22/7/12

Fundación e Imperio

Segunda entrega, publicada en 1952, do Ciclo de Trántor ou Triloxía das Fundacións (Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación) de Asimov. Esta triloxía foi galardonada co Premio Hugo a mellor serie de ciencia ficción de todos os tempos en 1966. 
A novela ten dúas partes publicadas independentemente en 1945 na revista de ciencia ficción Astounding: O xeneral e O Mulo. Esta segunda parte recibiu en 1996 o premio Hugo correspondente a 1946 de xeito retrospectivo.

Na primeira parte (O xeneral), o Imperio tenta destruir á Fundación enviando ao seu mellor xeneral. As previsións da psicohistoria de Hari Seldom (véase Fundación)  sofren unha forte proba. A Fundación debe empregarse a fondo para sobrevivir.

Na segunda parte, a ameaza para a Fundación ven dun mutante (O Mulo) contra o que as matemáticas da psicohistoria fallan porque so podían prever comportamentos de grandes masas de individuos, non de individuos concretos cando estes son excepcionais. Ademais, a propia Fundación está a caer en vicios propios do Imperio: o despotismo, a falta de iniciativa, decaimento da investigación científica, ... Ideas frecuentes nas obras de Asimov.

Nesta novela, a ciencia parece que pasa a un segundo plano en beneficio da trama. Temos viaxes espaciais polo hiperespazo, desintegradores atómicos, campos protectores e pouco máis. O fundamental é a tensión xenerada entre os diferentes personaxes.

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...