10/7/18

Seis piezas fáciles

Richard Feynman (EEUU, 1918-1988), premio Nobel de Física en 1965, traballou no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech), de 1952 a 1987, como profesor e investigador. Pero so durante dous cursos académicos foi docente de estudantes de primeiro e segundo de licenciatura: en 1961-62 e en 1962-63. As leccións que impartiu neses anos foron publicadas en forma de manual de física. Este libro reúne as seis máis sinxelas e aptas para todo tipo de lectores, formados ou non, que teñan curiosidade.

Feynman está considerado un dos mellores físicos do século XX e seguro que é un dos máis coñecidos popularmente. Axudou a desenvolver a física cuántica. Creou unhas sinxelas representacións do que sucede nas colisións entre partículas, chamadas Diagramas de Feynman, que permiten interpretar e facer prediccións de xeito moi intuitivo e sen aparato matemático.
Aquí podes ver un:

Colisión positrón-neutrino electrónico para xerar antimuón-neutrino muónico










Tamén formou parte do proxecto Manhatan, dos EEUU, que desenvolveu a bomba atómica durante a Segunda Guerra Mundial.

Neste libro, subtitulado A física explicada por un xenio,  introduce as ideas clave e máis básicas da física: a constitución da materia en átomos e estes en núcleos e electróns, a relación da física con outras ciencias, a lei da conservación da enerxía, a gravitación e os rudimentos da mecánica cuántica.

Di Feynman: «A física é a máis fundamental e básica das ciencias, e tivo un efecto profundo sobre todo o desenvolvemento científico. De feito, a física é o equivalente actual ao que se adoitaba chamar filosofía natural, da que xurdiron a maioría das nosas ciencias modernas». Amén.



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...