15/12/17

El mundo de los no-A

Novela publicada en 1945, do escritor nacido en Canadá, Alfred Elton Van Vogt (1912-2000). Está considerado como un dos primeiros e principais autores da chamada Idade do Ouro da Ciencia Ficción, período moi prolífico do xénero marcado pola existencia dun gran número de revistas de CF. Certos relatos de Van Vogt parece que serviron de inspiración aos guionistas de Star Trek e Alien.

O título -El mundo de los no-A-, fai referencia a unha civilización baseada nunha lóxica non aristotélica. Esta civilización existe na Terra e na súa colonia de Venus, nun futuro situado arredor do século XXVI. Así, os candidatos a ocupar postos dirixentes na Terra e en Venus son seleccionados por unha Máquina nunha especie de Xogos.

Certo candidato vese atrapado nunha intriga de loita de poder que se mistura có intento dunha civilización exterior de facerse co control de toda a galaxia contra a actual Liga Galáctica. O protagonista, pouco a pouco, va sendo conscente de ter certas facultades extraordinarias e va aprendendo a usalas. A trama complícase ata a resolución final moi sorprendente.

25/11/17

El quark y el jaguar

O autor desta obra de divulgación científica, Murray Gell-Mann, é un científico estadounidense, nacido en Nova Iorque en 1929.
Graduose en Física na prestixiosa Universidade de Yale en 1948. Formando parte do equipo de estudantes desta univeridade conseguiu o segundo posto na Putnan Competition, unha especie de Olimpiada Matemática para universitarios, por detrás do equipo da tamén moi prestixiosa Universidade de Harvard. Obtivo un Doctorado en Física en 1951 polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), tamén considerada entre as mellores universidades do mundo. En 1955 comezou a traballar como profesor de Física, e desde 1967, como catedrático, no Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech), tamén entre as mellores.

Ao longo dos anos 40 e 50, descubríronse unha grande cantidade de partículas subatómicas que dificultaban a comprensión dos fundamentos da constitución da materia. En 1964, Gell-Mann e George Zweig, independentemente propuxeron a existencia de certas partículas elementais que formarían parte dos protóns e neutróns en grupos de tres e, tamén, constituirían a maior parte das outras partículas, excluídas os leptons (electróns, neutrinos, muóns...). Gell-Mann propuxo o nome de quarks para estas partículas. Primeiramente inventouse esa palabra sen ter unha ortografía definida. Máis adiante atopou estes versos de James Joyce:

"Three quarks for Muster Mark!
Sure he has not got much of a bark
And sure any he has it's all beside the mark."

Traducidos libremente como:

"¡Tres quarks para Muster Mark!
Claro que non ten moito de ladrido
E seguro que cualquera que el teña está ao lado da marca."

Nestes versos, quark parece ser o sonido que fai unha gaivota.

En 1967 foi identificado o primeiro quark no Acelerador de partículas de Stanford (California) e Gell-Mann recibiu o Premio Nobel de Física en 1969.
Nesta obra, o autor reflexiona sobre as conexións entre as leis fundamentais da física e a diversidade do universo e do mundo natural, pasando, simbólicamente, da sinxeleza dunha particula elemental á complexidade dun ser vivo como un xaguar.
A obra ten catro partes: O simple e o complexo, O universo cuántico, Selección e adaptación e Diversidade e complexidade.

Libro de divulgación feito por un dos físicos máis brillantes e exitosos do século XX, precisa de certo nivel de atención e interese para disfrutar da súa lectura.

9/10/17

El apagón / Cese de alerta

Aínda que foi publicada en dúas entregas, El apagón e Cese de alerta, son en realidade unha soa novela que se debe ler seguida. En total son 1200 páxinas, por eso foi publicada en dous tomos.
A autora é Connie Willis, (Denver, EEUU, 1945), da que temos outras obras neste blogue. As dúas partes, consideradas como unha única novela gañaron os premios Nebula, Hugo e Locus. Foron publicadas en 2010.

Igual que en El día del juicio final e en Por no mencionar al perro, A trama desta novela desenvólvese en torno as viaxes no tempo que fan os historiadores da Universidade de Oxford, comandados polo señor Dunworthy. Nesta ocasión, tres historiadores viaxan desde o seu presente (ano 2060), a distintos momentos e lugares da II Guerra Mundial entre 1940 e 1945. En seguida xurden os problemas e os historiadores quedan abandonados á súa sorte, imposibilitados de regresaren á súa época. Cada vez que teñen unha ocasión para seren recatados, o destino parece confabularse para evitalo. Mentres, eses
historiadores asisten a momentos e feitos de gran relevancia no desenvolvemento da Guerra Mundial.

