estas colonias, excepto a Lúa, declaráronse repúblicas independentes e agrupáronse nunha Federación. A Lúa todavía pertence á Terra.

Intereses económicos, especialmente de obtención de metais nas minas da Lúa, levan a unha crise entre a Terra e a Federación, a piques de declarárense a guerra. Polo medio temos unha historia de espías. É clara a influencia da experiencia do autor na Segunda Guerra Mundial (1939-1945).

Como sempre en Clarke, os aspectos científicos están moi ben tratados. Os efectos visuais e sonoros (ou a falta de efectos sonoros) na Lúa e no espacio, a influencia da diferente gravedade no organismo, a observación astronómica en ausencia de atmósfera, os problemas para a supervivencia humana na Lúa, etc., están explicados ou anticipados con rigor.

Pero, ademáis, está o problema da lealdade. Debe un ser humano ser leal á súa patria ou á súa especie? Esta é a cuestión.

Disponible na biblioteca do IES de Teis.

2/6/10

Opúsculos sobre el movimiento de la Tierra




Esta obra é, digamos, divulgación científica orixinal, feita polos propios científicos que estaban a crear unha nova ciencia. Estamos na época en que a postura oficial (da Igrexa) era partidaria do Xeocentrismo e condenaba o heliocentrismo como herexía, o que derivaría no proceso da Inquisición contra Galileo de 1633.

Trátase dunha recompilación de tres textos breves (unhas 20 páxinas cada un).

O primeiro, chamado abreviadamente Commentariolus (~1514), é un texto de Nicolás Copérnico para distribuir entre os seus amigos no que expón por primeira vez as ideas heliocéntricas da nova cosmoloxía que, posteriormente, revolucionaría o pensamento científico dos século XVI e XVII.

O segundo é un texto de divulgación e defensa das ideas copernicanas escrito por Thomas Digges en 1576. Digges foi, probablemente o primeiro defensor e divulgador do copernicanismo, e, seguro, o primeiro que escribiu sobre isto en inglés.

O terceiro e un texto de Galileo de 1615, non publicado na época, titulado Consideraciones sobre la opinión copernicana. Galileo fai unha defensa das teorías de Copérnico, aportando o que, na súa opinión, son novas evidencias e novos argumentos a favor do sistema heliocéntrico.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...