16/12/15

Aelita

Novela do escritor ruso Alexéi Nikolaievich Tolstói (1883-1945), publicada en 1923. Alexéi Tolstói é sobriño do grande novelista ruso Lev (ou León) Tolstói, autor, entre outras, das novelas Guerra e Paz e Ana Karénina. Os Tolstói eran unha familia rica e pertencente a nobleza rusa, sin embargo, o xove Alexéi era, máis ben, de ideoloxía socialista ou, a lo menos, de esquerda. Aínda así, foi crítico coa revolución comunista soviética de 1917 e, en 1918 exiliouse en París. En 1923 volveu a Rusia e aceptou o réxime soviético. Esta novela corresponde, por tanto, ao momento ideolóxico de aproximación á ortodoxia comunista.
A novela narra o viaxe a Marte de dous rusos de Petersburgo. Alí atoparanse cunha civilización decadente de marcianos. Un dos dous encabezará unha revolución, mentres que o outro, máis escéptico, namórase da filla do dictador marciano. Aelita. Nen a revolución nen os amores parecen ter moito futuro.
Este autor é considerado o cumio da ciencia ficción soviética.

É interesante como resolve o autor o non pequeno problema da viaxe. O enxeñeiro Loss (un dos dous que viaxa) descubriu un mineral capaz de aportar unha enerxía ilimitada. Por outra banda, a teoría da relatividad xeral de Einstein, recentemente proposta, foi utilizada polo autor para facer que, mentres que para a terra pasan anos, a bordo da nave interplanetaria so pasan unhas horas.
A novela foi levada oa cine en 1924. Trátase dunha película muda. O cartel da película é moi indicativa do estilo e sabor da mesma:

17/11/15

El marciano

Esta novela é un recente éxito editorial e, a película baseada nela, tamén, un éxito de público. Foi publicada polo seu autor Andy Weir (California, EEUU, 1972) inicialmente no seu blogue personal en 2011, despois en Amazon e, en 2014, publicada en papel nos EEUU e, tamén, en España.

A trama conta o esforzo por sobrevivir dun astronauta abandonado por accidente en Marte polos seus compañeiros. Para conseguilo debe poñer en práctica todos os seus coñecementos e habilidades nos campos científicos da botánica (no que é especialista), da física e da química, ademais das virtudes propias do enxeñeiro (que tamén é). Enfrontado a unha situación límite, nun entorno caseque imposible para a vida, a única axuda posible ven da ciencia. Todo esto con grandes doses de humor (as veces, humor negro) e espiritu positivo.

Trátase dunha obra do subxénero da ciencia ficción dura. Os aspectos científicos están tratados con moita corrección. O autor ten moito interés en respectar, ata donde é posible, a verosimilitude do que conta, aínda que as veces todo parece moi extremo. E, ademais, a ciencia non está de adorno, senón que é moi relevante para o desenvolvemento dos feitos relatados. Por outra banda, a acción está moi ben levada, a narración ten un excelente ritmo e déixase ler con gusto e facilidade. O autor capta a atención e o leitor vese atrapado pola intriga do que vai pasar. Neste aspecto recorda a Jules Verne, Isaac Asimov e Arthur C. Clarke e, por tanto ten todas as papeletas para converterse nun clásico.

Foi levada ao cine en 2015 por Ridley Scott, o director de, entre outras, dúas películas de referencia do xénero: Alien, o oitavo pasaxeiro (1979) e Blade Runner (1982).