Á gran preocupación e desconcerto que sofren os historiadores polo feito de non poder volver a súa época, engádese o risco de que a súa presenza cambie o pasado, poñendo en perigo a victoria final dos aliados (británicos, estadounidenses, franceses,...) na guerra.

Inicialmente, a novela presenta historias que parecen estar desconectadas. So pouco a pouco esas historias acabarán converxendo e dando sentido global a toda a historia. Cada peza encaixa no seu sitio segundo nos aproximamos ao final. Mentres, tanto os protagonistas como o lector, chegan a desperarse ante tantos infortunios.

Verdadeiramente é unha novela que ten moi pouca ciencia, ficticia ou non, aparte das viaxes no tempo; é mais ben unha novela de aventuras e intriga que, como tal, funciona moi ben. Preguntámonos continuamente a influencia que o máis tivial dos nosos actos pode ter no devenir dos nosos contemporáneos. Unha acción, en principio boa, pode ter consecuencias desfavorables para os demais. Pola contra, unha acción, en principio, incorrecta ou reprochable, pode ter, mais adiante, efectos beneficiosos.

Por outro lado, no que se refire propiamente á II Guerra Mundial, ponse de manifiesto a cantidade de pequenas aportaciones e feitos de seu irrelevantes que tiveron incidencia na resolución final do conflicto; e como moitos deles foron particularmente afortunados. As veces parece que derrotar a Hitler foi cousa de pura sorte.

Disponibles na biblioteca do IES de Teis.

18/9/17

La acupuntura ¡vaya timo!

O autor deste libro é o mesmo que o de La homeopatía ¡vaya timo!, Victor-Javier Sanz, médico cardiólogo que foi vicepresidente de SAPC (Sociedade para o Avance do Pensamento Crítico), sociedade que edita esta colección (¡Vaya timo!) en colaboración coa editorial Laetoli. 

O autor trata de demostrar que a acupuntura é unha falsa ciencia ou pseudociencia pura e dura ao mesmo nivel que o tarot, a astroloxía ou a homeopatía. Explícanos como a acupuntura forma parte inseparable da chamada Medicina Tradicional Chinesa (MTC) coas súas vaguedades, metáforas, influencias máxicas, o yin e o yang, os meridianos, a enerxía positiva, órganos que fan funcións diferentes das comprobadas e mesmo inexistentes como o triple calentador... É absolutamente incompatible coa ciencia e, por tanto, coa medicina científica. 

A propósito deste libro, dí Mario Bunge:

"Felicitaciones por tener el valor de proponer la prohibición de la acupuntura. Lo acusarán de intolerancia, como si no se tuviese el deber de ser intolerante con la estafa, la agresión, y demás males.
...
Gracias por intentar abrir los ojos de algunos encandilados por la pseudociencia."

Unha das cousas que ao Dr. Sanz lle parecen máis graves é que haxa médicos que propaguen e practiquen estas barbaridades: A acupuntura pasou de ser un conto chinés a unha mentira occidental. E, resume: a acupuntura é falsa, ineficaz e perigosa.

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis

28/6/17

Los propios dioses

Novela de Isaac Asimov, (Rusia, 1920-EEUU, 1992), publicada en 1972 e gañadora dos premios Nébula, de 1972 e Hugo e Locus, de 1973.
O título corresponde a unha cita que o autor alemán Firedrich Schiller (1759-1805) pon en boca da heroína francesa Jeanne d'Arc (Xoana de Arco) no seu drama A doncela de Orleans: "Contra a estupidez, os propios deuses loitan en van."
Foi a primeira novela de Asimov premiada con algún dos premios máis importantes da literatura de ciencia ficción. Posteriormente recibiría premios de carácter retroactivo pola súa serie das Fundacións.

Isaac Asimov especula nesta novela coa posibilidade de existencia dos universos paralelos. Propón que estes universo terían, posiblemente, diferentes valores das constantes básicas da naturaleza (xa sabes: h, e, G, K, etc.). En particular, habería un valor diferente da forza nuclear. Cómpre ter en conta que nos anos 60, 70 e 80 do século XX, a interacción nuclear forte estaba a ser comprendida, estudiada e establecida, polo tanto, o asunto era moi novedoso e válido para a imaxinación dos autores de CF.

