8/6/17

Forastero en tierra extraña

Novela de Robert Heinlein (EEUU, 1907-1988), considerado un dos mestres da ciencia ficción, a mellor parte da súa producción coresponde aos anos 50 e 60 do século XX. Esta novela foi publicada en 1961 e gañou do premio Hugo de 1962.

Nun futuro indeterminado, envíase unha primeira expedición a Marte coa que se perde contacto. Anos despois, unha segunda expedición rescata a un mozo fillo de dous dos primeiros expedicionarios e que foi educado polos marcianos. Este mozo, Valentine Michael Smith é devolto á Terra. En trono a este xoven desenvólvese unha trama con aspectos políticos, económicos, sociais e relixiosos.
Por unha banda, Michael Smith é herdeiro dunha grande fortuna por parte dos seus pais. Por outra banda, ten gran importancia política como primeiro habitante humano de Marte. Michael é axudado por un personaxe curioso: Jubal Harshaw, un vello hedonista, cínico, astuto e dotado dunha gran intelixencia e capacidade de análise, que vive rodeado de secretarias e outros axudantes.
Michael ten estrañas habilidades físicas e mentales. É incapaz de mentir. Non deixa de darle voltas ás cousas ata que as comprende perfectamente (as asimila). Queda intrigado polo fenómeno das crenzas relixiosas e funda a súa propia igrexa.

Entre os elementos futuristas, destaca e automóbil voador, con ou sen condutor e a ¡cama de auga!

Considerouse no seu tempo como unha novela de culto por parte dos, así chamados, hippies, debido a vida comunal e de liberdade sexual presente na igrexa de Michael. Esto a convertiu nunha novela polémica. Ademais, o primeiro editor norteamericán, esixiu que fose recortada pois a atopou excesivamente longa. As primeiras edicións en inglés e, tamén, en castelán, tiñan unha terceira parte menos de extensión que a actual.

A Heinlein  pásalle o mesmo que xa temos comentado no caso de Asimov, pero levado ao extremo: pode anticipar avances científicos pero non é capaz de darlle á muller un papel que non sexa o máis rancio dentro do máis tradicional. Nesta novela, os comentarios machistas e tamén, homófobos son verdadeiramente increibles nunha persona intelixente. Pode que sexan opinións dos personaxes e non do autor. Ogallá fose así, pero non o parece.

Disponible en internet aquí.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...