Aquí tes o trailer oficial:




Dispoñible na biblioteca do IES de Teis

9/11/15

Neuromante

Novela de ciencia ficción escrita por William Gibson e publicada en 1984. Gañou os premios Nébula, Hugo Philip K. Dick.
O termo neuromante significa algo semellante a mago mental  (unión de neuro e mancia).
Pertence ao subxénero denominado ciberpunk, sendo unha das novelas máis coñecidas e importantes e das primeiras do mesmo. Neste subxénero a ciencia presente é sobre todo a cibernética e a informática. Adoita presentar un futuro no que estas disciplinas están moi avanzadas. Non obstante, nesta novela tamén temos viaxes ao espacio e unha gran inxeniería biomecánica, así como un gran desenvolvemento da farmacoloxía. Ademáis, normalmente é un futuro distópico con baixo nivel de vida en xeral e o poder en mans dunhas poucas corporacións e/ou estados e megalópolis invivibles. Este é tamén o caso nesta obra. O último rasgo común do subxénero e a presencia dun antiheroe.

O trama da novela presenta unha situación na que a información é moi valorada. O mundo está dominado por Intelixencias Artificiais (IA), microprocesadores e as empresas que os construiron. O protagonista é un antiguo hacker (pirata informático) que traiciona aos seus xefes, é descuberto e obrigado a participar nunha serie de negocios turbios.

Como queda dito, a novela é de 1984 e, nela, utilízanse os termos ciberespacio e matriz, co significado que despois se popularizaría. En particular, no caso de ciberespacio, Gibson foi un dos primeiros (senón o primeiro) en usalo. De feito, xa o usara nunha obra anterior de 1981. Cómpre lembrar que a world wide web, (a popular www), desenvolveuse entre 1989 e 1990, e, con ela, comezou o acceso xeneralizado a internet. Así que falar de ciberespacio en 1981, supón un gran acerto de anticipación.

5/8/15

Mercaderes del espacio



Novela publicada en 1953 e escrita en colaboración polos autores Frederik Pohl, (EEUU, 1919-2013) e Cyril M. Kornbluth, (EEUU, 1923-1958). Adóitase clasificar no subxénero de ciencia ficción distópica (como 1984, Fahrenheit 451, etc.).

Nun futuro indeterminado, a terra está gobernada polas compañías transnacionais e, dentro destas, o auténtico goberno está en mans das empresas de publicidade. Aínda que existen gobernos políticos, estes son apenas figuras decorativas. O único importante é comprar e vender, para isto, a poboación está reducida á condición de consumidores. Existen avances científicos (viaxes en cohetes terrestres e espaciais), pero unha gran escasez de alimentos e produtos básicos. So os executivos e empresarios teñen acceso ao grande luxo. O resto da poboación (os consumidores) viven con graves carencias.

O protagonista é un alto executivo dunha empresa publicitaria que ten o encargo de explotar comercialmente as futuras viaxes a Venus. As viaxes e aos viaxeiros. Por intrigas dos competidores, vese reducido a condición de consumidor (a capa baixa da poboación, que supón máis do 90 % da mesma). Os seus intentos de recuperar a súa situación orixinal e desmontar a trama que o atacou forman o cerne da novela. Entrará en contacto cos consistas, anticonsumistas opositores e resistentes ao sistema.

Chama a atención que nunha data xa tan distante como 1954, os autores imaxinaran un mundo dominado polo consumismo, a publicidade e os interese das grandes corporacións comerciais, xenerando un sistema de ultracapitalismo no que a única ética é a do beneficio económico. O paraíso dos neocons e ultaliberais.

18/7/15

Los productos naturales, ¡vaya timo!

Obra publicada en 2011 pola editorial Laetoli, en colaboración coa Sociedade para o Avance do Pensamento Crítico (SAPC) e escrita por J. M. Mulet. O autor é doutor en Bioquímica e Bioloxía Molecular e profesor de Biotecnoloxía na Universidade Politécnica de Valencia. Mantén este interesante blog.

Mulet denuncia o uso e abuso dos calificativos natural, ecolóxico, biolóxico, orgánico, de moda en produtos alimentarios, relacionados coa saúde (falsos fármacos e medicinas alternativas), coa estética, productos de limpeza para o fogar e coas fontes de enerxía.