Na primeira parte da novela, que se desenvolve na Terra, presenta como o universo paralelo (parauniverso) entra en contaco co noso. Unha vez aceptado e comprendido esto, ten lugar un espectacular achádego científico e tecnolóxico e, tamén, unha historia de rivalidades entre os científicos. A segunda parte desenvólvese no parauniverso. Asimov concibe, non so un planeta alleo, senón todo un universo con leis naturais, seres e formas de pensar e vivir radicalmente diferentes das nosas, pero con unha brillante coherencia interna. A terceira parte desenvólvese na Lúa e supón a resolución final do conflicto.

Nesta novela, Asimov reserva para algunhas personaxes femininas un papel máis relevante que en toda a sú producción anterior. Vamos mellorando.

Por outra banda, a novela goza do personal estilo de Asimov, ameno, con gran sentido do ritmo, introducindo con sabiduría adecuados golpes de efecto e mantendo, sempre, a atención do lector. Ademáis, co máximo respecto posible pola ciencia e tratando de facela verosímil dentro do que non deixa de ser unha especulación imaxinativa. De feito, na primeira parte recibimos unha pequena lección sobre a interacción nuclear e a estabilidade dos núcleos dos átomos.

Disponible en internet aquí.

8/6/17

Forastero en tierra extraña

Novela de Robert Heinlein (EEUU, 1907-1988), considerado un dos mestres da ciencia ficción, a mellor parte da súa producción coresponde aos anos 50 e 60 do século XX. Esta novela foi publicada en 1961 e gañou do premio Hugo de 1962.

Nun futuro indeterminado, envíase unha primeira expedición a Marte coa que se perde contacto. Anos despois, unha segunda expedición rescata a un mozo fillo de dous dos primeiros expedicionarios e que foi educado polos marcianos. Este mozo, Valentine Michael Smith é devolto á Terra. En trono a este xoven desenvólvese unha trama con aspectos políticos, económicos, sociais e relixiosos.
Por unha banda, Michael Smith é herdeiro dunha grande fortuna por parte dos seus pais. Por outra banda, ten gran importancia política como primeiro habitante humano de Marte. Michael é axudado por un personaxe curioso: Jubal Harshaw, un vello hedonista, cínico, astuto e dotado dunha gran intelixencia e capacidade de análise, que vive rodeado de secretarias e outros axudantes.
Michael ten estrañas habilidades físicas e mentales. É incapaz de mentir. Non deixa de darle voltas ás cousas ata que as comprende perfectamente (as asimila). Queda intrigado polo fenómeno das crenzas relixiosas e funda a súa propia igrexa.

Entre os elementos futuristas, destaca e automóbil voador, con ou sen condutor e a ¡cama de auga!

Considerouse no seu tempo como unha novela de culto por parte dos, así chamados, hippies, debido a vida comunal e de liberdade sexual presente na igrexa de Michael. Esto a convertiu nunha novela polémica. Ademais, o primeiro editor norteamericán, esixiu que fose recortada pois a atopou excesivamente longa. As primeiras edicións en inglés e, tamén, en castelán, tiñan unha terceira parte menos de extensión que a actual.

A Heinlein  pásalle o mesmo que xa temos comentado no caso de Asimov, pero levado ao extremo: pode anticipar avances científicos pero non é capaz de darlle á muller un papel que non sexa o máis rancio dentro do máis tradicional. Nesta novela, os comentarios machistas e tamén, homófobos son verdadeiramente increibles nunha persona intelixente. Pode que sexan opinións dos personaxes e non do autor. Ogallá fose así, pero non o parece.

Disponible en internet aquí.

14/5/17

El científico que derrotó a Hitler y otros ensayos sobre Historia de la Ciencia

Alejandro Navarro Yáñez, o autor, naceu en Madrid en 1961, é bioquímico e doutor en organización de empresas e divulgador da ciencia.

Este libro presenta distintos artigos. Cada un deles é unha historia curiosa da ciencia. Están agrupados en capítulos con certa unidade. Por exemplo, o dedicado á serendipia: descubrimentos nos que o azar ou a fortuna tivo algunha influencia, como o descubrimento do fósforo na orina, ou a identificación da primeira vitamina. Un capítulo presenta tres historia da influencia directa da ciencia ou dos científicos na evolución ou resolución dos conflictos bélicos: un sobre Arquímedes e a invasión romana de Siracusa, e dous situados na II Guerra Mundial, a historia de Alan Touring e a máquina Enigma e o desenvolvemento da bomba atómica polo que competían os equipos de Alemania, dirixido por Heisenberg e os EEUU, dirixido por Robert Oppenheimer.

