14/5/17

El científico que derrotó a Hitler y otros ensayos sobre Historia de la Ciencia

Alejandro Navarro Yáñez, o autor, naceu en Madrid en 1961, é bioquímico e doutor en organización de empresas e divulgador da ciencia.

Este libro presenta distintos artigos. Cada un deles é unha historia curiosa da ciencia. Están agrupados en capítulos con certa unidade. Por exemplo, o dedicado á serendipia: descubrimentos nos que o azar ou a fortuna tivo algunha influencia, como o descubrimento do fósforo na orina, ou a identificación da primeira vitamina. Un capítulo presenta tres historia da influencia directa da ciencia ou dos científicos na evolución ou resolución dos conflictos bélicos: un sobre Arquímedes e a invasión romana de Siracusa, e dous situados na II Guerra Mundial, a historia de Alan Touring e a máquina Enigma e o desenvolvemento da bomba atómica polo que competían os equipos de Alemania, dirixido por Heisenberg e os EEUU, dirixido por Robert Oppenheimer.

Noutro capítulo relátanse graves erros da ciencia. Noutro máis, fraudes que conseguiron sosterse unha longa temporada. Tamén temos un moi interesante adicado aos pseudocientíficos que tentaron xustificar o racismo ou o creacionismo. Está o papel non recoñecido de moitas mulleres e as fronteiras da ciencia actual.

Está escrito nun estilo ameno e sinxelo. Non perde rigor pero está ao alcance de todos os públicos. Non é necesaria unha formación científica previa para disfrutar con estas historias.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...