Como é habitual nesta colección, o autor ten a súa opinión, pero, coma sempre, a fundamenta en estudos constrastados e, sobre todo, fai referencia ás fontes orixinais, de xeito que, calquera con tempo, pode valoralas por si mesmo.

Hai unha cousa que é certa, todo produto ou tratamento natural ou ecolóxico é moito máis caro que o correspondente non natural ou tradicional.

Tamén fai unha defensa dos produtos transgénicos en tanto que están moito máis controlados que os convencionais. Igualmente, expresa a súa opinión escéptica coas enerxías renovables por non seren tan respetuosas co medio ambiente como se adoita pensar.

Adica un capítulo ás medicinas alternativas moi instructivo. (Xa temos neste blog un libro dedicado á homeopatía). E, con humor, da consellos para enriquecérense poñendo unha consulta alternativa ou natural.

Como todos os libro desta colección, alerta contra a credulidade e invita a exercer o pensamento crítico e a tratar de diferenciar a ciencia da charlatanería.

22/6/15

El fin de la infancia

Novela de Arthur C.Clarke publicada en 1953 e modificada en 1990 para rectificar certos anacronismos.

Unha raza alieníxena superior técnica e intelectualmente, chamada polos humanos os superseñores, invade a terra. Grandes naves sitúanse sobre as principais cidades da terra. (Esto fai recordar algunhas películas modernas, non si?). A invasión é pacífica. Os superseñores non desexan derrotar nen exterminar a civilización nen a raza humana. O que pretenden é tutelar aos seres humanos para acadar o seu próximo nivel evolutivo. Inicialmente, os superseñores so se relacionan cun representante da humanidade e non se deixan ver. Esto seguirá asi ata que os humanos estean preparados. A partir de este momento, as cousas precipítanse.

Como noutras novelas de Clarke, pódese apreciar na novela o tema do enfrontamento entre as creenzas e supersticións (mesmo a relixión, en certo sentido) e a ciencia ou a racionalidade. Todo esto ao peculiar estilo deste autor con moito ser superior e moita capacidade psi.

15/4/15

Miles de millones

Obra de divulgación científica e de reflexión ética sobre a ciencia, é o derradeiro libro publicado por Carl Sagan (EEUU, 1934-1996). De feito, publicouse ao ano seguinte da súa morte.

Para empezar, temos un problema co título. O orixinal inglés é Billions and billions, expresión atribuida ao propio Sagan no seu famoso programa Cosmos, de divulgación científica e que el nega ter dito. Precisamente a esto adica o primeiro capítulo ou ensaio do libro. A expresión billions an billions, non se pode traducir por billóns e billóns, xa que o billion americano e inglés non corresponde ao noso billón. Para os anglosaxóns, billion é mil millóns (o xiga do sistema métrico decimal, nove ceros) e para nós, billón é un millón de millóns (tera, no SMD, 12 ceros).
Ao traducir por Miles de millóns, a expresión perde toda a súa forza expresiva. Se cadra, cumpriría revisar esto, poñerse de acordo nun único billion ou billón e, quen sabe, se desta volta tócanos ceder a nos.

A obra estrutúrase en tres partes. A primeira desenvolve asuntos relacionados cos grandes números e a nosa percepción do universo e da vida. A segunda adícase aos problemas medioambientais da terra, especialmente o efecto invernadorio e o buraco de ozono. A terceira explora as contradicción entre fe e razón ou, como el dí, entre corazón e mente.

Ademáis de, coma sempre, poner en evidencia o extraordinario talento para a divulgación do que gozaba, Sagan, amosa unha posición ética diante da ciencia e da sociedade insobornable. Cada un dos capítulos, especialmente os das partes segunda e terceira é unha invitación á reflexión para formarmos cadanseu criterio. Neste aspecto, a obra é o testamento ético e moral do autor.