Noutro capítulo relátanse graves erros da ciencia. Noutro máis, fraudes que conseguiron sosterse unha longa temporada. Tamén temos un moi interesante adicado aos pseudocientíficos que tentaron xustificar o racismo ou o creacionismo. Está o papel non recoñecido de moitas mulleres e as fronteiras da ciencia actual.

Está escrito nun estilo ameno e sinxelo. Non perde rigor pero está ao alcance de todos os públicos. Non é necesaria unha formación científica previa para disfrutar con estas historias.

26/4/17

La sombra de Ender

Novela do escritor estadounidense Orson Scott Card (Washington, 1951) que continúa a Saga de Ender inaugurando unha saga paralela, a Saga da sombra. Foi publicada en 1999

A historia coincide cos feitos narrados en El juego de Ender, pero esta vez desde o punto de vista de outro neno distinto: Bean, un rapaz aínda máis pequeno e máis intelixente que Ender. Bean foi considerado polo dirixentes da F.I. (Forza Internacional) como posible alternativa (plan B) no caso de que Ender fallara. Bean procedía dun ambiente degradado das rúas de Rotterdam, ten unha intelixencia excepcional, pero unhas dotes de liderazgo inferiores as de Ender e unha visión da vida máis excéptica.

Os avances científicos son os mesmos das novelas anteriores pero explicados, se cadra, con máis profundidade. O ansible, o creador de gravidade, o pequeno doutor...

Para a reflexión: se en Ender víamos como o prezo do liderazgo era a perda da infancia e a liberdade, en Bean esto é aínda máis acusado.

18/4/17

Alrededor de la luna

Novela de Jules Verne, escritor frances (1828-1905), considerado como un dos pais da ciencia ficción e afamado autor de literatura xuvenil e de aventuras. Publicada en 1870, é a continuación de Da terra á lúa.

Nesta novela, os protagonistas, os norteamericáns Barbicane e Nicholl e o francés Ardan viaxan á lúa nunha bala de canón oca. O autor descrebe todos os coñecementos que se tiñan nesa altura sobre a orografía e propiedades do satélite e elucubra sobre o que non se coñecía: a posibildade de ter unha atmosfera no fondo dos cráteres ou canóns, a propia naturaleza dos crateres, a posibilidade de existencia de auga e de vida actual ou pasada e a paisaxe da cara oculta.

Cómpre prestar atención á explicación dun dos paradigmas da ciencia do século XIX, desterrado pola ciencia do século XX: o éter que existiría en todo o universo e polo que se propagaría a luz.

Durante a viaxe, os astronautas vense obrigados a abrir unha das ventanas da nave, con escasos problemas de aire ou temperatura...
Disponible na biblioteca do IES de Teis e en internet aquí e aquí.

24/3/17

Los viajes de Tuf

Esta novela está composta por sete capítulos que, en realidade, son sete relatos curtos que se poden ler independentemente, aínda que presentan continuidade argumental. De feito, algúns deles, foron publicados inicialmente como relatos separados nunha revista americana de ciencia ficción. Posteriormente (en 1986) o autor completou os relatos para darlle unicidade aos mesmos e os publicou como novela con este título.

O autor e George R. R. Martin (New Jersey, EEUU, 1948), de gran fama internacional pola súa serie de novelas chamada A song of ice and fire (Canción de xeo e fogo) que é a base da moi exitosa serie de TV Game of thrones (Xogo de tronos).

Haviland Tuf, o protagonista (dous metros e medio de altura, groso, calvo, vexetariano, aficionado á cerveixa, amante dos gatos, poseedor dunha gran capacidade lóxica pero carente totalmente de sentido do humor), é un mercader que despois de certas peripecias narradas no primeiro capítulo, faise coa Arca, unha extraordinaria nave espacial de 30 (¡trinta!) km de lonxitude e capaz de variar o equilibrio ecolóxico de calquera planeta. Tuf convértese así nun enxeñeiro ecolóxico e recorre distintos sistemas planetarios para prestar a súa axuda e solucionar problemas máis ou menos relacionados coa ecoloxía. Segundo vai adquirindo máis experiencia, adquire tamén máis poder de transformación do sistema de cada planeta. Esta é a pregunta da novela: Pódese exercer o poder para beneficiar a poboación contra a opinión da propia poboación?

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...