18/5/18

Los desposeidos

Novela publicada en 1974. A autora é a escritora norteamericana Ursula K. Le Guin (1929-2018). A obra gañou os premios Nebula, Hugo e Locus. Considérase ciencia ficción social ou política e, nela, maniféstanse as ideas feministas e taoístas da autora.

Urras é un planeta superpoblado e con diversos países que frecuentemente guerrean entre sí. O sistema maioritario é o capitalista, con graves desigualdades sociais entre pobres e ricos. 170 anos antes dos feitos que se narran, un grupo de revolucionarios abandona o planeta para establecerense no seu satélite, Anarres, fundando unha sociedade igualitaria, sen normas nin leis nin diñeiro.  Cada membro da comunidade aporta á sociedade o seu talento e o seu traballo e toma dela o que necesita para sobrevivir: roupa, alimentos, aloxamento. Ninguén posúe nada. Mesmo as relacións familiares son abertas. Pero incluso nesta sociedade igualitaria e xusta, aparecen elementos corruptos, envexas e exceso de burocracia.

O protagonista é un físico brillante que ve como as súas teorías non son comprendidas nin aceptadas en Anarres. Tampouco dispón de medios adecuados para desenvolvelas. Por iso emigra a Urras para dar a coñecer a súa ciencia. Alí choca coa sociedade consumista e propietaria (o propietariado). O interés dos urrasti nas súas teorías é económico e militar.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...