9/10/17

El apagón / Cese de alerta

Aínda que foi publicada en dúas entregas, El apagón e Cese de alerta, son en realidade unha soa novela que se debe ler seguida. En total son 1200 páxinas, por eso foi publicada en dous tomos.
A autora é Connie Willis, (Denver, EEUU, 1945), da que temos outras obras neste blogue. As dúas partes, consideradas como unha única novela gañaron os premios Nebula, Hugo e Locus. Foron publicadas en 2010.

Igual que en El día del juicio final e en Por no mencionar al perro, A trama desta novela desenvólvese en torno as viaxes no tempo que fan os historiadores da Universidade de Oxford, comandados polo señor Dunworthy. Nesta ocasión, tres historiadores viaxan desde o seu presente (ano 2060), a distintos momentos e lugares da II Guerra Mundial entre 1940 e 1945. En seguida xurden os problemas e os historiadores quedan abandonados á súa sorte, imposibilitados de regresaren á súa época. Cada vez que teñen unha ocasión para seren recatados, o destino parece confabularse para evitalo. Mentres, eses
historiadores asisten a momentos e feitos de gran relevancia no desenvolvemento da Guerra Mundial.

Á gran preocupación e desconcerto que sofren os historiadores polo feito de non poder volver a súa época, engádese o risco de que a súa presenza cambie o pasado, poñendo en perigo a victoria final dos aliados (británicos, estadounidenses, franceses,...) na guerra.

Inicialmente, a novela presenta historias que parecen estar desconectadas. So pouco a pouco esas historias acabarán converxendo e dando sentido global a toda a historia. Cada peza encaixa no seu sitio segundo nos aproximamos ao final. Mentres, tanto os protagonistas como o lector, chegan a desperarse ante tantos infortunios.

Verdadeiramente é unha novela que ten moi pouca ciencia, ficticia ou non, aparte das viaxes no tempo; é mais ben unha novela de aventuras e intriga que, como tal, funciona moi ben. Preguntámonos continuamente a influencia que o máis tivial dos nosos actos pode ter no devenir dos nosos contemporáneos. Unha acción, en principio boa, pode ter consecuencias desfavorables para os demais. Pola contra, unha acción, en principio, incorrecta ou reprochable, pode ter, mais adiante, efectos beneficiosos.

Por outro lado, no que se refire propiamente á II Guerra Mundial, ponse de manifiesto a cantidade de pequenas aportaciones e feitos de seu irrelevantes que tiveron incidencia na resolución final do conflicto; e como moitos deles foron particularmente afortunados. As veces parece que derrotar a Hitler foi cousa de pura sorte.

Disponibles na biblioteca do IES de Teis.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...