No último capítulo, Sagan fala da súa enfermidade e como a enfrontou, gañando moitas batallas. A súa viuva, conta no epílogo o desenlace desta loita: a morte prematura dun dos mellores divulgadores do século XX.

6/2/15

El planeta de los simios

Novela de Pierre Boulle (Aviñón,1912- París, 1994) publicada por primeira vez en 1963. Nela baséanse as dúas famosas películas do mesmo título. A primeira de 1968, con Charlton Heston como protagonista e máis fiel á novela. A segunda de 2001 con Mark Wahlberg e Helena Bonham Carter que é unha adaptación máis afastada da novela orixinal. Ámbalas dúas películas teñen varias secuelas.

Na novela, uns astronautas chegan a un planeta correspondente a estrela Betelgeuse, da constelación de Orión. Neste planeta atopan unha civilización dominada por simios (chimpancés, gorilas e orangutáns) que son as especies racionais, mentres que os humanos son animais irracionais sen a capacidade de falar e, según parece, sen capacidade de pensar. Os simios cazan humanos para os seus experimentos biolóxicos e, tamén, polo pracer da caza. Os astronautas son cazados desta maneira.

Como se ve, a obra pode considerarse distópica. Hai indicios nela de que as cousas non foron sempre así e a situación evolucionou ata a situación actual desde unha completamente distinta.
Provoca unha reflexión sobre como tratamos aos distintos e o trato que podemos esperar deles. A fraxilidade de certas situacións e, mesmo, priviexios que damos por obvios e que non o son tanto. A racionalidade, a humanidade,a superioridade,...

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis.

24/1/15

El universo

Unha das obras cumes da divulgación científica. Trátase da historia da concepción do universo desde a antigüidade ata 1970. A data de publicación foi, precisamente, 1971. Segundo o propio autor (Isaac Asimov, Rusia 1920-EEUU 1992), comezamos con a visión dun universo limitado a uns poucos centos de quilómetros de terra plana cunha pequena bóveda de ceo enriba, e rematamos (en 1970) cun universo con centos de miles de millóns de galaxias en 26 mil millóns de anos-luz de diámetro e cunha idade de uns 15 mil millóns de anos.

É un apaixoante percorrido pola histora das ideas do ser humano acerca do universo. Como os sucesivos avances puñan a proba as concepción anteriores. Evolucionamos desde un universo centrado no home e de pouca extensión ata un niverso xigantesco no que o ser humano ocupa un planeta mediocre nuha estrela mediocre situada na periferia dunha galaxia que contén miles de millóns de estrelas e, que a súa vez, non é máis que unha galaxia calquera entre centos de miles de millóns. Ademaís, hai estrelas de multiples tipos e comportamentos variados.

Todo relatado co habitual estilo de Asimov: sen perder rigor consegue que a historia da ciencia sexa unha aventura vital. Esta e a obra que calquera persoa debe ler para iniciarse na comprensión do funcionamento do universo, como se formou e por que é como é.

O autor explica como nos últimos tempos, cada xeneración de astrofísicos e astrónomos descubrían más sobre o universo que todo o que se sabía ata entón. Naturalmente eso segue a pasar desdee 1970 ata hoxe. Así que boa parte dos coñecementos actuais eran descoñecidos por Asimov (e por todos en 1970). Así, descubrimentos fundamentais non están:
A radiación de fondo de microondas, descuberta en 1965, trátase de forma moi leve na última páxina sen darlle a relevancia que despois se lle deu. Non se compresndía ben o que eran os cuásares.
Aínda non estaban presentes na teoría estándar os buracos negros, aceptados a partir da década dos 90. Non existía o telescopio Hubble que explorou o universo profundo, nen o satélite COBE que descubriu as fluctuacións na radiación de fondo. Non había noticia do bosón de Higgs e a teoría do Big Bang estaba en precario. Pero esto non fai máis que reforzar o interese por continuar aprendendo.

Disponible na biblioteca do IES de Teis

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...