25/11/17

El quark y el jaguar

O autor desta obra de divulgación científica, Murray Gell-Mann, é un científico estadounidense, nacido en Nova Iorque en 1929.
Graduose en Física na prestixiosa Universidade de Yale en 1948. Formando parte do equipo de estudantes desta univeridade conseguiu o segundo posto na Putnan Competition, unha especie de Olimpiada Matemática para universitarios, por detrás do equipo da tamén moi prestixiosa Universidade de Harvard. Obtivo un Doctorado en Física en 1951 polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), tamén considerada entre as mellores universidades do mundo. En 1955 comezou a traballar como profesor de Física, e desde 1967, como catedrático, no Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech), tamén entre as mellores.

Ao longo dos anos 40 e 50, descubríronse unha grande cantidade de partículas subatómicas que dificultaban a comprensión dos fundamentos da constitución da materia. En 1964, Gell-Mann e George Zweig, independentemente propuxeron a existencia de certas partículas elementais que formarían parte dos protóns e neutróns en grupos de tres e, tamén, constituirían a maior parte das outras partículas, excluídas os leptons (electróns, neutrinos, muóns...). Gell-Mann propuxo o nome de quarks para estas partículas. Primeiramente inventouse esa palabra sen ter unha ortografía definida. Máis adiante atopou estes versos de James Joyce:

"Three quarks for Muster Mark!
Sure he has not got much of a bark
And sure any he has it's all beside the mark."

Traducidos libremente como:

"¡Tres quarks para Muster Mark!
Claro que non ten moito de ladrido
E seguro que cualquera que el teña está ao lado da marca."

Nestes versos, quark parece ser o sonido que fai unha gaivota.

En 1967 foi identificado o primeiro quark no Acelerador de partículas de Stanford (California) e Gell-Mann recibiu o Premio Nobel de Física en 1969.
Nesta obra, o autor reflexiona sobre as conexións entre as leis fundamentais da física e a diversidade do universo e do mundo natural, pasando, simbólicamente, da sinxeleza dunha particula elemental á complexidade dun ser vivo como un xaguar.
A obra ten catro partes: O simple e o complexo, O universo cuántico, Selección e adaptación e Diversidade e complexidade.

Libro de divulgación feito por un dos físicos máis brillantes e exitosos do século XX, precisa de certo nivel de atención e interese para disfrutar da súa lectura.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...