22/10/12

Un químico ilustrado. Lavoisier

Antoine-Laurent de Lavoisier (París, 1743-1794) é, en opinión de moitos historiadores da ciencia, o fundador da química moderna. Esto quere dicir que foi o que definitivamente fai superar actitudes propias da alquimia. Adicou boa parte da súa vida a combatir a teoría do flogisto, extraño principio de peso probablemente negativo implicado no proceso de combustión. A explicación proposta por Lavoisier para a oxidación (combustión e respiración, entre outros) sentan as bases da explicación moderna das reaccións químicas.
Atribúese a Lavoisier a introducción da balanza e o estabelecemento da Lei da conservación da masa, tamén chamada Lei de Lavoisier (nos países da Europa do leste coñécese como Lei de Lomonósov). Propiamente non foi o primeiro e utilizar a balanza, pero sí en darlle ao seu uso un papel fundamental. o traballo de laboratorio de Lavoisier era moi minucioso. En canto a lei de conservación da masa a daba por suposta.

Os traballos de Lavoisier abordan varias áreas da química. Introduce unha nova nomenclatura para as sustancias. Establece o concepto de elemento químico. Demostra que a auga non é un elemento (como se pensaba desde a época dos gregos) senón un composto. Perfecciona os instrumentos para o estudo dos gases producidos nas reaccións, etc. Pero sobre todo, introduce unha actitude racional e un método definitivamente científico: someter as hipótesis a comprobación experimental mediante experimentos cuidadosamente deseñados.
Lavoisier foi un personaxe de relevancia social, económica e política, non exento de ambiciones. esto o levou a ser detido na revolución francesa e, no ano 1794, á guillotina.

Esta biografía esta escrita por Inés Pellón González, química, profesora na Universidade do País Vasco e historiadora da Química especializada nos séculos XVIII e XIX.

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis.

6/10/12

De la Tierra a la Luna / Da Terra á Lúa

Novela de Jules Verne (Francia, 1828-1905) publicada en 1865. Considerada, se cadra, como a novela máis claramente de ciencia ficción deste precursor do xénero.

Un grupo de artilleiros profesionais e aficionados tentan enviar un proxectil á lúa disparándoo cun gran cañón. Verne fai un extenso estudo dos problemas que supón tal empresa. Repasa a astronomía para ter en conta o movemento do satélite. A teoría e tecnoloxía dos telescopios para seguir a pista ao proxectil. Problemas de balística, tiro parabólico e navegación interplanetaria. Problemas de supervivencia de posibles astronautas... Todo segundo os coñecementos da época e as súas propias anticipacións.

É curioso como o emplazamento que Verne escolle para o lanzamento coincide casi completamente coa actual base de Cabo Cañaveral utilizada pola NASA para as súas misións.

Verne utiliza un estilo entre humorístico e irónico para describir aos personaxes e as situacións, satirizando os esterotipos nacionais dos Estados Unidos, Francia e outros países.

Disponible na biblioteca do IES de Teis tanto en galego como en castelán

Disponible en internet, aquí

Foi levada ao cine envarias ocasións. A máis coñecida é esta versión de 1958:
.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...